Sesión para 1º e 2º Primaria

Ola a tod@s.

Esta é a segunda sesión de EF da semana que vai do 25 ao 29 de maio. Necesitamos unha habitación cunha zona despexada de obstáculos e unha alfombra mediana ou grande. Esta sesión consta de dúas partes:

1) quecemento, dar 5 voltas trotando en círculo no sentido das agullas do reloxo, arrastrarse polo chan cruzando a habitación, dar 5 voltas trotando no sentido contrario ás agullas do reloxo  (repetir este conxunto varias veces);

2) acrosport en familia, para facer estes exercicios necesitamos descalzarnos, que nos axude un adulto e seguir con moita atención o seguinte vídeo para realizar sobre a alfombra os exercicios que máis vos gusten e que aparecen aquí    https://youtu.be/YziCw1eRGCc

Saúdos.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet