RECOLLIDA DE MATERIAL E BOLETÍNS, DEVOLUCIÓN DE LIBROS DO FONDO SOLIDARIO

A próxima semana farase a entrega de material e boletíns para todo o alumnado e a devolución dos libros de texto fondo solidario dos cursos entre 3º e 6º de Primaria nas seguintes datas:

  • Luns 22: 3 anos, 4º e 6º de Primaria
  • Martes 23: 4 anos, 1º e 5º de Primaria
  • Xoves 25: 5 anos, 2º e 3º de Primaria

Debe acudir só unha persoa adulta seguindo as medidas de seguridade habituais (distanciamento social, uso de máscara facial, hixiene de mans). Non é recomendable que acudan nenos e nenas para evitar aglomeracións.

Accederase ao centro pola porta principal e acudirase ás aulas de cada curso para a recollida de material e dos boletíns de cualificacións. A devolución dos libros de texto do fondo solidario realizarase na biblioteca.

A saída do centro efectuarase polas portas traseiras máis próximas á aula do alumnado.

Powered by Drupal - Design by artinet