Skip to Content

FELICITACIÓN NADAL ALUMNADO 3º E. PRIMARIA

O alumnado de 3º de E. Primaria deséxanvos unhas BOAS FESTAS!
 
 

POSTAIS GAÑADORAS CONCURSO DE POSTAIS CEIP DAS FONTIÑAS 2023

O OUTONO QUE VEN OS MEUS OLLOS 2023

Despedimos o outono como se merece, con esta composición realizada coas vosas fotografías.

Agardamos que sexan do voso agrado e agradecemos a vosa colaboración.

 E. INFANTIL

 
 
1º CICLO E. PRIMARIA
 
 
2º CICLO E. PRIMARIA
 
 
3º CICLO E. PRIMARIA

NADAL 2023

Para estas datas do NADAL, a biblioteca ofrece lecturas no noso carriño.

No mural da entrada podedes deixar o título das vosas lecturas favoritas e con esta árbore de Nadal, feita de tela por mans artesáns, (para contribuír ao noso proxecto documental deste curso “feito a man”), queremos desexarvos con moito agarimo unhas FELICES FESTAS  a toda a comunidade educativa.

GUÍA DE NADAL: RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA ESTE NADAL

 

 

3 DE DECEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DAS DIVERSAS CAPACIDADES

 

No noso expositor atopamos recursos apropiados para compartir con todos e todas lecturas e imaxes que falan das diversas capacidades.

25 DE NOVEMBRO: DÍA DA NON VIOLENCIA CONTRA NENAS E MULLERES

Na nosa biblioteca realizáronse varias representacións do conto: “¿Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa?, por parte da mestra Raquel, durante as datas en torno ao 25N.

 

Novembro: mes da ciencia en galego nas bibliotecas

Novembro dedícase á ciencia en galego nas bibliotecas de Galicia. Desde a nosa biblioteca escollemos recursos para que poidades interesarvos pola ciencia na nosa lingua.

Atoparedes información e recursos no blog de Bibliotecas Escolares de Galicia.

 

 

 

VISITA EXPOSICIÓN THIS IS POP 2ºA/2ºB 13 12 23 - PRAZA OBRADOIRO

Álbum: 2023 2024 -> THIS IS POP 2ºA 2ºB 13 12 23

CEIDA - Monumento natural Costa de Dexo 27 11 23

O pasado 27 de novembro, o alumnado de 5º de E. Primaria, disfrutou dunha xornada ao aire libre no Monumento natural da costa de Dexo. A saída estivo organizada pola ANPA Fontela.

O alumnado tivo a oportunidade de pasear pola preciosa paisaxe costeira guiados por persoal do CEIDA, e ver elementos destacados da mesma como as furnas e o seixo branco. Noraboa á ANPA pola iniciativa!

Álbum: 2023 2024 -> CEIDA COSTA DEXO 5º EP 27 11 23

VISITA METEOGALICIA 4º E. PRIMARIA 5 12 23

<div align="center"><video width="320" height="240" controls="true"> <source type="video/mp4" src="

Álbum: 2023 2024 -> METEOGALICIA 4º EP 5 12 23
Distribuir contido


by Dr. Radut