Skip to Content

Infantil

Todo listo para o luns!

Todo o alumnado do cole se volcou na decoración para a festividade de Halloween que se celebrará a proóxima semana. E aínda que acabamos MORTOS de cansacio con tanto que traballamos, quedamos moi satisfeitos co resultado! Que vos parece a vós?

 

FESTA DE HALLOWEEN

O vindeiro LUNS 30 de outubro, celebraremos a festa de Halloween no cole. Por iso, vos convidamos a que os nenos e nenas veñan disfrazados. Para acompañar ó disfraz, poden vir maquillados e traer accesorios. 

Preparádevos, porque coma todos os anos, o TÚNEL DO TERROR* abrirá as súas portas, MUAJAJAJA!**

 *No túnel do terror os nenos e nenas non poderán levar accesorios dos disfraces por seguridade.

**As quendas son orientativas e estan suxeitas a posibles modifiacións.

 

O MARTES 31, todo o alumnado pode vir con roupa ou complementos de Halloween (camisetas, diademas, gorros, calcetíns, etc.), pero non haberá festa de disfraces como tal.

A BANDA SONORA DESTES DÍAS NO SENSAT

AVISO

Recordatorio: ponte de outubro!

Celebrando o outono

O pasado 23 de setembro demos a benvida ó outono. Dende entón, fomos traballando os cambios que provoca no noso entorno nas aulas de Infantil e Primaria. A continuación tedes uns exemplos dos traballiños que fixemos dende os cursos inferiores ata os superiores. 

 

 

Apertuda da biblioteca escolar

Queridas familias,

O vindeiro luns día 9 de outubro a biblioteca escolar abrirá para toda a comunidade educativa en horario de 16 a 17h. 

Esperámosvos! 

 

Nós xa estamos ARTEllando!

 

O novo curso escolar 2023/24 xa está en marcha baixo o lema de 'ARTEllando soños'.

Para dar a benvida aos nenos e nenas do cole, fixemos un xogo polo corredor. Titulado 'ARTEllando palabras' e basado no coñecido xogo 'palabras encadeadas', todo o alumnado de Educación Primaria tivo a ocasión de participar nel. A continuación, o resultado!

 

REUNIÓNS PRINCIPIO DE CURSO

INFORMACIÓN XERAL 23/24

PREME NA IMAXE PARA VER TODA A INFORMACIÓN

 

Distribuir contido


by Dr. Radut