Mochila viaxeira 2023/2024 en 2º de Ed. Primaria

Ao longo do curso 2023/2024, volvemos implementar na aula de 2º de Educación Primaria o programa de Mochilas viaxeiras que se promove desde Bibliotecas escolares de Galicia.

Estas mochilas ofreceron aos estudantes a oportunidade de levar o seu contido durante unha semana para compartir coas súas familias. O material foi seleccionado coidadosamente polo titor e a mestra de lingua, coa supervisión da biblioteca, asegurando unha ampla variedade de textos e formatos en galego e castelán para que os nenos e nenas tiveran opcións diversificadas.

Cada mochila contiña un libro en galego, outro en castelán e unha revista, e ao comezo de cada trimestre renováronse os materiais para manter o interese e a variedade.

Ademais, ambas mochilas ían acompañadas de "O diario da mochila", onde tanto os nenos como as súas familias podían expresar as súas opinións, crear novas obras, debuxar e facer suxestións sobre o contido da mochila e os libros lidos.

Esta iniciativa resultou ser moi divertida para a maioría das familias, promovendo a interacción e o vínculo entre todos os seus membros, enriquecendo así a experiencia de aprendizaxe e lectura.

Podedes atopar unha selección dos traballos realizados polo alumnado no diario da mochila na seguinte ligazón: