Skip to Content

LISTAXES DEFINITIVAS DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS 2021 - 2022

As LISTAXES DEFINITVAS de admitidos/as do Fondo de Libros poderán consultarse dende hoxe, 02 de xullo, no taboleiro de entrada do colexio e na aplicación FondoLibros.

A entrega de vales será o 05 e 06 de xullo en horario de 10 a 13h.

Os libros adxudicados serán entregados  en setembro.

LISTAXES PROVISIONAIS DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS 2021 - 2022

As LISTAXES PROVISIONAIS de admitidos/as do Fondo de Libros poderán consultarse dende hoxe, 28 de xuño, no taboleiro de entrada do colexio e na aplicación FondoLibros.

O prazo de reclamación a estas listaxes é o 29 e 30 de xuño.

As listaxes definitivas serán publicadas o 02 de xullo.

As listaxes de beneficiarios/as dos VALES para a adquisición de libros de texto e/ou material non se publicará (segundo a Lei de protección de datos) e poderán ser consultadas na administración do centro ou de maneira telefónica no horario de 10 a 13h.

A entrega de vales será o 05 e 06 de xullo en horario de 10 a 13h.

MATRÍCULA 2021 - 2022

O alumnado admitido deberá formalizar matrícula na Secretaría do centro do 20 ao 30 de xuño (de 10:00 a 13:00h) previa cita.

Documentación a entregar no caso de que non se teña presentado coa solicitude de praza:

  • 6 fotografías tamaño carné
  • Copia da cartilla de vacinación ou informe médico
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria
  • Fotocopia do Libro de Familia
  • Padrón municipal
  • No caso de separación ou divorcio, fotocopia da sentenza xudicial na que figure quen ten outorgada a garda e custodia
  • Certificado de matrícula do centro de procedencia (no caso de estar escolarizado noutro centro)

Se finaliza o prazo de matrícula e non se tivese formalizado esta, teráselle por decaído o dereito á praza obtida (art. 40.2a e 40.3).

Impreso de matrícula

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS 2021 - 2022

No DOG do xoves 20 de maio de 2021 publícase a convocatoria do FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, así como a convocatoria de axudas para mercar os libros de 1º e 2º de Educación Primaria e tamén para material escolar na etapa de Primaria para o vindeiro curso.

O prazo está aberto dende o 21 de maio ata o martes 22 de XUÑO de 2021.

A presentación da solicitude única (libros e materiais) farase preferentemente a través de medios electrónicos nos seguintes enlaces:  FONDO DE LIBROS e SEDE ELECTRÓNICA da Xunta de Galicia. Tamén pode presentarse na secretaría do centro BAIXO CITA PREVIA no horario de 10:00 a 13:00h.

A atención será individualizada. Só se permitirá o acceso ao centro educativo, para a realización do trámite administrativo, a unha soa persoa.

Para evitar viaxes innecesarias ao centro é importante que revisen que tanto a documentación coma as  sinaturas de todos os membros computables da unidade familiar estean completas.

Anexo I e II

Cirucular Informativa

LISTAXES DEFINITIVAS DO PROCESO DE ADMISIÓN 2021 - 2022

Hoxe, martes 11 de maio, procedemos á publicación das LISTAXES DEFINITVAS de admitidos/as e non admitidos/as para o curso 2021-2022. 

 Estas listaxes poden consultarse no taboleiro interior do centro ou telematicamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a CHAVE 365 ou certificado dixital. Seguindo instrucións da Xefatura Territorial estas listaxes non poder ser publicadas na páxina web do centro.

O prazo de formalización da matrícula será do 20 ao 30 de xuño. Se finalizado este prazo non se formalizara a matrícula decaerá o dereito á praza obtida.

Para calquera dúbida ou aclaración poden dirixirse ao centro vía telefónica.

DÍA NON LECTIVO

Tal e como comunicamos a semana pasada a través de Abalar lembramos que o vindeiro venres 14 de maio foi autorizado pola Xefatura Territorial como día non lectivo. 

SOLICITUDE DE TRANSPORTE ESCOLAR 2021-2022

Segundo a normativa vixente, o servizo de transporte escolar debe solicitarse cada ano.

O prazo de solicitude para que o alumnado do centro poda facer uso do transporte durante o curso 2021-2022 estará aberto ENTRE O 5 DE MARIO E O 25 DE MAIO, AMBOS INCLUSIVE.

NON SE ADMITIRÁN NOVAS SOLICITUDES FÓRA DESTE PRAZO.

Unha vez cubertas e asinadas as solicitudes poden ENTREGARSE A CADA TITOR OU TITORA ou directamente na secretaría do centro (baixo previa cita).

A non solicitude en tempo e forma implicará que o alumnado non poderá utilizar o servizo no curso seguinte, aínda que se trate dun/dunha usuario/a lexítimo/a.

As autorizacións excepcionais só teñen validez durante un curso.

LEMBRAMOS QUE O NON USO DO TRANSPORTE DE XEITO CONTINUADO PODE IMPLICAR A PERDA DA CONDICIÓN DE USUARIO/A.

Tamén poderán recoller o impreso de solicitude na conserxería do centro, na secretaría ou descargalo na páxina web do colexio.

As listaxes provisionais de alumnado admitido e excluido no servizo de transporte publicaranse no mes de setembro.

O alumnado de nova incorporación para o vindeiro curso 2021-2022 poderá solicitar transporte no momento de formalización da matrícula do 20 o 30 de xuño.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut