CELEBRAMOS O ENTROIDO

Este ano, aínda que non puideron estar connosco as familias, si que puidemos celebrar o festival de entroido.

Aquí podedes ver algunhas das fotos que temos, e conforme vaiamos tendo máis irémolas subindo. Despois tedes os dous vídeos resumo do que foi o festival. 

Gracias pola participación e Feliz Entroido!

 

Admisión de alumnado 2022-23

Do 1 ao 21 de marzo estará aberto o prazo de solicitude de praza para o vindeiro curso escolar 22-23. A solicitude, xunto co resto da documentación necesaria en cada caso, pode presentarse telemáticamente na sede electrónica, ou presencialmente na secretaría do colexio en días lectivos e no horario indicado. A continuación deixamos todo o necesario para realizar este trámite.

23 DE FEBREIRO: RECORDAMOS A ROSALÍA

Imagen1

Sumámonos a Proposta da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega para a celebración do Día de Rosalía de Castro.

Baixo o lema #SementadePensamentos, todo o alumnado animouse a agasallar a Rosalía con pétalos de pensamentos con versos dos seus poemas.

E así nos quedou, que grandes artistas!!!

Ademais, para conmemorar este día, o alumnado de Educación Infantil sementou pensamentos, a flor favorita de Rosalía.

IMG-3484

FELIZ DÍA!!!

Coñece o noso colexio. Portas abertas virtuais

A situación de restriccións e medidas nos centros educativos orixinadas pola pandemia do COVID-19, levaron a dirección do centro a tomar a decisión de non realizar unha xornada de portas abertas presencial. No seu lugar, poñemos a vosa disposición dúas presentacións de imaxes das instalacións do colexio, unha delas con fotos en 360º. Tamén un lip dub feito hai uns anos, pero que fai un divertido recorrido polo colexio. Por último contades cun tríptico e undocumento de preguntas frecuentes que aportan moita información sobre o funcionamento, dependencias e persoal. De todos os xeitos, quedamos a vosa disposición para calquera dúbida no enderezo ceip.fernandez.latorre@edu.xunta.gal (próximamente publicaremos todo o necesario para a solicitude formal de praza no vindeiro curso)

MANDADIÑOS DO MECO!!!

Comeza a semana de Entroido co Meco e os seus mandadiños.

Este luns 21 todo vale con tal de tapar a testa!!!

IMG-1954Moi atent@s aos seguintes mandadiños.

Grazas pola vosa colaboración familias!!!

Papeleiras deseños JFL, chegan aos parques da cidade

Seguro que lembrades o curso pasado a noticia de que o alumnado de 3ºEP levou a cabo unha interesante iniciativa para decorar as papeleiras da cidade. Aquela iniciativa foi premiada polo Concello como lembraredes, e a propia alcaldesa visitou o colexio para felicitar aos nenos e nenas, e prometeu coller os deseños para decorar as papeleiras da cidade. Pois finalmente, uns meses despois, o Concello instalou esta semana no colexio as primeiras papeleras decoradas. A continuación e nas vindeiras semanas, e como recolle a noticia do diario dixital Quincemil, instalaranse nos diferentes parques infantiles da cidade para promover o seu uso entre a cidadanía contribuindo a unha cidade máis limpa. Parabéns, de novo, para o alumnado agora en cuarto, e para as súas titoras tamén.

Audio da entrevista ao alumnado en Radio Voz (a partir de 16' 40")

1º E 2º DE PRIMARIA VAI A UN CONCERTO!

Este venres, 28 de febreiro, o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria teremos a oportunidade de asistir a un concerto ao Palacio da Ópera, titulado "Vaia circo!", do grupo de percusión Odaiko.

Estamos impacientes!  

GRÚAS POLA PAZ

Achégase o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia e como todos os anos, queremos celebralo como se merece.

Dende 6º de Primaria xurde unha proposta que queremos compartir con todos e todas vós: elaborar GRÚAS DE PAPEL como expresión desa Paz que desexamos.

As grúas de papel como símbolo da loita pola paz remóntanse á historia dunha pequena vítima da bomba de Hirosima na Segunda Guerra Mundial.

Unha antiga lenda xaponesa di que se chegamos a construir 1000 grúas de papel, o noso maior desexo farase realidade. Queremos a PAZ!

Animámosvos a que nas vosas casas fagades estas aves en familia e nolas fagades chegar durante esta semana ou o vindeiro luns pola mañá, para colocalas pola tarde. Chegaremos a ter esas 1000 grúas?

Deixamos aquí a ligazón do VÍDEO titorial de como construílas.

Para saber máis podedes investigar na presentación seguinte:

Powered by Drupal - Design by artinet