Documentación para as familias

Documentos Matrícula

 

Solicitude de admisión

Impreso de solicitude, anexo II

 

Formalización de matrícula

Documentación necesaria:

Impreso de formalización

Certificado médico

Fotocopia da tarxeta sanitaria

Fotocopia das vacinas

Información sobre os piollos

 

No seguinte gráfico tedes información do Ministerio de Sanidade sobre prevencións contra os piollos:consellos ministerio

e na seguinte ligazón hai información do Sergas sobre como combatelos.

Información sobre Abalar Móbil

 
 
É moi importante ter activadas as notificacións. No seguinte vídeo explícase como:
 

Reclamación ás cualificacións finais

As persoas titoras realizarán unha reunión coa familia na que explicarán a evolución do alumnado e as cualificacións obtidas. As familias poderán solicitar cantas aclaracións consideren precisas no referente ás cualificacións das súas fillas ou fillos se existe un desacordo coas mesmas. No caso de que, tralas aclaracións, persista o desacordo poderán presentar unha reclamación por escrito no prazo de dous días hábiles seguintes á comunicación das notas. Na seguinte ligazón está dispoñible o calendario de reclamacións. Para isto poden empregar o modelo de reclamación dispoñible tanto na web do centro coma na secretaría do mesmo.

Unha vez sexa resolta a reclamación, esta será comunicada á familia. En caso de que continúe o desacordo, a familia poderá presentar reclamación escrita ante a Xefatura Territorial correspondente que será entregada no centro.


Nos documentos adxuntos (baixo o corpo da noticia) hai modelos de reclamación ante o centro ou ante a Xefatura Territorial.

Ligazóns á lexislación aplicable:

Orde do 2 de marzo de 2021

Circular 1/2022 da Secretaría Xeral de Educación e FP pola que se precisan aspectos da Orde do 2 de marzo de 2021.

Orde do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet