Publicada a convocatoria de participación no fondo solidario, axudas para adquisición de libros de texto e material escolar para o curso 2022/2023.

O obxeto da Orde é convocar a participación no fondo solidario de libros de texto, axudas para adquisición de libros de texto e material escolar destinadas ao seguinte alumnado:

Fondo solidario: 3º, 4º de Educación Primaria.

Axudas para libros de texto: 1º e 2º de Educación Primaria e EE.

Material escolar: 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º.

Só será preciso presentar unha única solicitude, incluíndo nela a todos/as fillos/as que estean escolarizados no centro. (Se a presentación é por vía electrónica deben presentar unha solicitude por cada fillo).

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal. Tamén poderán presentarse na secretaría do centro.

Prazo de presentación da solicitude: ata o 22 de xuño de 2022.

Documentación:

 As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

  • Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables.

     Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación en 31 de decembro de 2019, poderán acreditar o número de membros utilizando, entre outros, algún dos seguintes medios:

  1. Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
  2. Certificado ou volante de convivencia.
  3. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

 Artigo 24. 3.- Quedarán excluídas as solicitudes que non se puidesen validar por estar presentadas fóra de prazo, por falta de emenda das deficiencias da solicitude e/ou da documentación ou por falta da devolución dos libros de texto recibidos do fondo solidario adquiridos coas axudas nos cursos anteriores.

Para máis información dirixirse á secretaría do centro ou picar no seguinte enlace.

Documentos para descargar:

Publicación de listaxes definitivas de admitidos e non admitidos para o curso 2022/2023.

Están publicadas as listaxes definitivas de admitidos e non admitidos para o curso 2022/2023. 

Póden consultalas no taboleiro de anuncios do centro.

Tamén son accesibles para a cidadanía con certificado dixital, DNI electrónico ou Chave365, a través do menú SOLICITUDES > AS MIÑAS SOLICITUDES.

Lémbrase que cada persoa, pode ver o estado da súa solicitude a través do menú SOLICITUDES > ADMISIÓN > RECUPERAR.

 

Os alumnos e alumnas que obtiveron praza no centro para o curso 2022/2023 deben pasar polo centro para formalizar a matrícula entre o 20 e 30 de xuño.

Visita ao Museo para ver a exposición de Laxeiro

Ao longo desta semana o alumnado do noso centro acudiu ao Museo Ramón Mª Aller de Lalín para visitar a exposición adicada a Laxeiro e realizar as actividades propostas polo persoal do museo. Agradecemos ao perosoal a iniciativa e tamén a atención recibida.

 

Carriño de cultivo

Enviáronnos como medida de acompañamento do Programa escolar do consumo de foitas este carriño de cultivo que seguro lle sacarán os nosos alumnos moito proveito.

Lendo á sombra dúnha árbore

Celebramos o Día da Árbore e o Día do Libro.

Admisión de alumnado para o curso 2022/2023

A partir do 1 de marzo  comeza o procedemento de admisión de alumnado para o curso escolar 2022/2023.

 Para obter máis información dirixirse á Secretaría do Centro.

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO: DE 9:30h. a 13:30h.

CALENDARIO PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2022-2023
Publicación vacantes  Antes do 1 de  marzo
Presentación solicitude de admisión Do 1 ao 21 de marzo
Presentación documentación xustificativa  Do 24 de marzo ao 6 de abril
Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos  22 de abril
Publicación das listaxes definitivas  Antes do 15 de maio

Formalización de matrícula en EI e EP

 Do 20 ao 30 de xuño

              Pódense consultar e/ou descargar os documentos relacionados nas ligazóns seguintes:

ENTROIDO 2022

Chega un ano máis o entroido e con el Don Manoel e Dona Xertrudis.

Estade atentos aos seus mandados!

 

Esta semana de entroido imos viaxar no tempo e pasar por distintas épocas

traendo o que manden os mecos.

Comezamos:                                                     

LUNS 21:

 O luns á Prehistoria volvemos

e algo de cavernícola traemos.

MARTES 22:

 O martes somos hippies*

trae flores, cores, .... o que imaxines.

MÉRCORES 23:

O mércores soa o Rock & Roll*

todos de "rockeros"

no Manuel Rivero.

XOVES 24:

O xoves cara adiante seguro

e disfrazámonos do futuro.

VENRES 25:

O venres o gran día chegará,

todo o cole disfradazo virá.

 

FELIZ ENTROIDO!!!!

Premio Especial do Público para a Árbore de Nadal do CEIP Manuel Rivero

A Árbore de Nadal decorada polos alumnos e alumnas de Educación Infantil para o Centro Comercial Pontiñas acadou o Premido Especial do Público. Recolleron o premio os alumnos e alumnas de 6º de Educación Infantil. Moitos parabéns a todos e todas e ás súas profes. Moitas grazas tamén a todos e todas as que nos votaron.

Distribuir contido