Publicación de listaxes definitivas de admitidos e non admitidos para o curso 2021/2022
Están publicadas as listaxes definitivas de admitidos e non admitidos para o curso 2021/2022.
Póden consultalas no taboleiro de anuncios do centro.
Tamén son accesibles para a cidadanía con certificado dixital, DNI electrónico ou Chave365, a través do menú SOLICITUDES > AS MIÑAS SOLICITUDES.
Lémbrase que cada persoa, pode ver o estado da súa solicitude a través do menú SOLICITUDES > ADMISIÓN > RECUPERAR.
Os alumnos e alumnas que obtiveron praza no centro para o curso 2021/2022 deben pasar polo centro para formalizar a matrícula entre o 20 e 30 de xuño.
Admisión de alumnado para o curso 2021-2022
A partir do vindeiro 1 de marzo comeza o procedemento de admisión de alumnado para o curso escolar 2021/2022.
Para obter máis información dirixirse á Secretaría do Centro.
HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO: DE 9:30h. a 13:30h.
CALENDARIO PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2021-2022 | |
Publicación vacantes | Antes do 1 de marzo |
Presentación solicitude de admisión | Do 1 ao 22 de marzo |
Presentación documentación xustificativa | Do 25 de marzo ao 14 de abril |
Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos | 23 de abril |
Publicación das listaxes definitivas | Antes do 15 de maio |
Formalización de matrícula en EI e EP |
Do 20 ao 30 de xuño |
Pódense consultar e/ou descargar os documentos relacionados nas ligazóns seguintes:
- DECRETO 254/2012, do 13 de decembro.
- ORDE do 12 de marzo de 2013.
- ORDE do 25 de xaneiro de 2017 que modifica a orde do 12 de marzo de 2013.
- ORDE do 18 de decembro de 2020. Modificación.
- Nota informativa.
- Resultado do sorteo anual das letras de prioridade.
- Relación de documentación xustificativa dos criterios do baremo.
- Postos escolares vacantes ofertados para o curso 2021/22.
- Zona de Influencia.
- Anexo-Impreso solicitude de praza.
ENTROIDO 2021
Chega un ano máis o entroido e con el Don Manoel e Dona Xertrudis.
Estade atentos aos seus mandados!
Comezamos: LUNS 8: Comezamos o luns. Queremos quedar na cama! Por iso, coma sempre, nos toca vir en pixama. MARTES 9: Da igual calcetín, bota ou zapato. O martes tócalle ao calzado. O importante é que ata o gato veña con algo disparatado. MÉRCORES 10: Para este mércores, coidado! Buscamos algo refinado. Mellor aínda, disparatado. A ver que se che ocorre co teu peiteado. XOVES 11: Xoves, día do deporte! Que non che dea corte. Mellor canto máis variados, a ver se quedamos pasmados. VENRES 12: Xa chega o venres de entroido. Busca na casa algo colorido que sexa moi divertido. Ven como queiras vestido.
|
Nadal 2020
Este ano temos un Nadal diferente pero cheo de ilusión para os nenos e nenas do centro que queren compartir coas súas familias un ano máis as representacións navideñas que teñen preparadas e os seus mellores desexos nestas datas, que son os mesmos que os de todo equipo docente e non docente.
PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO DE ENSINO OBRIGATORIO
Publicada a Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E). Diario Oficial de Galicia nº 230, do 13.11.2020.
ALUMNADO BENEFICIARIO:
Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial:
a) Non ten que presentar solicitude:
O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021.
b) Ten que presentar solicitude:
O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que cumpra algunha das seguintes condicións:
• Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000€.
• Alumnado matriculado en educación especial.
• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.
SOLICITUDES (SÓ PARA ALUMNADO NON BENEFICIARIO DA AXUDA DE MATERIAL ESCOLAR)
Forma de presentación da solicitude:
- Presentarase o anexo I e II xunto coa documentación que se precisa na Orde segundo a situación familiar de cada un.
- Os anexos poden recollelos na secretaría ou descargalos desde esta páxina web.
(Lémbrase que o horario de atención ao público é de 10:00h. a 13:30h.)
• Prazo:
Do 16 ao 27 de novembro de 2020.
O ALUMNADO QUE FOI BENEFICIARIO ESTE CURSO DA AXUDA DE MATERIAL NON TEN QUE FACER NADA, XA SE CONSIDERA ADMITIDO.
- ORDE do 6 de novembro de 2020.
Publicación de listaxes definitivas de usuarios admitidos e de reserva no servizo de comedor para o curso 2020/21.
Están publicadas as listaxes definitivas de usuarios admitidos e de reserva para o servizo de comedor para o curso 2020/21. Poden consultalas no taboleiro de anuncios do centro.
Todos aqueles alumnos e alumnas admitidos deben cubrir o anexo II autodeclaración e entregalo na secretaría do centro a partir do 1 de setembro e antes do día 10. Poden recollelo na secretaría do centro ou descargalo no seguinte enlace:
Publicación de listaxes definitivas de admitidos e reparto para o fondo solidario de libros de texto
Están publicadas as listaxes definitivas de admitidos no fondo solidario de libros de texto, así como os libros que lles corresponden. Poden consultalas no taboleiro de anuncios do centro ou no documento seguinte:
En 5º de Primaria non lles corresponde libros de texto en papel xa que entran no programa de libro dixital E-DIXGAL.
O reparto dos libros asignados realizarase no mes de setembro.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »