1 / 3
CEIP Manuel Luís Acuña
2 / 3
CEIP Manuel Luís Acuña
3 / 3
CEIP Manuel Luís Acuña

 

 

Curso 2021-2022

Música e competencia dixital

O martes os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Educación Primaria traballamos a Competencia Dixital mediante a música converténdonos en DJs por un día.

Estamos desexando repetir este obradoiro!

 

Novo areeiro

Encántanos como quedou a reforma do noso areeiro!

Moitísimas grazas á Concellería de Educación por facelo posible.

Día Mundial da Saúde

Estimadas familias:

Con motivo da conmemoración do Día Mundial da Saúde, tanto o profesorado como alumnado recibimos diversas formacións:

  • 29 de marzo: Obradoiros de primeiros auxilios.
  • 5 de abril:  Formación "Educación deportiva para a vida".
  • 7 de abril: taller de saúde bucodental.

 

 

Pola parte do profesorado, o 8 de marzo contamos cunha formación da man da doutora Estefanía Zardoya Cabo, médica de familia e membro do grupo de traballo "Salud Basada en las Emociones" da Sociedade Española de Medicina Familiar e comunitaria, con formación en intelixencia emocional e psiconeuroinmuloxía .

Por último, para celebrar este día tan especial, preparamos batidos saudables de fresa, plátano e leite. Estaban boísimos.

Fai Click ao teu bocata

Estimadas familias:

A semana pasada tivemos unha visita moi especial relacionada co noso proxecto Aliméntate Ben. Realizamos un pequeno obradoiro no que aprendimos un montón de cousas sobre as propiedades das conservas e acerca de como elaborar uns bocadillos saudables con conservas, queixos galegos, verduras e hortalizas.

Tamén aprendimos moitas cousas sobre a fauna que habita nas rías galegas e as técnicas de pesca utilizadas na pesca de baixura e tamén as da pesca de altura.

Ao finalizar a actividade degustamos uns riquísimos bocadillos elaborados con pan galego, sardiñas en conserva, queixo de San Simón, leituga e tomate.

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer