Skip to Content

Infantil

XMAS MOOD!

Que fermosa época do ano e que agasallos tan bonitos nos levamos para as nosas casas!

XMAS MOOD!

Que fermosa época do ano e que agasallos tan bonitos nos levamos para as nosas casas!

CIRCO DE NADAL

Onte o cole quedou baleiro gran parte da mañá pola saída ó Circo do Nadal. Grazas ó ANPA por financiar parte desta saída e facelo posible. Foi unha experiencia que non olvidaremos!

A BANDA SONORA NO SENSAT - NADAL VOL 3.

Contacontos

Os nenos e nenas de 1º de Educación Primaria baixaron a aula de tres anos a contarlles o conto 'El pez arcoíris'. Foi unha experiencia xenial e os nenos de infantil recibiron un agasallo moi especial do peixe arcoíris. Estamos desexando repetir esta experiencia tan bonita!

Ponte de decembro!

Querías familias:

Recordarvos que os días 6 e 8 de decembro son festivos nacionais e o día 7 celebramos o Día do Ensino, polo que o cole permanecerá pechado ata o próximo luns 11 de decembro. Desfrutade moito da ponte e cargade as pilas para o final do trimestre! 

A BANDA SONORA NO SENSAT - XMAS EDITION

Día Internacional das Persoas con Discapacidade - 3 de decembro

O 3 de decembro é o Día Internacional da Discapacidade polo que esta semana fixemos varias actividades para conmemoralo. Entre elas, propuxemos diferentes libros con esta temática para a hora de ler, visionamos cortos sobre a discapacidade como por exemplo 'Cuerdas', colocamos pictogramas no centro e fixemos un paraugas entre todos os alumnos e alumnas do centro, o cal podedes ir ver o domingo 3 na Praza da Estrela ás 12:00. #Todos somos diferentes#

"Conóceme por mis habilidades no por mis discapacidades"-Robert M. Hensel

Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller - 25 novembro

O pasado luns 20 de novembro, dende os máis pequeniños ata os máis maiores do cole, celebramos o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Deixamos mostras dos talleres tan chulos que fixemos!

Distribuir contido


by Dr. Radut