Actividades aula de música

FESTIVAL DE FIN DE CURSO VIRTUAL

Paseniño chegamos ao remate do curso. Celebrámolo con este festival virtual:

 3 anos.- "Baby shark":

 
4 anos.- Epo e tai tai:
 
5 anos.- O lobo e os tres porquiños:
 
1º de Primaria.- Tris tras e Indo eu:
 
2º de Primaria.- Sete saltos:
 
3º de Primaria.- Vacas de verán:
 
4º de Primaria.- Don Melitón:
 
5º de Primaria.- O señor da serra:
 
6º de Primaria.- Alone e Que calor!
 

FESTIVAL VIRTUAL

FESTIVAL DE NADAL VIRTUAL

A continuación tedes os vídeos coas actuacións para o festival de Nadal. Agardamos que vos gusten moito.

3 anos: Rodolfo el reno.

4 anos: Dona Carme

 5 anos: Feliz

 

1º de Primaria: Jingle Bells

 

2º de Primaria: Virus... informático

3º de Primaria: Bailes de película

4º de Primaria: Musicais

5º de Primaria: Illadx

6º de Primaria: Un nadal distinto

Traballo para a semana do 13 ao 17 de abril

Esta semana prevese que sexa de transición polo que imos a prolongar a actividade de fabricación de instrumentos con material de refugallo. As nenas e nenos que xa o fixeron non teñen que repetir, obviamente. Podedes enviarme as fotos ao meu correo (javier.constenla@yahoo.com) e subireinas á Galería do centro (fai click aquí para vela).

Unha vez feitos os instrumentos podedes empregalos para acompañar a seguinte canción cambiando as palmas no peito polo uso do instrumento:

 

Galería de Instrumentos Caseiros

Comezan a chegar instrumentos caseiros que o alumnado e as familias fixeron nos seus fogares.

Fai click aquí para acceder á Galería.

Traballo de música para esta semana

Por un erro informático, a publicación do traballo de música desta semana non apareceu onde debía. Desculpade. Achego agora o que tiña que saír publicado o luns:

Esta semana imos a facer algo diferente: fabricar un instrumento.

Teredes que usar o material que teñades pola casa, e se é de refugallo mellor. Ollo, se precisades cortar algo pedide axuda ou supervisión dunha persoa adulta!

En internet tedes moitas ideas, eu achégovos algunha por aquí:

Vídeo 1

Vídeo 2

Páxina web

Pinterest

 Se enviades fotos ao correo electrónico (javier.constenla@yahoo.com) podemos facer unha exposición virtual.

 

E se queredes cantar ao tempo que traballades, velaí unha canción movidiña:

Oda ó futbolín

Traballo semana do 23 ao 27

Traballo para os vindeiros días:

Actividade 1:

Opción A: 1º, 2º e 3º de Primaria

Opción A: 4º, 5º e 6º de Primaria

Se falla, probade con diferentes navegadores (Chrome, Firefox, Edge,...). Pode ser necesario actualizar adobe flash player (fai click aquí)

Se as anteriores non vos funcionan:

Opción B: 1º, 2º e 3º de Primaria

 

 

Actividade 2: bailar unha destas coreografías:

Coreo 1: Aladín

Coreo 2: Hoedown Throwdown

Coreo 3: Roar

 Se precisades máis, na aula virtual do colexio, no apartado de música tedes moito máis material.

Correo electrónico: javier.contenla@yahoo.com

TRABALLO DE MÚSICA Días 16, 17 e 18.

TRABALLO PARA ESTES DÍAS DE CONFINAMENTO

ACTIVIDADE 1 (VÁLIDA PARA TODO O ALUMNADO)

Falade cos vosos maiores: nai, pai, avó, avoa,... (pode ser por teléfono se non os tedes na casa) e que vos conten que música escoitaban cando tiñan a vosa idade. Buscade na Internet esa música a ver que vos parece. Igual ata vos gusta!

ACTIVIDADE 2

Escoller entre unha das seguintes:

ACTIVIDADE 3

Escoitar música de todo tipo (folk, pop, rock, clásica,...)

 

Contacto: javier.constenla@yahoo.com

Levada polo vento

O alumnado de 2º sonorizou un pequeno relato.

Coco en su cueva

 

O alumnado de 5 anos canta para nós "Coco en su cueva" de Cantajuegos:

Folga do clima

O alumnado do Sinde foi ao Castelo de Santa Cruz en apoio da Folga Mundial polo Clima. Alí, en convivencia co alumnado doutros centros, leron un manifesto, cantaron unha canción e plantaron landras en zapatos.

Sen dedos

O alumnado de 2º de Primaria comezou a utilizar a frauta coa canción Sen dedos. Un par de ensaios e... así de ben o fixeron:

 

La cintura

 

 

O alumnado de sexto inventou unhas coreografías para a canción La cintura de Álvaro Soler. Logo ensinóunolas a todo o cole, gravámolas e quedaron asi de chulas:

 

Aviso: Temos pequenos atrancos co formato que estamos tratando de subsanar. Desculpade as molestias.

 

LA CINTURA

 

 

O alumnado de 6º inventou unha coreografía e ensinóunala a todo o cole. Despois gravámola e quedou así de chula:

 

Anuncios publicitarios

Nas clases de música o alumnado estivo traballando os dereitos de autor. Descubriron que existe música que podes usar libremente. Aplicaron o aprendido creando anuncios publicitarios sobre o cole. Fixeron ou obtiveron as fotos, descargaron música "Creative commons" e montaron os vídeos. Que vos parece o resultado? Foron convincentes?

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet