INFORMACIÓN IMPORTANTE PARA AS FAMILIAS DOS ALUMN@S DE 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL

Queridas familias,

 

Con motivo da incorporación dos vosos fillos ao noso colexio para o próximo curso, dende o Departamento de Orientación e, en coordinación coas titoras, queremos convidarvos a participar nunha xuntanza na que se plantexen temas que axuden ás familias a responder as cuestións que, de seguro que vos estades facendo.

O colexio é un lugar de xogo, aprendizaxe e interacción social, familias e profesorado deben estar atentos para que a escolarización se realice de forma natural.

Vós, como familias, xogades un papel moi importante neste momento, a adaptación dos fillos estará condicionada por cómo asumades a separación, os vosos temores, as vosas expectativas, a ansiedade, a seguridade ou inseguridades na decisión tomada e a confianza que tedes nas súas posibilidades. Estes sentimentos poden ser transmitidos por vós a través de manifestacións de excesiva preocupación, anguria, etc.... que son captadas polos menores respondendo inconscientemente a elas de forma negativa.

"Os primerios días de colexio son moi importantes na vida familiar. A escola é a continuidade da familia, é o primeiro medio de socialización e o profesor ou profesora debe asumir ese rol. O alumnado non coñece nin a estructura nin o funcionamento , por elo o traballo de adaptación e comprensión son prioritarios na programación do acceso ao colexio".

Para superar dúbidas e temores e necesario potenciar os contactos centro-familia, antes e despois da incorporación por eso independientemente de que no mes de setembro e tal e como marca a lei teñamos un período de adaptación que se anunciará no seu momento, queremos convocarvos (sen nen@) na Sala de Usos Múltiples (1ºandar) para o día LUNS, 10 DE SETEMBRO en horario de 11:30 a 12:30h.

Estamos seguros de que a experiancia será proveitosa para todos e contribuirá a achegarnos un pouco máis.

 

Graciñas e unha forte aperta.

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIVOS E EXCLUÍDOS NO FONDO DE LIBROS DA XUNTA

Bo día,

 

Adxuntamos a listaxe definitiva de admitidos e excluídos no fondo de libros da xunta.

Nos admitidos xa figuran os libros que se vos prestan.Tamén podedes consultalo no taboleiros do colexio.

 

Aqueles que teñades que completar  co fondo de libros da ANPA informarvos do horario que dispuxeron para a solicitude e recollida dos mesmos:

 

-LUNS 16 DE XULLO DE 16:00 ATA AS 20:00 HORAS.

-MARTES 17 DE XULLO DE 16:00 ATA AS 18:00 HORAS.

-PRIMEIRO DÍA DE COLEXIO DE 9:00 ATA AS 14:00 HORAS.

 

Un saúdo

Final de curso con moitas despedidas...

Remata o curso escolar e marchan dous compañeiros e amigos... Non serà o mesmo sen eles... Moita sorte no novo camiño e sobre todo, visitade a miúdo a vosa casa que é o cole! Esperanza e Luís, imos botarvos moito de menos!

 

IMPORTANTE!!!!! LISTAXE PROVISIONAL DO FONDO DE LIBROS.

Bo  día,

 

Están publicadas as listaxes provisionais do fondo de libros. Podedes consultalas no taboleiro do colexio ou no adxunto a esta publicación.

Recordade que tedes ata o 12 deste mes para reclamar.

AVISO DE ROUPA OLVIDADA

Bo día,

 

Informamos de que a roupa esquecida permanecerá no colexio ata o 12 de Xullo para que pasedes a buscala. Despois de dito día, as prendas que sigan na escola serán doadas.

 

Un saúdo

VALES DE AXUDA PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL E LIBROS

Bo día,

 

Informamos que xa podedes pasar a recoller pola secretaría do colexio os vales de axuda para a adquisición de material e libros para o curso 2018/2019.

A listaxe de libros do fondo da xunta aínda non está xerada.

 

Un saúdo

LIBROS PARA O CURSO 2018/2019

Bo día,

 

Presentamos os libros para o curso 2018/2019.

Recórdovos que aquelas familias que solicitaron fondo de libros e axuda de material deben espera a resolución da mesma. Tes que facer clic no seguinte enlace:

LISTADO DE LIBROS DE TEXTO 2018/2019

 

Un saúdo e BO VERÁN!!

MOITO APRENDIMOS ESTE CURSO EN EDUCACIÓN INFANTIL

Podedes ver un pequeno resumo en imaxes de moitas das actividades que fixemos na Etapa de Educación Infantil. (Tedes que facer un clic na foto).

Foi un curso cheo de risas, excursións e sobre todo de mooooito traballo e descubrimentos!!!

BO VERÁN FAMILIA!!!!

OLA - ADEUS

 

Onte, os alumnos e alumnas de 6º de Educación Infantil e 6º de Educación Primaria, fixeron un pequeno acto simbólico de benvida e de despedida onde intercambiaron agasallos e moitas apretas. Foi unha xornada moi bonita e emocionante.

Podedes ver unha pequena selección de fotos a través do seguinte enlace: OLA - ADEUS

 

 

VíDEO PARA DESEXARVOS UNHAS FELICES VACACIÓNS!

O final chega e queriamos rematar este looooongo curso académico cun sonriso.

Fixemos un vídeo de despedida onde participaron unha pequena representación de alumnos e alumnas de todas as clases...

Simplemente desexarvos unhas moi felices vacacións e que a forza vos acompañe!!!! (Podedes ver o vídeo facendo clic na imaxe).

Vémonos en Setembro!!!!

 

Ademáis que saibades que xa temos canal de tv educativa e podedes suscribirvos para que non vos perdades ningunha das actividades do centro!!!! Estamos en CEIP LUIS SEOANE PRODUCIÓNS (en Youtube).

 

Distribuir contido