Fala o Sinde 2016

 

 

EXCURSIÓN A MANZANEDA

OS/AS ALUMNOS/AS DE 5º E 6º DE PRIMARIA MARCHARON HOXE DE EXCURSIÓN Á ESTACIÓN DE MONTAÑA DE MANZANEDA.ESTARÁN ALÍ ATA O VENRES, ESPERAMOS QUE DISFRUTEN DESTA EXPERIENCIA.

E O ÚLTIMO DÍA CHOVEU... ( FOTOS)

 

 

TROBADORES POLA RÚA

O VENRES CUN BONITO DÍA DE SOL, O ALUMNADO SAÍU Á RÚA A RECITAR POESÍA PARA CONMEMORAR O DÍA DA POESÍA E O TEATRO.
NO CENTRO DE SAÚDE,NA PRAZA DE ABASTOS,NA PRAZA DO RELÓ E EN OUTRAS RÚAS DA VILA OS NENOS E NENAS DO SINDE RECITARON POEMAS DE MANUEL MARÍA,DE ROSALÍA DE CASTRO E OUTROS AUTORES.
TROBADORES POLA RÚA - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

XORNADA DE CONVIVENCIA CO SAN XEROME EMILIANI

O XOVES 17 DE MARZO O  ALUMNADO DE 5º DE PRIMARIA PARTICIPOU NUNHA XORNADA DE CONVIVENCIA COS ALUMNOS DE  SAN XEROME EMILIANI COMPARTINDO ACTIVIDADES EN HOMENAXE A PINTORA GUARDESA E ALUMNA DO CENTRO AMPARO FERREIRA AMEAL. UNHA BONITA XORNADA QUE ESPERAMOS SE REPITA CANDO OS ALUMNOS/AS DO CENTRO SAN XEROME NOS VISITEN.

QUEDA AQUÍ UNHA MOSTRA DA VISITA.MOITAS GRACIAS.

 
     

Manuel María

O alumnado de 4º de primaria homenaxea a Manuel María con esta canción.

VISITA AOS PETROGLIFOS DO GHORGHALADO

O alumnado de 3º e 4º de primaria como actividade complementaria ao proxecto das Espirais que estamos traballando, visitaron os petroglifos do Ghorghalado na parroquia das Eiras.

                           

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

ENTROIDO 2016

SAMANA DA PAZ

Durante esta semana no centro realizáronse actividades para celebrar a Paz: Cariñogramas nas aulas, palabras para a espiral da Paz, gravación do Libdub, en plástica fixéronse as viseiras e en música preparouse a canción "Quen puidera namorala " na versión de Luis Emilio Batallán.

Todo esto culminou na celebración o día 29 de xaneiro,  coa proxección do libdub e no patio do colexio coa espiral da Paz para cantar todos xuntos a canción "Quen puidera namorala".

  VIDEO DA ESPIRAL DE QUEN PUIDERA NAMORALA

 
     

LIPDUB DO DÍA DA PAZ

A PAZ COMEZA CUN SORRISO, POR ISO SOMOS UNHA ESPIRAL DE ALEGRÍA.

Fermoso lipdub no que, coa coordinación do San Xerome, participamos todos os centros escolares de A Guarda para conmemorar o Día escolar pola paz.

FESTIVAL DE NADAL 2015

Coma tódolos anos, no cole celebramos un fermoso festival de Nadal. A continuación podedes ver as nosas actuacións, facede click para ver os vídeos:

Infantil: Caperucita Navidad (1ª parte)

Infantil: Caperucita Navidad (2ª parte)

 Infantil: Caperucita Navidad (3ª parte)

 

 

1º de primaria: A festa do Belén

 

 

4º de primaria: Nana

3º e 4º de primaria: Nadal polo mundo e Por entre as silveiras

Laura e María Baz (4º): Labradas en Fozara

Uxía, Borja e Marcos (5º e 6º): Campanitas

Marta e Sabela (4º): Himno da alegría

2º de primaria: Los peces en el río  e Seguiremos

6º de primaria: Noite de paz

 

5º de primaria: Navidad rock

 

FESTA DE NADAL 2015

Powered by Drupal - Design by artinet