Skip to Content

BÚSQUEDA OVOS DE PASCUA 2ºA E. PRIMARIA

 

ESTUDO PLANTAS/PLANTACIÓN DE HERBA. 2ºB

Álbum: 2023 2024 -> 2ºB estudo plantas/plantación 21 03 24

CHEGA A PRIMAVERA Á BIBLIOTECA

Coa chegada do bo tempo primaveral, da gusto empregar o pequeno xardín a carón da biblioteca.

MURAIS VEXETACIÓN- 2ºB E. PRIMARIA

Murais sobre a vexetación realizados polo alumnado de 2º B de E. Primaria onde traballaron aspectos como os tipos de planta, as súas partes, exemplos de herbas, arbustos e árbores...

Álbum: 2023 2024 -> TRABALLO FLORA 20B EP

PUNTO LARANXA

QUE É O PUNTO LARANXA?

É un espazo para que o alumnado poida comunicar situacións de acoso escolar de xeito anónimo, tanto en formato papel (caixa situada no hall de E. Primaria) como en formato dixital (páxina web do centro).

As comunicacións realizadas a través do formulario irán a un enderezo habilitado para a coordinación de convivencia do colexio.

POR QUE USALO?

  • Porque che permite expresar o que che está a acontecer sen medo a represalias.
  • Porque a túa denuncia será escoitada e tomaranse medidas para axudarche.
  • Porque non tes que sufrir en silencio.

 COMO FUNCIONA O PUNTO LARANXA?

Se estás a sufrir acoso ou ciberacoso escolar ou coñeces algún posible caso, axúdanos a paralo!

  1. Escribe de maneira anónima a túa mensaxe nun lugar onde te sintas seguro/a.
  2. Localiza o Punto Laranxa no teu centro (hall de E. Primaria.)
  3. Deposita na caixa do Punto Laranxa a túa mensaxe (esta caixa só pode ser aberta polo equipo docente encargado de loitar contra o acoso escolar no teu centro).

Lembra que tamén podes achegar a túa mensaxe a través do Punto Laranxa Virtual  que tes no lateral dereito da páxina web do colexio.

LEMBRA!

  • O Punto Laranxa é anónimo.
  • A túa denuncia será tratada con confidencialidade.
  • Hai persoas que te queren e te apoian.

CONMEMORACIÓN 8-M 08 03 24

 

 

Álbum: 2023 2024 -> 8-M

OBRADOIRO DE ENCADERNACIÓN 4º E. PRIMARIA CON ADEXFI 08 03 24

Recibimos a visita de membros de ADEXFI (asociación para a formación e emprego de persoas con discapacidade intelectual), que son veciños do barrio. Nesta xornada, ensináronnos a través dun obradoiro a realizar encadernacións. Ademais, trouxeron mostras dos traballos que realizan de xeito artesanal na asociación como libretas, carpetas, bolsas de tea, estampado de camisetas... Encantounos esta xorrnada de traballo e convivencia!

Álbum: 2023 2024 -> AFEXDI 08 03 24

Interpretación musical "LA REINA BERENGUELA" 5º A 07 03 24

Interpretación musical "LA REINA BERENGUELA" 5ºB 07 03 24

4º E. PRIMARIA VISITA OCEANÓGRAFO 28 02 24

Hoxe o alumnado de 4º de E. Primaria disfrutou dunha sesión formativa organizada pola ANPA Fontela, a cargo dun oceanógrafo que lles mostrou e axudou a comprender moitos aspectos da fauna mariña.

Álbum: 2023 2024 -> OCEANOGRAFÍA 4º E.P. 28 02 24
Distribuir contido


by Dr. Radut