Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

Secretaría

25- N " O COLE DE CARIÑO PLANTA CARA Á VIOLENCIA DE XÉNERO"

28/11/2022 17:21
Europe/Madrid

O venres 25 de novembro ás 11:30 dirixímonos cara o Concello, onde nos agardaban para facer un acto que fixera  visible as inquedanzas sobre a Violencia de Xénero. Alí plantámos cara coas nosas peticións. Algúns/has nenos /as leron unhas  fermosas poesías. Tamén gardamos un minuto de silencio para recordar a todas as vitimas desta lacra social. Un pequeno xesto que debe servir para seguir traballando para conseguir que  esta situación mude.

 

                                            

ANA E ROCÍO, REDEIRAS DE CARIÑO

28/11/2022 16:44
Europe/Madrid

O pasado venres 25 de novembre, o alumnado de 1º, 2º e 3º de EP recibiron a visita de dúas redeiras de Cariño: Ana e Rocío, que con paciencia e tesón ensináronlles aos nosos nenos/as a arte das redes. Resultou do máis atractivo e motivador para estes nenos/as que se amosaron entusiastas e con gañas de aprender en todo momento. Dámoslles as GRAZAS a estas dúas persoas por ofrecerno e darnos a oportunidade de achegarnos un pouco máis a este oficio que está repuntando no noso pobo e é fundamental para a pesca, sustento de moitas familias do noso entorno.

GRAZAS ANA 

GRAZAS ROCÍO

 

                                                         

QUE TRABALLO TAN CURIOSO DE CIDADE CIENCIA

22/11/2022 14:25
Europe/Madrid

Hoxe os nenos/as de EP foron a Casa da Cultura a gozar dun espectáculo que nos ofreceu o Concello de "Cidade Ciencia", titulado "Que traballo tan curioso" onde a científica Luisa, membro de CSIC, que explicou a importancia da hixiene persoal dun xeito lúdico e divertido.

   

24 DE OUTUBRO-DÍA DAS BIBLIOTECAS-XORNADA DE XOGOS DEMESA

21/11/2022 14:35
Europe/Madrid

Este ano para celebrar o Día das Bibliotecas eleximos unhas Xornadas de Xogos de Mesa na nosa biblioteca:"Luscofusco, A Casiña dos Libros". Todos os niveis de EI e EP pasaron pola biblioteca a gozar de xogos de mesa, pasando  por todos os xogos do circuito que resultaron súper atractivos e motivadores para o noso alumnado. Todos/as gozamos da xornada polo que coidamos que foi un acerto enfocar este día con esta actividade.

Aquí vos deixamos un video que recolle diferentes momentos desta actividade. Esperamos que vos gusteRisa

DECORADOS SAMAÍN/HALOWEEN 22

04/11/2022 14:18
Europe/Madrid

      Este ano, para decorar  os nosos  corredores de Samaín /Halloweén eliximos "Pobos de Samaín", onde aparecían pantasmas , bruxas/witches, morcegos/bats , casas encantadas/ haunted houses, ....e moitas cousas terroríficas. Coma sempre foi un tempo de festa e traballo onde o alumnado gozou facendo, decorando, participando e disfrazándose. Aquí vos deixamos unha pequena mostra.

          

ELECCIÓNS PARCIAIS AO CONSELLO ESCOLAR 22

28/10/2022 20:06
Europe/Madrid

 

Ola Familias, como xa sabedes, a consecuencia dos paros da Pandemia, este curso volvemos a ter Eleccións ao Consello Escolar por segundo ano consecutivo.

Aínda que iremos publicando algúns dos documentos deste  proceso de elección gustariame recordarvos que:

- está o censo dos representantes do alumnado no taboeiro de anuncios da entrada ao cole para calquera posible reclamación.

-o período de reclamacións ao censo é ata o 17 de novembro.

- o prazo de presentación de candidaturas vai do 11 ao 18 de novembro (ambos incluidos).Anímosvos a que vos apuntedes a participar na vida escolar!!!

 

- As votacións para todos os sectores serán o 29 de novembro.(Recordade que tanto pais como nais tedes dereito a votar. Esperámosvos a todos /as, é importante que veñades a votar!!!)

Saúdos

 

1. CIRCULAR INFORMATIVA PAIS /NAIS /TITORES LEGAIS  ELECCIÓNAS PARCIAIS CONSELLO ESCOLAR

2. ACTA CONSTITUCIÓN XUNTA ELECTORAL

Distribuir contido