5º de primaria

Traballo do 25 ao 27

Traballo para os próximos días

Fichas

Traballo días 23 e 24

Traballo para os próximos días:

Fichas

Solucionario actividades días 16 a 18

A continuación tedes as solucións ás fichas de traballo dos días 16, 17 e 18:

Solucionario


Por se alguén non as ten, volvemos a poñer aquí as fichas de traballo para os días 16, 17 e 18.

Fichas

ENTROIDO 2020

A continuación tedes un video resumo do entroido deste ano.

FESTIVAL DE NADAL

FOTOS DO FESTIVAL DE NADAL 2019

A continuación tedes algunhas das actuacións do festival de Nadal do Sinde

(En algúns navegadores non permite o seu visionado. Ademais é preciso Adobe Flash Player)

1º de primaria "DE ELLOS APRENDÍ"

Segundo bailou "Vivir"

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

 

 

Para conmemorar o Día da Discapacidade, no centro fixéronse distintas actividades nas que se tentou concienciar ao alumnado do significado de discapacidade e das posibilidades e necesidades que estas persoas teñen.

Dúas monitoras de GOGAMI, coa axuda do profesorado, realizaron unha xincana inclusiva para as nenas e os nenos de Primaria. Para o alumnado de infantil foron Nerea e Alberto quenes fixeron actividades similares. Velaí un pequeno resumo:

 

 

 

CARREIRA DE CAMPO A TRAVÉS EN BAIONA

O mércores 4 de decembro o alumnado de 4º e 5º de Primaria participou nunha carreira de campo a través en Baiona. Unha actividade de convivencia e fomento da actividade física.

 

 

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

O pasado luns día 25 de novembro manifestamos a nosa repulsa cara á violencia contra as mulleres facendo un lazo negro humano e cantando La puerta violeta de Rozalén.

Despois Bea e Valentina escenificaron o conto Daniela Pirata.

Por último, este mércores tivemos en BiblioSinde a Pedro Brandariz que nos fixo un contacontos titulado Non máis princesas.

 

Folga do clima

O alumnado do Sinde foi ao Castelo de Santa Cruz en apoio da Folga Mundial polo Clima. Alí, en convivencia co alumnado doutros centros, leron un manifesto, cantaron unha canción e plantaron landras en zapatos.

Unha semana completiña

 

A pasada semana foi completiña no noso centro. Inauguramos BiblioSinde, fixemos unha plantación no Castelo de Santa Cruz por mor da Folga mundial do medio ambiente e o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º recibiu unha charla dos adestradores do Atlético Guardés.

Podedes ter máis información facendo click nas ligazóns destacadas noutra cor.

Inauguración de BiblioSinde

 

O pasado martes día 1 realizouse a apertura de BiblioSinde. Entregáronse carnés ao profesorado e ao alumnado novo no centro (agás ás nenas e nenos de 3 anos que foron outro día). Presentáronse as alumnas e alumnos axudantes na biblio este curso e cada grupo levou un contrato de uso que devolverá asinado. Velaí van unhas imaxes do acto:

Powered by Drupal - Design by artinet