Sesión de EF para 3º,4º,5º e 6º Primaria

Ola a tod@s.

Esta é a primeira sesión de EF da semana que vai do 8 ao 12 de xuño. Podemos desenvolvela no salón da nosa casa. O material que necesitamos son 5 pelotiñas, 5 calcetíns para envolver as pelotiñas, 10 rolos de papel hixiénico, cinta adhesiva, 3 cestos de distintos tamaños, cintas de plástico para construír unha indiaka coa axuda dun adulto (collemos as cintas de plástico e pegámolas nunha pelotiña coa cinta adhesiva), 5 vasos de plástico e 5 canicas.

Trátase dunha sesión de lanzamentos e recepcións que temos que realizar seguindo con atención o seguinte vídeo   https://youtu.be/PQgJFDhK7TI

Saúdos.

Powered by Drupal - Design by artinet