1 / 3
CEIP Manuel Luís Acuña
2 / 3
CEIP Manuel Luís Acuña
3 / 3
CEIP Manuel Luís Acuña

 

 

Curso 2021-2022

Día da árbore

Para conmemorar o día da árbore, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria fixo unha saída a unha fraga da contorna do centro.

A saída consistiu en realizar unha breve ruta de 3 km (para continuar a traballar o nosos Proxectos de Vida Activa e Deportiva). No camiño descubrimos algúns dos seres que compoñen a fauna e a flora da fraga, así como elementos do noso patrimonio arquitectónico e aproveitamos para plantar algunha árbore autóctona. 

Esperamos voltar pronto e descubrir o que medraron as nosas árbores!

Día Mundial dos Dereitos do Consumidor

A conmemoración do Día Mundial dos Dereitos do Consumidor ofertounos outra oportunidade de continuar traballando a alimentación saudable.

Esta vez, cada grupo traballou coa súa titora a etiquetaxe de produtos. Analizamos aspectos como: os ingredientes de cada produto, a súa denominación, as datas de consumo preferente e caducidade, a información nutricional, o modo de conservación...

Xa podemos ir á compra sendo todos uns expertos!

Aliméntate ben

Estimadas familias:

Como xa sabedes no cole estamos levando o programa Aliméntate Ben, un pograma pertencente ao Plan Proxecta  e que busca o fomento de hábitos saudables no alumnado. No noso caso, estamos a participar coas seguintes modalidades:

  • Xermoliño
  • Froita na escola
  • Lácteos na escola
  • Fai clic ao teu bocata
  • Ti si que eres un bo peixe

Neste caso, queremos compartir un breve resumo dunha actividade que fixemos por grupos burbulla e que esta relacionada especialmente coa modalidade de Xermoliño (alimentación saudable a través de experiencias positivas e da exposición repetida a unha variedade de sabores, olores e texturas que ofrecen os alimentos) e Froita na escola (coa que estamos a repartir froita no horario lectivo). 

Esta actividade consistiu na realización dun breve obradoiro no que os nosos pequenos chefs, por grupos burbulla, representaron dous contos tradicionais mediante pratos saudables nos que a froita era a gran protagonista. Fixeron auténticas obras de arte que, ademais de bonitas, estaban deliciosas!

Presentamos un breve resumo, pero prometemos compartir un vídeo para que non vos perdades detalle destas marabillosas creacións!

 

Vexo, Veo Xacobeo

Estimadas familias:

Como ben sabedes, o noso centro está a participar no proxecto "Vexo, veo Xacobeo". Este proxecto constitúe o proxecto máis novidoso dentro do Plan Proxecta + da Consellería de Educación.

Coa participación neste programa, pretendemos que o noso alumnado coñeza o patrimonio cultural, literario e artístico vinculado ao Camiño de Santiago así como promover hábitos saudables dunha maneira lúdica, activa e participativa.

Ademais das actividades que estamos a realizar no centro, o luns contamos cunha visita moi especial. Viñeron dous estupendos contacontos a presentarnos á tartaruga Tina Calixtina e a ensinarnos que debe levar un peregrino na súa mochila así como a evolución da vestimenta dos peregrinos ao longo a historia. Tamén aprendimos que existen diferentes formas de facer o Camiño de Santiago e creamos as nosas propias pegadas.

Estamos desexando seguir aprendendo cousas novas!

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer