1 / 3
CEIP Manuel Luís Acuña
2 / 3
CEIP Manuel Luís Acuña
3 / 3
CEIP Manuel Luís Acuña

 

 

Curso 2021-2022

Conta coa natureza: Incendios forestais

Esta semana tivemos a grandísima sorte de contar con Inma, unha experta nos nosos bosques e no coidado do medio ambiente. Contounos unha fermosa historia coa flora e a fauna galega como protagonistas para inculcarnos o respecto polo noso medio e o coidado dos nosos bosques. Ademais, xogamos a un xogo de preguntas qeu serviunos para repasar todo o que aprendemos este curso sobre os animais e as plantas en Ciencias Naturais.

 

Inma, cando queiras volver ao noso cole, agardámoste cos brazos ben abertos!

 

Día da muller e da nena na ciencia

No cole adicamos esta  semana a traballar sobre estas grandes mulleres científicas e inventoras. 

Aprendimos un montón de cousas moi interesantes sobre os seus inventos e descubrimentos!

Mascotas

O alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria acudiu os días 7 e 8 de febreiro á aula da natureza para asistir a unha charla dun educador canino sobre mascotas e o seu coidado. Creamos as nosas mascotas de papel e tivemos a sorte de dar un precioso paseo pola beira do Miño con Balú.

Día Escolar da non Violencia e da Paz

Para conmemorar o Día Escolar da non Violencia e da Paz traballamos a nivel de centro as palabras querer e coidar e elaboramos este mural:

O alumnado de sexto curso decidiu profundizar un pouco máis no tema e traballar a educación en valores, e elaboraron esta árbore cos valores traballados na titoría:

Por parte do centro, non perdemos a oportunidade de decorar o centro con esta temática e realizar recomendacións de lecturas para traballar este día.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer