Secretaria

Circular de final de curso

Para acceder ao documento pinchar AQUÍ

Solicitude de axuda á compra de libros de texto para o curso 2010/11

A Consellería de Educación convocou axudas para comprar libros de texto   para o vindeiro curso nos niveis de 1º, 2º 5º e 6º de educación primaria.

A solicitude, que pódese descargar aquí, ou solicitala no colexio, hai que entregala debidamente cuberta, na Secretaría do Colexio entre o 1 e o 30 de xuño, acompañada da fotocopia do libro de familia onde figuren tódolos membros da unidade familiar.

Os vales poderán retirarse na secretaría do Centro a partir do 1 de setembro.

Para máis información sobre a convocatoria visitar as seguintes ligazóns:

- http://www.edu.xunta.es/web/node/974 Información xeral

- http://www.edu.xunta.es/web/node/979 Descarga de documentos

Por último lembrar que o alumnado de 3º e 4º disporá dos libros gratuitos en sistema de préstamo, e que o programa de axudas non contempla ao alumnado de infantil.

Campamentos de verán da Xunta.

Xa podedes solicitar os campamentos de verán da Xunta de Galicia. As solicitudes pódense entregar ata o 23 de marzo. A campaña vai dirixida ao alumnado de máis de 9 anos.

Podedes consultar toda a información da convocatoria facendo clic na imaxe.

Solicitude de praza para o curso 2010-11

Finalizado o prazo para solicitar praza para o vindeiro curso o número de solicitudes presentadas foi o seguinte:

  • 4º Ed. Infantil: 53 solicitudes
  • 5º Ed. Infantil: 07 solicitudes
  • 6º Ed. Infantil: 04 solicitudes
  • 1º Ed. Primaria: 02 solicitudes
  • 2º Ed. Primaria: 03 solicitudes
  • 3º ED. Primaria: 01 solicitude
  • 4º Ed. Primaria: 01 solicitude
  •  Entreo 27 e o 30 de abril publicaremos as listas provisionais de admitidos.:

- Solicitude de admisión

- Información sobre o proceso

- Horario de Secretaría

- Mapa de zonas de influencia dos colexios

- Xornada de portas abertas

Charla divulgativa

O pasado luns 8 de febreiro contamos coa presencia no Colexio dunha unidade da Guardia Civil especializada no asesoramento e uso correcto das ferramentas tecnolóxicas.

Pola mañán foi o alumnado de 5º e 6º de primaria o que tivo unha sesión didáctica sobre o correcto uso das novas tecnoloxías e a navegación segura por internet.

Xa pola tarde esta sesión fixémola para as familias e profesorado.

Dende a Dirección do Centro damos as gracias á Guardia Civil pola súa colaboración.

Saídas do 2º trimestre

No enlace da dereita "Calendario de saídas " xa podedes consultar as actividades previstas a realizar fora do Centro en horario lectivo durante o segundo trimestre. A medida que nos concedan máis actividades solicitadas engadirémolas a esta táboa. Como sempre podedes consultalas tanto na páxina web, como no taboleiro do Colexio e no local do ANPA.

Comezo do curso 2009-2010

10/09/2009 00:33
10/09/2009 14:33
Etc/GMT+1

O xoves 10 de setembro ás 9 horas comezarán as clases do curso 2009-2010 no seu horario habitual de 9 a 14 horas. Así mesmo tamén comezará o servizo de comedor das 14 ás 16 horas.

O alumnado de 3 anos terá un horario diferenciado para cumplir co periodo de adaptación á escola.

As actividades extraescolares inícianse o 1 de outubro.

LIBROS DE TEXTO CURSO 2009-2010

Rematado o prazo de solicitude de bolsas para a adquisición de libros de texto o número de solicitudes rexistradas na secretaría do Colexio foi de un total106 de 200 posibles..

-Toda a información da convocatoria no seguinte enlace:

http://gratuidadesolidaria.xunta.es/

IMPORTANTE: A Dirección do Colexio pide encarecidamente ás familias solicitantes das bolsas, que cubran a solicitude a través da aplicación telemática dispoñible dentro da páxina anteriormente citada. Logo simplemente haberá que imprimila, asinala e entregala no Centro coa documentación indicada para cada caso.

Moitas Grazas.

Para coñecer o listado de libros do Centro para este curso click aquí 

 

Powered by Drupal - Design by artinet