Fondo solidario de libros de texto e axudas para material escolar

Aberto o prazo para a solicitude de participación no fondo de libros e nas axudas para a adquisición de libros e material escolar desde o 19 de maio ata o 22 de xuño.

Presentarase unha única solicitude para todas as fillas e fillos matriculados no centro.

A solicitude será única para todos os fillos que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2022/23, e nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no citado curso. Se estivesen admitidos en centros docentes distintos, presentarase unha solicitude en cada un dos centros, na que se incluirán os admitidos nese centro para o curso 2022/23. No caso de que a solicitude se
tramite por vía electrónica empregando a aplicación fondolibros, será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno aínda que estean no mesmo centro.

Ademais da presentación presencial no centro, igual que no curso anterior, os cidadáns e cidadás poderán realizar a solicitude accedendo á aplicación Fondolibros, e unha vez que teñan cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo así o número de solicitude, e posteriormente poderán optar polas seguintes formas de presentación:
•Presentación no centro: Neste caso imprimirán a solicitude e o anexo II e presentarana no centro
(debidamente asinada), xunto coa documentación (A solicitude xa terá asignado un número pola
aplicación).
•Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia

Documentación complementaria
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).
b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.

c) Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.
d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, cando o agresor forme parte da unidade familiar.
e) Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI e NIE

 

Toda a información na ligazón á orde.

 

Anexos I e II dispoñibles nos ficheiros adxuntos e na secretaría do centro.

 

 

 

AdxuntoTamaño
anexoI.pdf1.54 MB
anexoII.pdf990.25 KB

Powered by Drupal - Design by artinet