1 / 3
CEIP Manuel Luís Acuña
2 / 3
CEIP Manuel Luís Acuña
3 / 3
CEIP Manuel Luís Acuña

 

 

Curso 2021-2022

Festa de verán

Dende a ANPA do cole estamos encantados de poder convidarvos á nosa festa do verán. 

Lembrade que está dispoñible para todos os nenos e nenas da cidade.

A entrada é gratuíta para os socios da ANPA e de 5€ para o resto.

Para calquera consulta e para a compra de entradas non dubidedes en chamar ao 988243751, estaremos encantados de atendelos.

Banco da amizade

Estimadas familias, estamos moi felices de poder anunciar que entre os días un e vinte de xuño contaremos no noso cole co banco da amizade: un espazo de integración social e emocional entre os máis pequenos que necesitan falar ou facer novos amigos.

 

Día das letras galegas

A semana do 9 ao 14 de maio estivemos preparando a conmemoración do Día das Letras Galegas. Para tal fin, utilizamos os materiais do Seminario Galán e a Primavera das Letras facilitados polo Departamento de Dinamización da Lingua Galega.

Por outra banda, o alumnado realizou diversas actividaes sobre esta temática. Deixamos un exemplo dunha das creacións dos máis pequerrechos do cole xunto cunha dos máis maiores.

Día Internacional Contra o Acoso Escolar

O dous de maio celebramos o Día Internacional Contra o Acoso Escolar realizando xogos de concienciación e cohexión grupal.

O alumnado tamén realizou diversos murais como este creado polo alumnado de 6º de Educación Primaria.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer