Admisión de alumnado para o curso 2019/20

  A partires do vindeiro  1 de marzo  comeza o procedemento de admisión de alumnado para o curso escolar 2019/20.

 Para obter máis información dirixirse á Secretaría do Centro.

CALENDARIO PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2019-20
Publicación vacantes  Antes do 1 de  marzo
Presentación solicitude de admisión Do 1 ao 20 de marzo
Presentación documentación xustificativa  Do 25 de marzo ao 5 de abril
Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos  25 de abril
Publicación das listaxes definitivas  Antes do 15 de maio

Formalización de matrícula en EI e EP

 Do 20 ao 30 de xuño

              Pódense consultar e/ou descargar os documentos relacionados nas ligazóns seguintes:

Entroido 2019

Xa chegaron Don Manuel e Dona Xertrudis e con eles o entroido de novo.

Estade atentos aos seus mandados

se non queredes acabar... ENFARIÑADOS!

Comezamos:                                                     

LUNS 25:                                                          

Para animais coñecer

á sabana imos ir

prepárate, que o luns

de safari tés que vir.

MARTES 26: 

Acabou o safari,

acabou o tour.

Mañá vístete 

con glamour.

 MÉRCORES 27: 

Que glamour había hoxe!

Que cole máis sofisticado!

Mañá esmérate no peiteado.

 XOVES 28: 

Se acabches a gomina

mañá hai que vir

para ir á piscina.

 VENRES 1: 

Se non acabaches

resfriado nin resfriada

mañá disfrázate...

Isto vai parecer unha animalada!

 

 

 

Visita á Residencia As Dores

Os alumnos e alumnas de 1º e 2º de Primaria compartiron un día especial cos usuarios e usuarias da Residencia As Dores.

Agradecemos a todos a boa acollida que tivemos.

Visita a Zobra

Os alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º de Primaria viviron unha xornada en Zobra coñecendo de primeira man a riqueza da flora e fauna dos nosos montes e colaboraron no traballo de reforestación. Agradecer ao equipo de profesionais que nos guiaron durante toda a xornada.

Listaxes de libros de texto impreso para o curso 2018/19

Pódense consultar e descargar aquí as listaxes de libros de texto e  material impreso que deben mercar para os niveis de Educación Infantil e Primaria para o vindeiro curso 2018-2019. O resto de libros de texto para os niveis 3º, 4º, 5º e 6º de EP seranlles asignados do Fondo Solidario a todos aqueles que o teñan solicitado.

EDUCACIÓN INFANTIL

 

4º (3 anos) 5º (4 anos) 6º (5 anos)

EDUCACIÓN PRIMARIA

 

 1º

3º 
 5º

Visita á Catedral de Santiago de Compostela

Rematamos o curso como remata o Camiño de Inverno, na Catedral de Santiago de Compostela.

Admisión alumnado para o curso 2018/19

Os alumnos e alumnas que obtiveron praza neste centro para o vindeiro curso 2018/19, deben pasar polo centro para formalizar a matrícula entre o 20 e 30 de xuño.

 

Distribuir contido