Skip to Content

LISTAXES DEFINITIVAS DO PROCESO DE ADMISIÓN ALUMNADO 2022-2023

Hoxe, xoves 12 de maio, procedemos á publicación das LISTAXES DEFINITVAS de admitidos/as e non admitidos/as para o curso 2022-2023.

Estas listaxes poden consultarse no taboleiro interior do centro ou telematicamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a CHAVE 365 ou certificado dixital. Seguindo instrucións da Xefatura Territorial estas listaxes non poder ser publicadas na páxina web do centro.

O prazo de formalización da matrícula será do 20 ao 30 de xuño. Se finalizado este prazo non se formalizara a matrícula decaerá o dereito á praza obtida.

Para calquera dúbida ou aclaración poden dirixirse ao centro vía telefónica.

DIRECTRIZ DA CONSELLERÍA SOBRE O USO DAS MÁSCARAS NO ÁMBITO EDUCATIVO

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade publicou, con data 21 de abril de 2022, unha directriz sobre o uso de máscaras no ámbito educativo. Poden consultar o documento na seguinte ligazón

Resumo sobre o uso da máscara:

OBRIGATORIO:

• Transporte escolar (salvo excepcións recollidas no apartado 3.1)

RECOMENDADO:

• Persoal traballador do centro educativo

• Alumnado do centro educativo

• Centros de Educación Especial que dispoñen de servizo de residencia 

• Casos sospeitosos e confirmados de COVID-19 e contactos estreitos de casos

 

 

 

LISTAXES PROVISIONAIS. ADMISIÓN 2022 - 2023

 

Estas listaxes teñen carácter provisional e poden ser obxecto de reclamación ante o Consello Escolar do centro no prazo de 5 días hábiles (ata o 28 de abril).

As listaxes definitivas publicaranse antes do 15 de maio.

O alumnado admitido formalizará a súa matrícula na secretaría do centro do 20 ao 30 de xuño.

CARREIRA SOLIDARIA SAVE THE CHILDREN

Onte, mércores 30 de marzo, celebramos a Carreira Solidaria "Kilómetros de Solidariedade" Save the Children. Nesta edición os fondos recaudados serán destinados para a loita pola supervivencia infantil no Corno de África:

  

 

 

 

ADMISIÓN ALUMNADO 2022-2023

O prazo de presentación de solicitudes de admisión para o vindeiro curso escolar 2022-2023, será do 1 ao 21 de marzo ambos incluídos. A atención ao público será baixo previa cita chamando ao teléfono do centro (Tlfno:981 292 235)

 

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

  • LUNS 27 DE FEBREIRO DE 2023: 17:00h       

  • LUNS 06 DE MARZO DE 2023: 17:00h

* Deberá facerse reserva de data e horario na secretaría do centro, chamando ao teléfono: 981 292 235 ext.:100

 

 

 

 

 

 

  

     

COMUNICACIÓN DOS CASOS POSTIVOS DA COVID-19

  

 

Lembramos a importancia da comunicación ÁS AUTORIDADES SANITARIAS ante a aparición dun caso positivo, segundo o procedemento que aparece no vídeo anterior.

Na  seguinte ligazón é onde deberedes comunicar directamente ao SERGAS, a través dunha autodeclaración, o positivo do voso/a fillo/a no caso de que fagades un test de autodiagnóstico, ou ben chamar ao teléfono 881540045.

 

https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Autodeclaracion-caso-sospeitoso-COVID

 

Moitas grazas pola vosa colaboración e comprensión nestes momentos!!

O Equipo Directivo

 

 

VOLTA SEGURA ÁS AULAS

Prezadas familias,

O Ministerio de Sanidade vén de publicar os novos protocolos de xestión epidemolóxica en centros educativos. Poderán acceder a estes documentos nas ligazóns do final desta publicación.

Destacamos a continuación os aspectos principais a ter en conta:

  • As persoas da comunidade educativa que sexan caso confirmado deberán permanecer 7 días en illamento. Pasado este tempo, e sempre que non tivera síntomas durante cando menos os 3 últimos días, poderán incorporarse ao centro, mantendo unha vixilancia activa sobre a aparición de posibles síntomas ata  completar polo menos 10 días desde o inicio do illamento.
  • A definición e contacto estreito non variou: persoa que pasa máis de 15 minutos a menos de 2m dun caso positivo ata as 48h antes da consideración de inicio da enfermidade  (inicio de síntomas ou toma de mostra para proba diagnóstica) sen uso axeitado de medidas de protección (máscara).
  • No caso do alumnado menor de 12 anos, ante a aparición dun primeiro caso nunha aula e ata un total de 4, o alumnado non realizará corentena, independemente do estado vacinal.
  • Ante agrupacións de casos (5 ou máis confirmados de infección activa) seguiranse as pautas xerais para a determinación de corentenas dos contactos estreitos. Esta corentena será de 7 días desde o inicio de síntomas do último caso confirmado (sempre que non se desenvolvan síntomas durante este período).

Anexos:

O Equipo Directivo

Distribuir contido


by Dr. Radut