Sesión para Infantil, 1º e 2º Primaria

Ola a tod@s.

Esta é a primeira sesión de EF da semana que vai do 8 ao 12 de xuño. Podémola realizar no salón da nosa casa, pero necesitamos que nos axude un adulto nalgúns exercicios. O material que imos empregar son 3 bolsas de plástico, varias botellas de plástico, balóns e pelotas de distintos tamaños, varios peluches, varios folios usados para facer avións de papel coa axuda do adulto e 2 cestos de recoller a roupa.

Trátase dunha sesión de lanzamentos e recepcións de distintos obxectos, que temos que realizar seguindo con moita atención o seguinte vídeo https://youtu.be/s4DTDV3J1hk

Saúdos.

Powered by Drupal - Design by artinet