3º de primaria

Solucionario

Adxúntovos as solucións dos problemas e da comprensión lectora para que poidan correxir as tarefas.

Nos problemas que hai que facer restas puxen ambas posibilidades de solución (método tradicional e por descomposición en árbore) Esta última pódese facer descompoñendo os números de diferentes maneiras. Por iso que da igual se non teñen o mesmo proceso co meu; mentras o resultado sexa correcto, calquer proceso é válido. 

- Solución dos problemas

- Solución comprensión lectora

Traballo para o venres 17

Despois de facer, ao longo da semana, tarefas relacionadas coas linguas, matemáticas e plástica, para mañá, propóñovos facer un experimento.

A continuación, comparto con vós diferentes ligazóns con ideas. Tedes que facer un, non é necesario que sexa un dos que aparecen nesas ligazóns; pode ser un que vós queirades. Para maior seguridade, facer o experimento con axuda dun adulto. Cando o fagades, quitar alguna foto do proceso e enviala ao meu correo.

 

https://www.youtube.com/watch?v=g7km1n0xYTY

https://www.youtube.com/watch?v=ho0o7H6dXSU&feature=emb_logo

-  https://explorable.com/es/experimento-para-crear-un-arco-iris

https://www.youtube.com/watch?v=fcs9j6XjWfw

 

.

 

 

Traballo para o xoves 16

Ola familias,

para mañá, a tarefa que vos propoño, é unha actividade que se vai a levar a cabo dende todo o cole. 

Dado a gran colaboración por parte do GES (Grupo de Emerxencias Supramunicipal) para achegarvos os libros ás casas, gustaríanos que os cativos lle fixeran un debuxo para poder agradecerlle así a súa axuda. Cando teñades o debuxo só tedes que quitarlle unha foto e enviarma ao meu correo. O prazo máximo é o mércores 22. 

Agardo a vosa participación!

 

 

Traballo para o mércores 15

A continuación, podedes descargar a actividade a realizar:

-Comprensión lectora

 

Traballo para o martes 14

Os adjunto las dos tareas para el martes 14.

- Problemas

- Escritura creativa

Traballo para a semana do 30 ao 3

A continuación adxunto as tarefas da semana

Luns

Martes

Mércores

Xoves

Venres

Traballo para semana do 23 ao 27 de marzo

A continuación achégase o traballo para os próximos días:

Luns 23

Martes 24

Mércores 25

Xoves 26

Venres 27

Traballo martes 17 e mércores 18

Na seguinte ligazón tedes indicacións para os días 17 e 18.

Fai click aquí

ENTROIDO 2020

A continuación tedes un video resumo do entroido deste ano.

FESTIVAL DE NADAL

FOTOS DO FESTIVAL DE NADAL 2019

A continuación tedes algunhas das actuacións do festival de Nadal do Sinde

(En algúns navegadores non permite o seu visionado. Ademais é preciso Adobe Flash Player)

1º de primaria "DE ELLOS APRENDÍ"

Segundo bailou "Vivir"

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

 

 

Para conmemorar o Día da Discapacidade, no centro fixéronse distintas actividades nas que se tentou concienciar ao alumnado do significado de discapacidade e das posibilidades e necesidades que estas persoas teñen.

Dúas monitoras de GOGAMI, coa axuda do profesorado, realizaron unha xincana inclusiva para as nenas e os nenos de Primaria. Para o alumnado de infantil foron Nerea e Alberto quenes fixeron actividades similares. Velaí un pequeno resumo:

 

 

 

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

O pasado luns día 25 de novembro manifestamos a nosa repulsa cara á violencia contra as mulleres facendo un lazo negro humano e cantando La puerta violeta de Rozalén.

Despois Bea e Valentina escenificaron o conto Daniela Pirata.

Por último, este mércores tivemos en BiblioSinde a Pedro Brandariz que nos fixo un contacontos titulado Non máis princesas.

 

Folga do clima

O alumnado do Sinde foi ao Castelo de Santa Cruz en apoio da Folga Mundial polo Clima. Alí, en convivencia co alumnado doutros centros, leron un manifesto, cantaron unha canción e plantaron landras en zapatos.

Unha semana completiña

 

A pasada semana foi completiña no noso centro. Inauguramos BiblioSinde, fixemos unha plantación no Castelo de Santa Cruz por mor da Folga mundial do medio ambiente e o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º recibiu unha charla dos adestradores do Atlético Guardés.

Podedes ter máis información facendo click nas ligazóns destacadas noutra cor.

Powered by Drupal - Design by artinet