Sesión de EF para 3º,4º,5º e 6º Primaria

Ola a tod@s.

Nesta segunda sesión de EF da semana que vai do 25 ao 29 de maio necesitamos unha habitación da casa na que haxa unha zona sen obstáculos. O material que necesitamos é unha cadeira e dous paquetes pequenos de arroz. A sesión consta de 3 partes: 

1) quecemento, colocamos a cadeira e corremos en círculos arredor dela, damos cinco voltas completas no sentido das agullas do reloxo,entón arrastrámonos por debaixo dela e despois corremos cinco voltas no sentido contario ás agullas do reloxo, arrastrámonos por debaixo dela e repetimos todo varias veces;

2) parte central, formada por varios exercicios que imos facer durante 20 segundos, deixando 10 segundos de descanso ata o seguinte exercicio; a) levantarse e sentarse na cadeira sen parar; b) poñerse de pé detrás da cadeira, apoiar as mans no respaldo da mesma e poñerse "de puntillas" sobre os dous pés xuntos, apoiar as plantas dos pés e poñerse de novo "de puntillas", repetir varias veces; c) deitarse no chan boca arriba e subir ambas pernas rectas e unidas ata que queden totalmente verticais, baixámolas lentamente e repetimos; d) deitarse no chan lateralmente (sobre un costado) e subir recta a perna de arriba, cambiar de costado e facer o mesmo coa outra perna, repetir; e) facer flexións no chan; f) poñerse en posición de plancha no chan, boca abaixo, apoiando os antebrazos e as puntas dos pés no chan; g) coller un paquete de arroz con cada man, poñer os brazos pegados aos nosos costados, subir os brazos rectos ata que queden en cruz (paralelos ao chan), baixar lentamente e repetir; h) estirar os brazos rectos por diante de nós, poñer as palmas das mans hacia arriba agarrando os paquetes de arroz e flexionar os brazos para achegar os paquetes á nosa cara, repetir con rapidez; @s que poidan teñen que repetir todo este conxunto de exercicios varias veces;

3) parte final, facemos malabares lanzando e recollendo ( sen que caian) un ou os dous paquetes de arroz.

Saúdos.

Powered by Drupal - Design by artinet