Sesión de EF para 1º e 2º de Primaria

Ola a tod@s.

Esta é a primeira sesión de EF da semana que vai do 1 ao 5 de xuño. Imos desenvolvela nunha habitación da nosa casa e o material que imos empregar é cinta adhesiva de embalar, folios reciclados (usados) e un antefaz. A sesión consta dunha primeira parte de quecemento e de tres xogos:

1) necesitamos da colaboración doutra persoa para facer o xogo do espello, no que un vai facendo distintos movementos sen saír do sitio e o outro ten que imitalo (intercambiando despois as funcións);

2) marcamos no chan coa cinta adhesiva un cadrado grande que ten dentro catro cadrados máis pequenos cun número dentro de cada un deles e temos que comezar saltando dende fóra a dentro dun deles dicindo en voz alta o número que hai dentro, a outra persoa que nos acompaña fai o mesmo pero salta ademais un cadrado máis, nós repetimos os seus saltos e engadimos un máis e así sucesivamente (é un xogo de saltos coas pernas xuntas e de memoria);

3) colocamos os folios reciclados no chan formando varias liñas rectas, colocamos o antefaz e a persoa que nos acompaña vai guiándonos (se nos toca na cabeza damos un paso adiante, se nos toca no ombro dereito damos un paso á dereita e se nos toca no ombro esquerdo damos un paso á esquerda), despois cambiamos os papeis.

O seguinte vídeo axudaranos a entendelo todo mellor   https://youtu.be/aiLelnivBGo

Saúdos.

Powered by Drupal - Design by artinet