Skip to Content

LISTAXES PROVISIONAIS DE TRANSPORTE ESCOLAR PARA O CURSO 2022-2023

O prazo de reclamacións será de 02 ao 06 de setembro ambos os dous incluídos e presentarase na secretaría do centro.As listaxes definitivas serán publicadas o día 7 de setembro.

LISTAXES TRANSPORTE ESCOLAR 2022-2023

Datas de interese:

  • Publicación das listaxes provisionais: XOVES 01 de setembro
  • Prazo de reclamación: do VENRES 02 de setembro ao MARTES 06 de setembro ambos os dous incluídos.
  • Publicación das listaxes definitivas: MÉRCORES  07 de setembro

ENTREGA DE LIBROS DO FONDO SOLIDARIO E VALES

A entrega dos libros adxudicados polo fondo de libros así coma dos vales que non foron recollidos no mes de xullo realizarase o MARTES 06 de setembro nos horarios e espazos que figuran no documento anexo:

MATRÍCULA 2022 - 2023

O alumnado admitido deberá formalizar matrícula na Secretaría do centro do 20 ao 30 de xuño en horario de luns a venres de 9:15 a 11:00 e de 12:00 a 13:30 e os luns de 16:00 a 18:00 horas. 

Documentación a entregar no caso de que non se teña presentado coa solicitude de praza:

  • Impreso de matrícula
  • 6 fotografías tamaño carné
  • Copia da cartilla de vacinación ou informe médico
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria
  • Fotocopia do Libro de Familia
  • Padrón municipal
  • No caso de separación ou divorcio, fotocopia da sentenza xudicial na que figure quen ten outorgada a garda e custodia
  • Certificado de matrícula do centro de procedencia (no caso de estar escolarizado noutro centro)

Se finaliza o prazo de matrícula e non se tivese formalizado esta, teráselle por decaído o dereito á praza obtida (art. 40.2a e 40.3).

TRANSPORTE ESCOLAR 2022 - 2023

Segundo a normativa vixente, o servizo de transporte escolar debe solicitarse cada ano.

O prazo de solicitude para que o alumnado do centro poda facer uso do transporte durante o curso 2022-23 estará aberto entre o 10 e o 27 de xuño, ambos inclusive. Non se admitirán novas solicitudes fóra deste prazo.

Unha vez cubertas e asinadas as solicitudes poden entregarse a cada titor ou titora ou directamente na secretaría do centro.

A non solicitude en tempo e forma implicará que o alumnado non poderá utilizar o servizo no curso seguinte, aínda que se trate dun/dunha usuario/a lexítimo/a. As autorizacións excepcionais só teñen validez durante un curso.

Tamén poderán recoller o impreso de solicitude na conserxería do Centro, na secretaría ou descargala da páxina web do centro.

As listaxes provisionais do alumnado admitido e excluído no servizo de transporte publicaranse antes do 5 de setembro na páxina web do centro e nos taboleiros do mesmo.

 

BOLSAS E AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO. MEC 2022- 2023

O mércores 18 de maio publicouse no BOE a convocatoria de axudas para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso 2022-2023. Na seguinte ligazón poden acceder á información e tramitación das mesmas: 

https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/deportivas/necesidad-especifica-apoyo-educativo.html

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2022 -2023

 

No DOG do mércores 18 de maio publícase a convocatoria do FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, así como a convocatoria de axudas para mercar os libros de 1º e 2º de Educación Primaria e tamén para material escolar na etapa de Primaria para o vindeiro curso.
A presentación da solicitude única (libros e materiais) farase preferentemente a través de medios electrónicos nos seguintes enlaces:  FONDO DE LIBROS e SEDE ELECTRÓNICA da Xunta de Galicia. Tamén pode presentarse na secretaría do centro en horario de luns a venres de 9:15 a 11:00h e de 12:00 a 13:30h e os luns de 16:00 a 18:00 horas.
Para evitar viaxes innecesarias ao centro é importante que revisen que tanto a documentación coma as  sinaturas de todos os membros computables da unidade familiar estean completas.
PRAZOS e DATAS DE INTERESE:
Presentación de solicitudes: dende o 19 de maio ata o mércores 22 de xuño de 2022.
Publicación das listaxes provisionais: 28 de xuño de 2022.
Prazo de reclamacións ás listaxes provisionais: 29 e 30 de xuño de 2022.
Publicación das listaxes definitivas: 1 de xullo de 2022.
Entrega de vales: 5 e 6 de xullo de 2022 en horario de 10:00 a 13:00 horas na secretaría do centro.
Entrega de libros do fondo solidario:  Estableceranse datas no mes de setembro para a entrega dos libros adxudicados polo fondo así como dos vales ás familias que non os puidesen recoller en xullo. As datas de entrega serán publicadas en setembro na páxina web do centro e a través da aplicación abalar.
 
 
Anexo I e Anexo II

Circular Informativa

Lexislación

Distribuir contido


by Dr. Radut