SAMAÍN 2023

Un ano máis preparámonos no cole para festexar como se merece o Samaín. Aquí tedes o díptico no que atoparedes información moi interesante sobre como facelo.


 
E aquí está o cartel do desfile que faremos o día 31 pola tarde-noite. Agardamos a vosa participación.
(Preme na foto do cartel se queres velo máis grande.)

SAMAÍN 23-24

XA ESTÁ AQUÍ O NOSO SAMAÍN...PARA 5º DE PRIMARIA O DÍA 27 DE OUTUBRO

                                                           PARA 6º DE PRIMARIA O DÍA 31 DE OUTUBRO

UNHA NOITE ESPECIAL...ÚNICA...E CHEA DE SORPRESAS...TERRORÍFICAS...

          

ENTREGA DE PREMIOS DA REAL ACADEMIA GALEGA

O pasado 17 de outubro acudimos á Fundación Luis Seoane ao acto de entrega de premios do concurso "Contádenos o voso Día das Letras Galegas", convocado pola Real Academia Galega, ao abeiro da Primavera das Letras.

O acto estivo presidido por Víctor Freixanes, director da RAG coa axuda de Fina Casalderrey, membro desa academia.

Dende aquí dámoslles as grazas pola súa acollida e polo cariño demostrado.

Deixamos aquí unha ligazón para acceder a esa información:

ENTREGA DE PREMIOS NA FUNDACIÓN LUIS SEOANE

A NOVA NO XORNAL "LA VOZ DE GALICIA"

 

RESOLUCIÓN DEFINITIVA BOLSAS COMEDOR

Deixamos aquí a ligazón á información remitida dende o Servizo de Comedores sobre a resolución definitiva das Bolsas de Comedor.

RESOLUCIÓN DEFINITIVA BOLSAS COMEDOR

Información sobre Abalar Móbil

Abalar Móbil e a aplicación oficial da Consellería de Educación para comunicarte co colexio e co profesorado. Trátase dunha ferramenta básica que todas as nais e pais deberían ter instalada no seu teléfono intelixente para manter unha boa comunicación e información co centro educativo . Facendo clic na imaxe accedes a toda a información sobre esta aplicación. Nos códigos QR podes acceder directamente para instalar no teu dispositivo. 

Enlace para la descarga de abalarMóbil en dispositivos Huawei

Coñecendo o deporte da esgrima

Durante tres días deste mes de outubro o mestre de EF e profesor de esgrima Antonio, amosou ao alumnado de 3ºEP a 6ºEP, as principais características deste deporte. O certo que a maioría desfrutaron moito con esta actividade, e algúns e algunhas continuarán participando na actividade extraescolar do centro. Finalmente agradecemos a Antonio a súa boa predisposición para realizar esta actividade.

PREMIO DA REAL ACADEMIA GALEGA

Parabéns! Somos un dos tres colexios galegos premiados pola  Real Academia Galega como recoñecemento do traballo realizado para celebrar o Día das Letras Galegas.

                   

Deixamos aquí ligazóns da páxina da RAG e tamén dun xornal da nosa cidade que se fixo eco da nova.

Felicitamos os colexios de Cangas e de Lourenzá tamén premiados e damos as grazas a toda a Comunidade Educativa, especialmente ao Equipo de Dinamización da Lingua e á súa coordinadora naquel momento, Bea, polo traballo tan ben feito e de xeito colaborativo implicando a todo o alumnado e profesorado.

Parabéns para todos e todas nós!

PREMIOS NA RAG

NOVA NO XORNAL "EL IDEAL GALLEGO"

NOVA NO XORNAL DA CORUÑA

CIRCULAR OFERTA DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 23/24

 

CEIP J.F.L. HORARIO DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES APA CASTRILLÓN 23-24

EXTRAESCOLARES_23_24

 

 CIRCULAR

Extraescolares; inscripción en natación 23/24

Adxuntamos a información e o formulario para solicitar a actividade de natación escolar, dentro do programa de actividades extraescolares que oferta a ANPA a través do Concello de A Coruña. 

 

INFORMACIÓN                                       SOLICITUDE

Powered by Drupal - Design by artinet