ACTO DE DESPEDIDA DOS ALUMNOS E ALUMNAS DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 

Hoxe fixemos diferentes actividades, onde participou todo o colexio, para despedir aos alumnos e alumnas de 6º de Educación Primaria.

Foi unha xornada moi completa:

- Fixeron a entrega dos petos o alumnado participante no proxecto de Boas Prácticas do centro.

- Houbo unha entrega de diplomas e premios, por parte do Concello, para os alumnos e alumnas que participaron no concurso de Música para a Igualdade.

- Todo 6º fixo unha pequena lectura de despedida e unha coreografía final.

Unha xornada moi emocionante e bonita!!!

A podedes ver a través do seguinte enlace: VIDEO DESPEDIDA DE 6º DE PRIMARIA.

 

Moita sorte para o vindeiro curso!!!!

VACANTES A 12 DE XUÑO TRAS A ADXUDICACIÓN NA COMISIÓN DE ESCOLARIZACIÓN EDUCACIÓN INTANTIL E PRIMARIA/ESO E BAC

Presentamos a táboa coas vacantes para o curso 2018/2019.

 

OS NOSOS ALUMNOS E ALUMNAS DE 6º VISITAN O SEU PRÓXIMO INSTITUTO

Os alumnos e alumnas de 6º de Educación Primaria visitaron o Instituto María Casares, en Bastiagueiro, que será a súa próxima parada o ano próximo...

Xa queda moi pouquiño deste curso e alí foron recibidos por antigos compañeiros e compañeiras do colexio e viviron moi bos momentos... Poideron visitar as instalacións e as aulas onde estudiarán o vindeiro curso.

Toda unha experiencia!

 

PRESTACIÓNS DE APOIO Á ESCOLARIZACIÓN CURSO 2018/19

O día 6/6/18 publicouse no Boletín Oficial da provincia da Coruña, o extracto da convocatoria de bases específicas do procedemento para a solicitude das prestacións de apoio á escolarización para o curso 2018/2019.

As bases completas podedes atopalas en:

-Base de subvención do ministerio

-Web do COncello de Oleiros.

¿QUE SON AS PRESTACIÓNS DE APOIO Á ESCOLARIZACIÓN?

Son unha das medidas pola inclusión social, posta en marcha pola Concellería de Servizos Sociais e Sanidade do COncello de Oleiros, co fin de axudar a aquelas familias, nunha peor situación económica, a asumir os gastos extraordinarios que provoca o incio do curso escolar.

Os importes destas axudas serán:

-2º cilco de educación infantil: 70€

-Educación Primaria: 80€

-ESO ou ciclo formativo equivalente: 90€

-Bacharelato ou ciclo formativo equivalente: 110€

Ás prestacións concederanse  polo sistema de concorrencia competitiva, ata esgotar orzamento. As familias coa renda per cápita máis baixa serán as beneficiarias das ditas axudas.

PRAZOS

Vinte días naturais que empezarán a contar dende o día seguinte á data da publicación da convocatoria no BOP. O PRAZO REMATARÁ O 26 DE XUÑO (inclusive).

A publicación da listaxe provisional expoñeranse ao público con todas as solicitudes presentadas e os requirimentos que se fan de documentación naquelas que estean  incompletas. Comunicarase ás persoas solicitantes por SMS.

¿ONDE SE PODEN PRESENTAR AS SOLICITUDES?

No Rexistro Xeral do Concello de Oleiros en hoario de 8:30 a 14:00 horas.

¿ONDE PODO OBTER MÁIS INFORMACIÓN?

Nas dependencias da CIncellería de Servizos Sociais e Sanidade do Concello de Oleiros.

AS PERSOAS BENEFICIARIAS DAS AXUDAS DEBERÁN PRESENTAR DESPOIS DA ADXUDICACIÓN , FACTURAS QUE XUSTIFIQUEN O GASTO REALIZADO (non valen tickets, nin calquera outro documento no que non se identifique a persoa que realiza o gasto), de non ser así, estarán na obriga de REINTEGRAR O IMPORTE DA AXUDA.

EXCURSIÓN 5º EDUCACIÓN PRIMARIA

Os alumnos e alumnas de 5º de Educación primaria tiveron a sorte de coñecer, cós seus titores e cós monitores do Concello, unha das zonas máis fermosas da nosa Comunidade, O Courel.

A excursión foi organizada polo Concello de Oleiros e fomentou o respecto e o desfrute da Natureza máis cercana. 

 

EXCURSIÓN DE 4º EDUCACIÓN PRIMARIA

Os alumnos e alumnas de 4º A e B de Educación Primaria foron de excursión varios días e visitaron a Fervenza da Toxa, un lugar increíble e moi fermoso.

Foi unha viaxe xenial e pasárono fenomenal!!!

AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2018 / 2019

Acaba de abrirse o plazo para solicitar axudas para:

- Participación no fondo solidario de libros de texto para os alumnos/as de 3º, 4º 5º e 6º de EP (tamén para alumnos/as da ESO).

- Axudas para a adquisición de material escolar para alumnos/as de Educación Primaria (e da ESO).

- Axudas para adquisición de libros de textos dos alumnos/as de 1º e 2º de Educación Primaria.

Tedes de prazo ata o 22 de XUÑO na propia secretaría do centro.

 

Aquí podedes ver a Orde e a documentación e requisitos necesarios.

ORDE E DOCUMENTACIÓN AXUDAS

CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O mércores 16 de maio celebramos cunha festa estupenda o día das Letras Galegas, este ano, adicado a Mª Victoria Moreno.

Ao son dunhas e duns pandereiteiros estupendos, bailamos varias muñeiras... e rematamos a festas cantando o noso Himno Galego. Viva o Fogar de Breogán!

Aquí tedes o vídeo resumo de todo!

VÍDEO DA CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS.

 

 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Bo día,

 

Recordarvos que mañá, 17 de Maio, non teremos clase por ser o día das Letras Galegas o cal festexamos hoxe no colexio e que nestes días poderedes ver a través das fotos e vídeos que se colgarán na páxina.

Voltaremos o venres día 18.

 

                       FELIZ DÍA DAS NOSAS LETRAS

Actividades da semana do Autismo

Para pechar as actividades para conmemorar o día da concienciación do Autismo, o cole engalanouse de azul e enchemos o tendedeiro do noso patio interior de roupa con mensaxes de integración e positividade... Todos somos diferentes!!

 Ademáis podedes ver un vídeo xenial, onde os nosos alumnos e alumnas do centro explican que é o TEA... Non volo perdades!!!!

Pinchade no seguinte enlace: VÍDEO SEMANA DO AUTISMO

 

Distribuir contido