PREMIO LITERARIO "COÑECENDO OLEIROS"

Bo día, familias,

 

Temos o pracer de anunciar que no concurso literarios "COÑECENDO OLEIROS" resultaron gañadores dous alumnos do noso colexio:

 

Samuel Ríos Mosquera de 6º de EP

Inés Santiago García de 4º de EP

 

A entrega de premios será o domingo, 24 de febreiro, nas Torres de Santa Cruz ás 12:00 horas e á que todos estades convidados. No acto farase unha pequena homenaxe a Rosalía de Castro.

 

Noraboa aos gañadores e a todos os participantes!!

Moitas grazas ao Concello de Oleiros.

COÑECEDES O NOSO COLE?

Temos as Xornadas de portas abertas o MARTES 26 de Febreiro ás 17:30 h.

Pero podedes coñecer un pouquiño máis sobre o noso centro a través da seguinte presentación.

Benvidos ao noso cole!

 

 

ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN AO NOSO CENTRO

Bo día, familias!!!

 

Informamos de que o alumnado de nova incorporación ao noso centro para o curso 2019/2020 (nenos que comezan o colexio por primeira vez ou nenos e nenas que veñan doutros centros) deberán presentar a solicitude de admisión do 1 ao 20 de marzo no noso centro.

 

Podedes atopar toda a información no seguinte enlace:

 

ENLACE

 

Benvidos!!!

ALUMN@S DE 6º DE PRIMARIA-SOLICITUDE DE RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 2019/2020

Bo día, familias!!!!

O alumnado de 6º de primaria que queira continuar o seus estudos de secundaria no centro ao que estamos adscritos, o IES María Casares (Bastiagueiro), deberá presentar a solicitude de reserva de praza no noso centro (Ceip Luis Seoane) do 1 ao 15 de febreiro. Será o noso centro o que envía estas solicitudes ao instituto.

Aqueles que decidan ir a outro instituto, deberán ir directamente a ese centro para informarse.

Podedes ver toda esta información no seguinte enlace:

 

ENLACE

 

ACLARAMOS QUE:

O alumnado que no curso 18/19 estea matriculado no noso centro e permaneza no curso 19/20 non deberá realizar reserva nin admisión. A matrícula é automática.

FESTEXOS POLO DÍA DA PAZ

Este mércores, día 30 de xaneiro, festexamos cun pequeno acto no que participou todo o colexio o Día da Paz.

Ao longo destas semanas cada clase elaborou varios bloques con palabras positivas relacionadas coa Paz para construir un muro positivo e tiramos ao lixo palabras negativas. Para finalizar a festa todo o cole bailou e cantou o noso Rap da Paz. 

Foi un día estupendo a pesares do tempo!!!

Podedes ver unha pequena mostra aquí:

 

 

O RAP DA PAZ DO LUIS SEOANE

COMEZA A SEMANA DA PAZ NO LUÍS SEOANE ONDE, POR SUPOSTO, NON PODE FALTAR O NOSO RAP CREADO O CURSO PASADO. AQUÍ PODEDES VELO:

 

O NOSO COLE CHEGA Á ANTÁRTIDA

NO NOSO COLE ESTAMOS COMPROMETIDOS CÓ MEDIO AMBIENTE INTENTANDO FACER UN PLANETA MÁIS LIMPO E SAN. POR ISO COLABORAMOS NA CAMPAÑA DE APADRIÑAMENTO DE PINGÜÍNS NA ANTÁRTIDA 2019.

TEMOS O GOZO DE PRESENTARVOS A LUISIÑA:

ENRÓLATE COA MÚSICA 2º PRIMARIA

 Os dalumnos e alumnas de 2º de Educación Primaria participaron na actividade promocionada polo Concello de Oleiros “Enrólate coa música” na Fábrica. 

Alumnos e mestras gozaron moitísimo nas actividades propostas!

Podedes ver as fotografías no seguinte enlace:

I CERTAME AS MULLERES EXTRAORDINARIAS DAS NOSAS VIDAS

Para os festexos polo 8 de Marzo do día da Muller, convocamos para todo a etapa de Educación Primaria o primeiro concurso sobre AS MULLERES EXTRAORDINARIAS que nos rodean.

Son moitas as mulleres, moitas veces descoñecidas, que forman parte da nosa familia ou formou parte de ela, e as queremos coñecer.

Os nenos e nenas poden elexir a unha muller da súa familia para facer unha presentación sobre ela. É un traballo libre có formato que máis lles guste: cartolina, lapbooks, entrevistas, folio... que poden acompañar con fotografías, debuxos, imaxes...

De todos os traballos que participen faremos unha pequena selección para elaborar un vídeo para celebrar o día 8 de Marzo e que se publicará na páxina do colexio.

Animádevos a participar, investigar e colaborar cós vosos fillos e fillas!!

Os alumnos e alumnas de Educación Infantil participarán neste certame cun debuxo sobre unha muller extraordinaria da súa familia, que seguro serán obras de arte!!

 

 

 

RESOLUCIÓN DA SUBVENCIÓN PARA A PROMOCIÓN E DIFUSIÓN DA CULTURA E O DEPORTE ANO 2018 DO CONCELLO DE OLEIROS

Familias, bo día e bo inicio do 2º trimestre,

 

Non podemos empezar de mellor maneira que coa notificiación da concesión da subveción para a promoción e difusión da cultura e o deporte do Concello de Oleiros.

Podedes ver os detalles no adxunto desta mensaxe.

 

MOITÍSISMAS GRAZAS AO CONCELLO DE OLEIROS

Distribuir contido