Skip to Content

Infantil

Día mundial da infancia - 20 novembro

O pasado luns 20 de novembro, dende os máis pequeniños ata os máis maiores do cole, celebramos o Día da Infancia. 

A BANDA SONORA NO SENSAT

Día Internacional da Tolerancia - 16 de novembro

Hoxe celebramos a Día interanacional da Tolerancia, traballándoo de formas diversas nos diferentes grupos de Educación Infantil e Primaria. Deixámosvos algunha fotiño e o link do vídeo 'Pájaros' de Pixar. 

 

Xornada de portas abertas da biblioteca

A BANDA SONORA NO SENSAT

Festa do Magosto!

Onte o tempo permitíunos celebrar o Magosto! Que ricas estaban as castañas que nos prepararon, que bonita a decoración do outono que preparou o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e que ben o pasamos! 

 

MAGOSTO

A BANDA SONORA DO SENSAT

ATA O ANO QUE VEN, HALLOWEEN!

Que ven o pasamos estes días celebrando Halloween! Despois de tanto traballo para poñer o cole o máis espeluznante posible, tocaba facer un pouco de festa! Acompañádenos neste post para ver como transcorreu o día.

Antes que nada, obligatoria 'foto de familia'!

Continuamos cunha pouca de merenda noxenta. Ben feito, tiña todo unha pinta asquerosa! 

E unha vez xa merendados e con forzas, TÚNEL DO TERROR!

Todos aqueles que conseguiron saír do túnel tiveron a oportunidade de meter a man nun cubo de babosas para coller o seu agasallo! Que caras máis bonitiñas poñían os nosos nenos e nenas.

En fin, hai que ver que ben o pasamos! Agora que rematou Halloween, xa poñemos a vista no Nadal, que segundo os avances da nosa cidade XA IMOS TARDE!

Desfrutade do festivo e repoñede forzas. Vémonos o xoves!

Cores en folga!

Durante estas últimas semanas, os grupos de Educación Infantil e 1º e 2º ciclo de Educación Primaria saíron á visita-obradoiro Cores en Folga. Unha esposición de Xulio Gil onde se expuxeron retratos de artístas galegos. A visita consistíu en elaborar unha pócima para devolverlle as cores roubadas ás fotografías; un achegamento ás cores primarias e as gamas de cores. 

Distribuir contido


by Dr. Radut