2º Ciclo

Entrevistamos á escritora Violeta Monreal.

A nova canle de vídeo do JFL estréase co vídeo da entrevista que os " Alejandros" de cuarto de primaria fixéronlle  a esta coñecida escritora de literatura infantil aproveitando a súa charla co alumnado de terceiro e cuarto.

Visita á casa do Queixo

O mércores, 28 de abril, os nenos e nenas de 4º de primaria fomos de excursión á Casa do Queixo de Grixalba (en Sobrado dos Monxes). Cando cegamos, paramos diante dunhas ocas e uns parrulos pero pronto cegaron os monitores e nos levaron a unha corte. Todo o mundo queixábase de que ulía mal pero alí estivemos vendo cabalos, vacas, porcos, galiñas e ata unha avestruz.  Despois fixemos grupos e comezaron os talleres. Aprendemos a facer o queixo, e a traballar a lá. Despois de cantar estivemos xogando na herba e para rematar fixemos talleres de pintura coa man e aprender cousas dos animais.  Pasámolo moi ben.         Foi un día xenial!! 

casa do queixo

Ola,onte fumos a casa do queixo,pasámolo moi ben,aprendimos a facer queixo,cardar lá e cuidar animais domésticos.

4ºA e 4º B

Powered by Drupal - Design by artinet