ENTROIDO 2020
Chega un ano máis o entroido e con el Don Manuel e Dona Xertrudis.
Estade atentos aos seus mandados
se non queredes acabar... ENFARIÑADOS!
Comezamos: LUNS 17: Comeza o entroido comenzan os mandadiños, neste ano do UNIVERSO facemos por vir de MARCIANIÑOS. MARTES 18: Coñecemos o Sistema Solar onde todo xira arredor do Sol. Ti trae lentes, sombreiro, fular ou trae un parasol. MÉRCORES 19:
Despois do Sol vén a Lúa Pon pixama, camisón ou bata, iso xa é cousa túa. XOVES 20: Dise que Marte é encarnado ti aproveita a cor dese planeta, non te poñas encarnado e trae pantalón, xersei ou chaqueta. VENRES 21: Rematan os mandadiños este ano do UNIVERSO, mais para disfrazarte pode ser de tema diverso. FELIZ ENTROIDO 2020!
|
Listaxes de libros de texto e material impreso para o curso 2019/20
Pódense consultar e descargar aquí as listaxes de libros de texto e material impreso que deben mercar para os niveis de Educación Infantil e Primaria para o vindeiro curso 2019-2020. O resto de libros de texto para os niveis 3º, 4º, 5º e 6º de EP seranlles asignados do Fondo Solidario a todos aqueles que o teñan solicitado.
MODIFICACIÓN EN LIBROS DE EI 4 ANOS E 5 ANOS
EDUCACIÓN INFANTIL
5º (4 anos) |
EDUCACIÓN PRIMARIA
3º | ||
4º | 5º | 6º |
Publicada a convocatoria de participación no fondo solidario, axudas para adquisición de libros de texto e material escolar para o curso 2019/20.
O obxeto da Orde é convocar a participación no fondo solidario de libros de texto, axudas para adquisición de libros de texto e material escolar destinadas ao seguinte alumnado:
Fondo solidario: 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.
Axudas para libros de texto: 1º e 2º de Educación Primaria e EE.
Material escolar: 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º.
Só será preciso presentar unha única solicitude, incluíndo nela a todos/as fillos/as que estean escolarizados no centro.
Prazo de presentación da solicitude: ata o 21 de xuño de 2019.
Documentación:
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
- Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables.
Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación en 31 de decembro de 2016, poderán acreditar o número de membros utilizando, entre outros, algún dos seguintes medios:
- Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
- Certificado ou volante de convivencia.
- Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
Artigo 24. 3.- Quedarán excluídas as solicitudes que non se puidesen validar por estar presentadas fóra de prazo, por falta de emenda das deficiencias da solicitude e/ou da documentación ou por falta da devolución dos libros de texto recibidos do fondo solidario adquiridos coas axudas no curso 2016/2017.
Para máis información dirixirse á secretaría do centro ou picar no seguinte enlace.
Documentos para descargar:
Publicación de listaxes definitivas para a admisión de alumnado para o curso 2019/20
Publícanse as listaxes definitivas para a admisión de alumnado para o curso 2019/20.
Para máis información dirixirse á Secretaría do centro.
- Listaxe definitiva para a admisión de alumnado de 4º de Educación Infantil.
- Listaxe definitiva para a admisión de alumnado de 5º de Educación Infantil.
- Listaxe definitiva para a admisión de alumnado de 6º de Educación Infantil.
- Listaxe definitiva para a admisión de alumnado de 1º de Educación Primaria.*
- Listaxe definitiva para a admisión de alumnado de 2º de Educación Primaria.
- Listaxe definitiva para a admisión de alumnado de 3º de Educación Primaria.
- Listaxe definitiva para a admisión de alumnado de 4º de Educación Primaria.
- Listaxe definitiva para a admisión de alumnado de 5º de Educación Primaria.
- Listaxe definitiva para a admisión de alumnado de 6º de Educación Primaria.
* En 1º de Primaria hai unha solicitude de praza de NEAE que ten prioridade sobre calquera puntuación do baremo.
Os admitidos/as deben pasar polo centro do 20 ao 30 de xuño para formalizar a matrícula.
Os non admitidos/as poranse en contacto con eles para asignarlles centro.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »