Skip to Content

MATRÍCULA 2023 - 2024

O alumnado admitido deberá formalizar matrícula na Secretaría do centro do 20 ao 30 de xuño en horario de luns a venres de 9:15 horas a 11:00 horas e de 12:00 horas a 13:30 horas

Documentación a entregar no caso de que non se teña presentado coa solicitude de praza:

  • Impreso de matrícula
  • 6 fotografías tamaño carné
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria
  • Fotocopia do Libro de Familia
  • Padrón municipal
  • No caso de separación ou divorcio, fotocopia da sentenza xudicial na que figure quen ten outorgada a garda e custodia
  • Certificado de matrícula do centro de procedencia (no caso de estar escolarizado noutro centro)

 

Se finaliza o prazo de matrícula e non se tivese formalizado esta, teráselle por decaído o dereito á praza obtida (art. 40.2a e 40.3).

AVISO: Por motivos alleos ao centro éste permanecerá pechado o xoves 22 de xuño.

 

LISTAXE LIBROS CURSO 2023 - 2024

Premendo na imaxe poderán acceder á listaxe de libros de  Educación Primaria do vindeiro curso 2023-2024.

LISTAXE MATERIAL CURSO 2023 - 2024

Premendo na imaxe poderán acceder á listaxe do material para Educación Infantil e Educación Primaria do vindeiro curso 2023-2024.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2023 -2024

No DOG do venres 19 de maio publícase a convocatoria do FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, así como a convocatoria de axudas para mercar os libros de 1º e 2º de Educación Primaria e tamén para material escolar na etapa de Primaria para o vindeiro curso.

A presentación da solicitude única (libros e materiais) farase preferentemente a través de medios electrónicos nos seguintes enlaces:  FONDO DE LIBROS e SEDE ELECTRÓNICA da Xunta de Galicia. Tamén pode presentarse na secretaría do centro en horario de luns a venres de 9:15 a 11:00h e de 12:00 a 13:30h e os luns de 16:00 a 18:00 horas.
Para evitar viaxes innecesarias ao centro é importante que revisen que tanto a documentación coma as  sinaturas de todos os membros computables da unidade familiar estean completas.
PRAZOS e DATAS DE INTERESE:
Prazo máximo para a devolución dos libros de texto do curso 2022-2023: 21 de xuño de 2023.
Presentación de solicitudes: dende o 20 de maio ata o mércores 21 de xuño de 2023.
Publicación das listaxes provisionais: 28 de xuño de 2023.
Prazo de reclamacións ás listaxes provisionais: 29 e 30 de xuño de 2023.
Publicación das listaxes definitivas: 3 de xullo de 2023.
Entrega de vales: 5 e 6 de xullo de 2023 en horario de 10:00 a 13:00 horas na secretaría do centro.
Entrega de libros do fondo solidario:  Estableceranse datas no mes de setembro para a entrega dos libros adxudicados polo fondo así como dos vales ás familias que non os puidesen recoller en xullo. As datas de entrega serán publicadas en setembro na páxina web do centro e a través da aplicación abalar.
Novidades: Na circular adxunta recóllense as novidades en canto incremento das partidas, tanto para os libros de texto como para o material escolar, así como a creación dun novo vale de material.

Circular Informativa

Anexo I e II

Orde do 10 de maio do 2023

 

BOLSAS E AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO. MEC 2023- 2024

 

Prezadas familias,

O mércores 26 de abril publicouse no BOE a convocatoria de axudas para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso 2023-2024.

O prazo de entrega no centro educativo das citadas bolsas vai dende o 8 de maio do 2023 ata o 20 de setembro do 2023.

Novidade:  como novidade en relación cos cursos anteriores, introdúcese o subsidio de contía fixa de 400€ para gastos adicionais de carácter xeral, para o cal non se terá en conta o límite de renda establecido para as axudas. 

Na seguinte ligazón poden acceder a toda a información para proceder a solicitude das mesmas: 

Tramitar solicitude: prema aquí

Tamén se facilita o seguinte enderezo explicativo: prema aquí

 

De xurdir calquera dúbida, poden poñerse en contacto co centro educativo

 

LISTAXES PROVISIONAIS. ADMISIÓN 2023 - 2024

 

Estas listaxes teñen carácter provisional e poden ser obxecto de reclamación ante o Consello Escolar do centro no prazo de 5 días hábiles.

As listaxes definitivas publicaranse o 15 de maio.

O alumnado admitido formalizará a súa matrícula na secretaría do centro do 20 ao 30 de xuño.

BOLSAS COMEDOR 2023 - 2024

O Concello de A Coruña publicou no Boletín Oficial da Provincia a convocatoria de bolsas comedor para o curso 2023-24.

  • Prazo de presentación de solicitudes: do 13 de marzo ao 12 de abril, ambos incluídos.
  • Presentación de solicitudes: nos rexistros municipais (con cita previa), no rexistro telemático da sede electrónica municipal ou en calquera dos outros previstos no artigo 16.4 la Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Este ano o Concello organizará entre o 15 e o 24 de marzo charlas informativas nos centros cívicos sobre as bolsas comedor. No Centro Cívico de Monelos será o 17 de marzo ás 16:00h.

Poden ampliar a información e acceder á documentación para facer a solicitude premendo AQUÍ.

Distribuir contido


by Dr. Radut