3 anos

19 DE XUÑO FIN DE CURSO

 

FELIZ VERÁN A TOD@S!!

ESTAMOS CONECTAD@S

Moitas felicidades Mara! Aquí está o vídeo cos debuxos de tódolos compis! (adxunto)

SEMANA DO 15-19 DE XUÑO

E para a última semana do curso, que mellor que unha búsqueda do tesouro con probas que reforzan aprendizaxes traballadas cos nenos e nenas durante este tempo.

(Se a preferides en pdf, tédela ao final das probas en arquivos adxuntos)

 

(escoger algún regalito para el final del juego, algo de comer que les guste...)

 

BÚSQUEDA DEL TESORO

 

PRUEBAS:

    1. PARA COMENZAR

TU NOMBRE DEBES ENCONTRAR;

¿ME LO SABES DELETREAR?

(buscar su nombre entre los de sus

compañer@s/familia y decir en orden sus letras)

 

2. ¡FENOMENAL!

¿AHORA SERÁS CAPAZ,

DE EN TU CASA CUATRO CÍRCULOS ENCONTRAR?

 

3. PARA A LA SIGUIENTE PRUEBA PASAR,

HASTA TU HABITACIÓN DEBES LLEGAR.

PERO, ¡CUIDADO, NO ES TAN FÁCIL!

¡COMO UN CANGURO TIENES QUE SALTAR!

 

4.¡VAYA LÍO!

¡TODO DESORDENADO ESTÁ!

¿PODRÍAS EN 1 MINUTO COLOCAR

CADA COSA EN SU LUGAR?

(dejar por la habitación distintos juguetes que

tengáis habitualmente guardados en cajas. Por ej.:

3 cajas: una de bloques, otra de peluches, otra de cuentos.

Mezclarlo todo por la habitación: deben clasificar cada cosa en su lugar)

 

5. ¡GENIAL! ¡BUEN TRABAJO!

VAMOS A CONTINUAR,

¿PODRÍAS LOS NOMBRES DE

ALGUN@S COMPAÑER@S ADIVINAR?

(ponerlos todos boca abajo, levantarlos y decir

de quién son: unos cinco o seis para que

no se cansen y continuar con las pruebas)

 

6. AHORA COMO UN LEÓN,

VETE ANDANDO HASTA EL SALÓN.

 (a cuatro patas, rugiendo...)

 

7. TRES COSAS CON FORMA CUADRADA

HE ESCONDIDO;

¿SABES TÚ DONDE SE HAN METIDO?

(esconder en el salón tres objetos cotidianos

con forma cuadrada para que los encuentren)

 

8. AHORA VAMOS A RECORDAR:

¿SABRÍAS DECIRME EL NOMBRE

DE CINCO ANIMALES DEL MAR?

 

9. ¿QUÉ ES ESO? ¡ES GENIAL!

¿ESCUCHAS LA MÚSICA?

¡PUES A BAILAR!

(ponerles una canción que conozcan

del cole o de casa para que bailen la coreografía)

 

10. CADA OVEJA CON SU PAREJA:

ESTOS OBJETOS DEBES OBSERVAR,

¿SABRÍAS TRAERME DE CADA UNO, OTRO IGUAL?

(colocar sobre una mesa unos cinco objetos que conozcan bien,

de los que tengáis otro igual en casa y accesible para ellos/as.

Deben ir a buscarlos y colocarlos en la mesa al lado de su pareja)

 

11. Y ESTA PRUEBA, PARA TERMINAR,

HASTA LA CAJA DE LAS SORPRESAS TE VA A LLEVAR:

¿SABRÍAS ADIVINAR,

LO QUE HAY DENTRO AL TOCAR?

¡ENHORABUENA! ¡LO HAS CONSEGUIDO!

¡Y POR TU ESFUERZO,

ESTA SORPRESA TE HE TRAÍDO!

(meter en la caja de sorpresas que preparasteis,

o en otra caja o bolsita el premio: ¡QUE LO DISFRUTÉIS PEQUES!

PROPOSTAS PARA ESTA SEMANA (8-12 XUÑO)

Tódolos días:

-escoitar música, cantar e bailar un pouquiño e facer actividades de movemento.

-Recordarlles que día da semana é, que número, que mes:

https://www.youtube.com/watch?v=v7mm8MC1MgY

-Tódalas semanas: xogar coas letras e co nome propio e o dos compañeiros/as. Tamén o podedes ampliar cos nomes da familia.

 LUNS

-MANDALAS: con material cotiá e de reciclaxe que teñades na casa: tapóns, legumes, botóns, pezas de xoguete...

http://www.creciendoconmontessori.com/2018/12/crear-mandalas-con-piezas-de-madera.html

http://miscositasdeinfantil.blogspot.com/2017/09/taller-de-mandalas.html?utm_source=feedburner&utm_medium=email&utm_campaign=Feed:+MisNiosDeInfantil+(Mis+cositas+de+infantil)&utm_content=Yahoo!+Mail

(nesta páxina vense moi ben os exemplos coas fotos)

OPCIÓN FICHA

MANDALA

 

*PSICOMOTRICIDADE: imos ver que nos deixou o profe Alberto esta semana.

EDUCACIÓN FÍSICA

 

 MARTES

-XOGO SIMBÓLICO: xogar as tendas, restaurantes... Preparar unha tenda ou restaurante con xoguetes e material que teñamos na casa. Pensar que imos vender, ou que pratos imos preparar, quen van ser os clientes (poden ser os nosos bonecos e peluches) e con que imos pagar. A imaxinación ao poder!

 

OPCIÓN FICHA

 

O MARTES é o día de inglés. Imos ver que novas actividades nos puxo a teacher Mariña en edmodo.com.

INGLÉS

 

MÉRCORES

*MÚSICA: que nos deixou esta semana o profe Javier?

MÚSICA

 

*RELIXIÓN/ATENCIÓN EDUCATIVA: e a profe Bea e a profe Montse?

 RELIXIÓN

ATENCIÓN EDUCATIVA

 

XOVES

-TAMAÑOS. Ordenamos por tamaños e verbalizamos (pequeno, mediano, grande, o máis pequeno, o máis grande, máis pequeño/grande que...) Algúns xa tedes xogos deste tipo na casa: torres, cubos, etc. Senón tedes, pódense ordenar obxectos cotiás, xoguetes ou os propios bonecos.

OPCIÓNS FICHA

*ACTIVIDADES TIC: un ratiño de actividades de actividades educativas co ordenador, tablet, móvil, robot...

RECURSOS TIC INFANTIL

 

VENRES

-MANUALIDADES CON PRATOS:

https://www.umamanualidades.com/platos-de-plastico/

https://www.pequeocio.com/manualidades-ninos-mascaras-platos-desechables/

 

CONTOS CONTADOS

Déixovos o enlace a un simpático conto chamado “Aquiles el puntito” que ademáis serve para recordar o esquema corporal e os sentidos. Nesta páxina, tedes ademáis outros moitos “contos contados”:

http://kalandraka.tv/es/seccion2.php?id=33&pagina=14#PD_Olalla%20Gonzlez%20y%20Marc%20Taeger%20-%20Aquiles%20el%20puntito

 

OPCIÓN FICHA

PROPOSTAS PARA ESTA SEMANA (1 - 5 XUÑO)

Tódolos días:

-escoitar música, cantar e bailar un pouquiño e facer actividades de movemento.

-Recordarlles que día da semana é, que número, que mes:

https://www.youtube.com/watch?v=v7mm8MC1MgY

-Tódalas semanas: xogar coas letras e co nome propio e o dos compañeiros/as. Tamén o podedes ampliar cos nomes da familia.

 

LUNS

ACTIVIDADE ESTAMOS CONECTAD@S: este mes é o cumpreanos da nosa amiga Mara. Imos facerlle un bonito debuxo para regalarlle polo seu cumpre.

 

OPCIÓN FICHA

 

*PSICOMOTRICIDADE: imos ver que nos deixou o profe Alberto esta semana.

EDUCACIÓN FÍSICA

 

 MARTES

-ACTIVIDADES MUSICAIS:

 

-ESTATUAS MUSICAIS:poñer música e parala de vez en cando. Mentres soa a música bailamos, cando cesa quedamos inmóbiles (este xogo o fixemos varias veces no cole).

 

-Meter en varios botes opacos elementos que soen de distinto xeito: ten que haber dous de cada. Por exemplo: dous botes de arroz, dous de xoguetes pequeniños, dous de parafusos ou outros obxectos metálicos. Deben axitalos e xuntar os que soan igual.

 

POUCOS/MOITOS: outra opción. Meter en dous botes o mesmo elemento en distintas cantidades. Por exemplo nun bote moito arroz, noutro pouco; nun bote moitos parafusos, noutro poucos. Descubrir polo son ao axitalos, en cales hai poucas cousas e en cales moitas.

 

-CON INSTRUMENTOS ou obxectos que teñamos na casa (botellas, envases, xoguetes...). Facer soar tres instrumentos e/ou obxectos. Vendarlles os ollos e tocar un de cada vez: deben adiviñar polo son de que instrumento/obxecto se trata e despois tocalo. (pódense engadir máis elementos se lles resulta moi sinxelo)

 

-A CANTAR E BAILAR en galego:

https://www.youtube.com/watch?v=oMmcstVxFoI (Isto báilase así: Uxía Lambona)

https://www.youtube.com/watch?v=CDdFdt2WUfE (Pousa: Uxía Lambona)

https://www.youtube.com/watch?v=F1e0wAcXcgw (Meu o mundo é: Paco Nogueiras)

https://www.youtube.com/watch?v=uj5BrY6aYog (Apertas que voan: Paco Nogueiras)

https://www.youtube.com/watch?v=PWQwmtn4PUo (Lúa: María Fumaca)

https://www.youtube.com/watch?v=yEhQr_ROsJ0 (Fun ao mercado: María Fumaca)

 

OPCIÓN FICHA

O MARTES é o día de inglés. Imos ver que novas actividades nos puxo a teacher Mariña en edmodo.com.

INGLÉS

 

MÉRCORES

*MÚSICA: que nos deixou esta semana o profe Javier?

MÚSICA

 

*RELIXIÓN/ATENCIÓN EDUCATIVA: e a profe Bea e a profe Montse?

 RELIXIÓN

ATENCIÓN EDUCATIVA

 

XOVES

-COLARES E/OU PULSEIRAS CON PASTA. Pintar pasta de cores e facer colares ou pulseiras con elas (traballase a motricidade fina, a coordinación óculo manual, a creatividade) Se ademáis as colocamos nunha orde concreta, por exemplo, decidimos facer un colar amarelo, laranxa e vermello, traballaremos ademáis as series.

https://historiasdepitufines.com/manualidades-con-pasta/

 

http://talleresenmiaula.blogspot.com/2014/04/collares-divertidos.html

 

OPCIÓN FICHA

 

*ACTIVIDADES TIC: un ratiño de actividades de actividades educativas co ordenador, tablet, móvil, robot...

RECURSOS TIC INFANTIL

 

VENRES

-Día Mundial do Medio Ambiente. Que cousas facedes na casa e no día a día para coidar do medio ambiente? Facer fincapé nelas (empregar bolsas reutilizables cando imos mercar, reciclar, gastar pouca auga, apagar as luces cando saímos dun cuarto...)

Un conto para este día: “Rana de tres ojos” e unha canción sobre o conto que coñecín noutro curso gracias a algunhas das miñas alumnas. Este ano ademáis destacámolo en

bilbiosinde relacionado coa educación ambiental na que levamos traballando todo o curso: @s nen@sson o futuro, que mellor que comezar agora para que poidan contribuir e desfrutar dun mundo mellor!

CONTO:

https://www.youtube.com/watch?v=L9DQIuZJ44M

 CANCIÓN:

https://www.youtube.com/watch?v=Kuhyjx-M6O4

 

OPCIÓN FICHA

ESTAMOS CONECTAD@S

Enlace ao conto SOPA VERDE:

BIBLIOSINDE

ESTAMOS CONECTAD@S

Aquí vos deixo a canción das letras e dos números (adxuntos)

PROPOSTAS PARA ESTA SEMANA (25 - 29 MAIO)

Tódolos días:

-escoitar música, cantar e bailar un pouquiño e facer actividades de movemento.

-Recordarlles que día da semana é, que número, que mes:

 https://www.youtube.com/watch?v=v7mm8MC1MgY

-Tódalas semanas: xogar coas letras e co nome propio e o dos compañeiros/as. Tamén o podedes ampliar cos nomes da familia.

 

Cando debuxedes, fagades fichas... recordade coller ben o lápis, os rotus ou as pinturas. Como dicimos no cole: CO PÍO PÍO!

 

LUNS

OS NÚMEROS: xogos con números e cantidades. Hai moitas posibilidades. Podemos lanzar un dado que teñamos por casa e pedirlles que traian tantos obxectos como lles indica o dado (neste caso facemos conxuntos e contamos do 1 ao 6).

Outra opción e poñerlles varios envases, cun número cada un: deben meter dentro tantos obxectos como indica o número (como sempre vos digo, comezamos do 0 ao 5,6 e despois segundo as posibilidades de cada un podemos engadir máis).

FONTE:http://aprendemosconlasntic.blogspot.com/2015/09/juego-para-aprender-relacionar-la.html

Este é un exemplo con tubos de cartón. Este está moi elaborado, pero con poñer un número a cada tubo ou envase e que eles metan dentro elementos que teñades por casa (paliños, pompóns, pezas de xogar, etc.) é suficiente.

OPCIÓN FICHA

Ligazóns vídeos e cancións con números:

https://www.youtube.com/watch?v=7KaeYdM-UhM (Aprende os números con Cuquin)

https://www.rtve.es/infantil/serie/educlan-3-5-anos/video/logica-matematicas-aprendiendo-escribir-numeros/5539060/ (Smile and Learn, adiviña os números e direción de escritura)

https://www.youtube.com/watch?v=IazjlsjMO_0 (do 1 ao 5 Babyradio)

https://www.youtube.com/watch?v=RUgkF_mbB7s (cancións números Pinkfong)

https://www.youtube.com/watch?v=kqNzrVo8Qzc (cancións números Littlebabybum)

 

*PSICOMOTRICIDADE: imos ver que nos deixou o profe Alberto esta semana.

EDUCACIÓN FÍSICA

 

MARTES

-EXPRESIÓN PLÁSTICA CON BASTONCIÑOS DOS OÍDOS e pintura. Con esta técnica pódese decorar unha árbore coas súas follas, facer flores, pintar, mandalas...

 

OPCIÓN FICHA: decorar un dos mandalas con esta técnica

 

O MARTES é o día de inglés. Imos ver que novas actividades nos puxo a teacher Mariña en edmodo.com.

INGLÉS

 

 

MÉRCORES

 

*MÚSICA: que nos deixou esta semana o profe Javier?

MÚSICA

 

*RELIXIÓN/ATENCIÓN EDUCATIVA: e a profe Bea e a profe Montse?

 

RELIXIÓN

ATENCIÓN EDUCATIVA

 

 

XOVES

-TEATRO DE SOMBRAS. Xogamos coas luces e as sombras outra vez? Esta vez cun teatro de sombras. Hai distintas opcións:

-Cun saba de cor branco colgada de xeito que vos poidades esconder detrás. Colocamos unha lanterna detrás da saba e nos movemos: podemos representar animais co noso corpo e os demáis adiviñar, achegarnos e alonxarnos para ver o efecto, mover distintos obxectos, representar un conto...

Se tedes papel celofán de cores na casa, se pode pegar un cachiño diante da lanterna e se verá todo de cor!

 

-Tamén se pode facer un pequeño teatro de sombras ou chinés, cun cartón e papel vexetal do que se utiliza para o forno. Recortando figuriñas e pegándolle un pao, xa temos as personaxes. Colocamos a lanterna na parte de atrás, apagamos as luces e... acción!

Podedes inventar o que queirades e facer personaxes sinxelas.

Se o preferides nestes enlaces tedes algúns exemplos e imprimibles:

ELMER

http://www.clubpequeslectores.com/2017/05/teataro-sombras-cuento-infantil-elmer.html

A PEQUENA EIRUGA LARPEIRA

http://itsplaytimeingles.blogspot.com/2014/07/the-very-hungry-caterpillar-shadow-story.html

 

E neste enlace un vídeo deste último conto contado co teatro de sombras:

https://www.youtube.com/watch?v=wFWcqD_5frI

 

OPCIÓN FICHA

 

*ACTIVIDADES TIC: un ratiño de actividades de actividades educativas co ordenador, tablet, móvil, robot...

RECURSOS TIC INFANTIL

 

 

VENRES

-PARELLAS: igual/diferente. Votamos unha partida ao memory? Moitos xa tedes este xogo na casa, pero se non, se pode facer algún sinxelo e a xogar!

Tamén podemos buscar por casa cousas iguais. Por exemplo: colocamos varias cousas nunha mesa das que sabedes que teñen outra igual entre os seus xoguetes: a buscar a parella de cada unha delas!

Tamén vale xuntar calcetíns como xa vimos facer a algunha compañeira!

OPCIÓN FICHA

ESTAMOS CONECTAD@S

Aquí tedes as fotos das actividades da semana pasada e un vídeo de Laura formando os nomes dalgúns dos compis coas súas letras. Moi ben tod@s!

AS PITAS BAIXO A CHUVIA

Déixovos a ligazón deste conto de Ricardo Carvalho Calero representado con proxector de luz e area, publicado polo Concello do Rosal:

AS PITAS BAIXO A CHUVIA

FICHAS

ESTAMOS CONECTAD@S

Aquí están as fotos das actividades da semana anterior e actividades compartidas polas familias.

Nos vídeos de esta semana: aprendemos un xogo con Roque e unha representación de teatro con Martín e os seus colaboradores!!

Moitas grazas a tod@s!!

PROPOSTAS PARA ESTA SEMANA (18 - 22 MAIO)

Tódolos días:

-escoitar música, cantar e bailar un pouquiño e facer actividades de movemento.

-Recordarlles que día da semana é, que número, que mes:

 https://www.youtube.com/watch?v=v7mm8MC1MgY

-Tódalas semanas: xogar coas letras e co nome propio e o dos compañeiros/as.

 

LUNS

OS NOMES: actividadeESTAMOSCONECTAD@S. Seguimos co noso nome e o dos compañeiros/as. Esta semana imos contar as letras que ten cada un e segundo o número de letras os clasificamos en curtos (4 letras), medianos (5 letras) ou longos (6 letras).

Podemos poñerlles os números nun papel, na mesa, no chan, etc. e que vaian colocando cada nome no lugar en que lle corresponda: os que fixestes os nomes da semana pasada xa podedes utilizar o voso material para esta actividade.

*PSICOMOTRICIDADE: imos ver que nos deixou o profe Alberto esta semana.

EDUCACIÓN FÍSICA

 

MARTES

-BIBLIOSINDE. Hoxe en bibliosinde: Iker, Laia e Paula! Os contos de Iker e Laia xa os vistes en primicia. Agora tócalle a Paula con: “¿De qué color es un beso?”

Vos fago esta proposta para traballar a partir deste precioso conto:

-Preguntarlles aos nenos/as: que é un bico? A quen lle dan bicos e por qué? De qué cor é para eles un bico? Ou ten distintas cores segundo a quen llo demos?

-Facemos nun papel bicos de cores (repasamos as cores). Podemos preparalos como aparece na imaxe colocándolle un paliño como e mirarnos diante do espello cos bicos de cores, ou facer un memory de bicos de cores...

-Outra opción cos bicos que fagades, é que funcionen como “vales”; é dicir, regalarllos a quen eles/as queiran (nais, pais, irmás, irmáns, avós, avoas, primos...) para que llos den cando queiran pedirlles un bico. Tamén llos podedes regalar vós a eles para que vos pidan o bico a vós (educación emocional).

-Unha última opción sería pintar os labios e encher un folio ou cartulina con bicos. Incluso se pode decorar con purpurina ou outros detalles e regalarllo a alguén a quen queiran.

E dende logo, vale calquera actividade que se vos ocorra relacionada co conto.

BIBLIOSINDE

Ligazón ao conto completo en youtube:

https://www.youtube.com/watch?v=CIKFB3Pbx00

BICOS DE CORES PARA VÓS!

 

O MARTES é o día de inglés. Imos ver que novas actividades nos puxo a teacher Mariña en edmodo.com.

INGLÉS

 

MÉRCORES

*MÚSICA: que nos deixou esta semana o profe Javier?

MÚSICA

 

*RELIXIÓN/ATENCIÓN EDUCATIVA: e a profe Bea e a profe Montse?

RELIXIÓN

ATENCIÓN EDUCATIVA

 

XOVES

-NÚMERO E CANTIDADE. Xogo de cartas: repartimos as cartas con cantidades do un ao cinco. En cada tirada, os xogadores por turnos escollen unha carta e bótana enriba da mesa: ¿quén botou a carta máis alta? É o que gaña a partida e recolle tódalas cartas.

Ao final do xogo gaña o que teña máis cartas.

Tamén se pode facer sen mirar as cartas: con tódalas cartas boca abaixo, botar unha ao azar e ver quen lanzou a máis alta. E noutra partida cambiar os criterios: que gañe o que bote a carta máis baixa en lugar da máis alta.

Senón tedes barallas, unha forma moi sinxela de facer unha é recortando rectángulos e colocando dentro 1,2,3,4,5 pegatinas ou debuxiños.

Eu vos aconsello comezar cos números do 1 ao 5, pero máis adiante se poden incorporar cartas de maior número.

http://rincondeunamaestra.blogspot.com/2016/03/el-juego-de-el-unillo.html?m=1

Neste blogue tedes un xogo de cartas para imprimir e ademáis un vídeo curtiño dun xogo de cartas feito con nenas e nenos de 3 anos ao que chaman “el unillo” en lugar do tradicional “cinquillo”.

Consiste en colocar as cartas do número 1 enriba da mesa, despois por turnos, vemos se temos un dous para poder colocalo enriba do 1, despois o 3 o 4 e o 5. Se diferencia ademáis entre distintas cores. O gañador/a é o primeiro que queda sen cartas.

Tamén se pode facer xogos de xuntar parellas, etc. As podedes utilizar en diversas ocasións e con distintas finalidades. Se tedes unha baralla de cartas normal tamén vale, diferenciando entre os distintos palos da baralla.

 

*ACTIVIDADES TIC: un ratiño de actividades de actividades educativas co ordenador, tablet, móvil, robot...

Tódolos anos seminariogalan.org publica actividades relacionadas coas letras galegas. Este ano publicou actividades interactivas, das que vos deixo a ligazón para 4º de infantil. Están ben, pero teríades que axudarlles a facelas, porque son complexas para que as fagan eles soíños.

http://seminariogalan.org/inicio/ver/460

 RECURSOS TIC INFANTIL

 

VENRES

-PINTAMOS COAS MANS E OS DEDOS. Como vos gusta pintar as mans!

A imaxinación ao poder! Déixovos algúns exemplos:

COS DEDOS

https://twitter.com/CentroHB/status/723049696692936704

COAS MANS

https://www.craftymorning.com/fun-zoo-animal-handprint-crafts-kids/

COS PÉS!

https://www.smartschoolhouse.com/diy-crafts/hand-footprint-art-ideas?fbclid=IwAR0MqI0VXn6NGOeiJoW8UdXb9xrkISJH0-CK_IYiIi96SxkTm9Lr4CAuw74

ACTIVIDADE DÍA DAS LETRAS GALEGAS CONCELLO

 Aquí vos deixo a proposta para a celebración do Día das Letras Galegas do Concello de A Guarda

 

PROPOSTAS PARA ESTA SEMANA (11 - 15 MAIO)

Tódolos días:

-escoitar música, cantar e bailar un pouquiño e facer actividades de movemento.

-Recordarlles que día da semana é, que número, que mes:

https://www.youtube.com/watch?v=v7mm8MC1MgY

 

LUNS

OS NOMES: actividade ESTAMOSCONECTAD@S.

Cada día no cole, a encargada/o pasaba lista e repartía os manteis. Moitos dos nenos/as xa recoñecían o nome dos compañeiros e compañeiras sen necesidade de ver a foto.

-Preparamos unha lista cos nomes das nenas e nenos da aula. A primeira letra podemos poñela nunha cor diferente as demais para destacala: é a inicial do nome.

As poñemos boca abaixo e unha a unha, a nena/o a levanta e dí de quen é o nome. Os que fixestes a caixa das sorpresas tamén podedes sacarlle partido e meter os nomes dentro.

 

Déixovos máis abaixo un pdf adxunto cos nomes e as letras por se os que tedes impresora os queredes imprimir. Senón sería bo escribilos nun cartón (dunha caixa de cereais ou galletas) para que sexa máis resistente e duradeiro.

Tamén vos deixo un vídeo adxunto cos nomes e fotos das compañeiras/os. Nas fotos aparecen cun chaleco salvavidas e un gorro que nos trouxeron os pais de Martín para o proxecto do mar: seguro que lles fai gracia verse así!

 

-Para seguir traballando coa lecto-escritura a través dos nomes, preparamos tamén as letras separadas para construir os nomes, como aparece na fotografía. Se as facedes en cadrados, os propios nenos/as os poden recortar.

Tamén poden repasar as letras con rotuladores ou pinturas para traballar a grafía.

Se na casa tedes letras para xogar, xa poden facer a actividade con elas.

(recordade que de momento, en xeral, precisarán ter o modelo diante: é dicir ter o nome completo para ir identificando cada letra e colocándoa no seu lugar)

Estas actividades se poden facer en varios días (é moito para unha mesma xornada) e repetilas para que asimilen as aprendizaxes. É posible que despois de tanto tempo se lles esquecera, pero facéndoo varias veces seguro que o recordan enseguida.

 

Explícovos como facíamos no cole por se alguén o quere facer na casa (esta parte da rutina encantáballes, non perdoaban que nos saltáramos nin un paso):

-Miramos na lista de encargados a quen lle toca ese día.

-Eles din asletras unha a unha e eu as escribo indicando o son que fai cada unha (na casa poden eles tentar copialas)

-O encargado/a e o seu axudante, buscan entre as letras do abecedario as que corresponden ao nome e as colocaban debaixo (vemos se algunha se repite)

-Contamos as letras do nome e escribimos a cantidade nun cadrado.

-Despois vemos cántos aplausos (sílabas) ten o nome. Por exemplo: MA – RA (2)

-Facemos unha “ola” por cada sílaba e sumamos 1 + 1 = 2 (case todos teñen dúas)

-Escribimos o número dentro dun círculo.

Powered by Drupal - Design by artinet