Skip to Content

6º primaria

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Aquí tedes os videos da celebración do pasado venres, 5 de xuño de 2020. Xa vedes que somos uns ecoloxistas convencidos. Moitas grazas a tod@s e non esquezades disfrutar da natureza.

MAGOSTO 2019

CHEGOU O MAGOSTO

Onte, día 22 de outubro de 2019, subimos ao Curro da Valga para celebrar o Magosto. Por primeira vez o noso curso (3º) subimos andando ata o curro. A subida foi moi cansada pero divertida.

Ao chegar arriba pasámolo moi ben facendo cabañas, xogando cos amigos e comendo castañas. Antes de marchar tiznámonos coa borralla da fogueira e Pablo dice que eran as sete da tarde e ainda tiña a cara sucia e carbón nos bolsillos. Gael dice que colleu moitas landras e que foi unha pena que Carla non subira.

Si queres ver máis fotos clica na imaxe.

Ata logo amigos!

CARLA, PABLO e GAEL de 3º de primaria.

UN CAMIÑO DE HISTORIAS

A semana pasada participamos nun proxecto sobre o camiño de Santiago titulado "Un camiño de Historias". Este proxecto está dirixido por Aser Álvarez (Arraianos SL) e o seu obxetivo é comparar o espítitu dos primeiros peregrinos dos anos 80 e 90 co espíritu actual do camiño pola costa portuguesa. Fixemos unha serie de entrevistas no cole e nas casas para despois retocalos,. ou repetilos nalgunha ocasión, seguindo as directrices de profesionais da radio e da televisión. Sin duda aprendemos moito e nos ilusionamos para seguir convertíndonos en auténticos periodistas.

EXCURSIÓN 6º A MADRID 2019

O alumnado de 6º de primaria despediuse desta estapa educativa cunha excursión a Madrid. Foron 6 días intensos onde houbo sitio para a cultura, o divertimento e a convivencia.

Aloxados preto da Porta do Sol poideron coñecer e disfrutar da vida nunha cidade tan grande como atractiva. Non pararon de moverse andando, en metro ou no autobús para facer visitas ao Museo do Prado, Retiro, centro histórico, Warner, Museo de Ciencias Naturais, Estadio Bernabeu, etc.

Foi unha experiencia única que gardarán para toda a vida. AQUÍ vos deixan unhas fotos da viaxe.

 
 
 

MAGOSTO 2018

Outro ano máis celebramos o magosto. Subimos ao Curro da Valga uns andando e outros en bus. Ao chegar ao curro xogamos ao escondite, fixemos cabañas e comemos as castañas tod@s xunt@s.

Non podía faltar o de emporcallarnos coa borralla de asar as castañas, que día máis divertido!!!

CLICA na imaxe e verás as fotos.

SAMAÍN 2017

O SAMAÍN chegou e a sangue nos conxelou.

Polo cole apareceron, catrinas, bruxas, demos, monstruos, vampiros e vampiras, momias e todo tipo de seres terroríficos...a festa estaba servida.

Comezouse a escoitar unha marcha fúnebre e o alumnado de 4º coa súa comparsa foi invitando aos distintos cursos a visitar o "pequeno museo do terror". Alí os nenos e nenas de 5º e 6º deixáronnos tremendo de medo coa súa exposición terrorífica.

Co medo no corpo chegou a hora de comer...sesos?, sangue?, tripas humanas?, noooo!!! Foi unha merenda riquísima preparada polos pais e nais e que devoramos como lobos e lobas.

Despois chegou a hora de facer as fotos e bailar ao ritmo da música siniestra. Que día máis divertido!

Aquí tedes unhas cuantas fotos para disfrutar e recordar.

Aquí quedan os videos da festa e do "Museo dos pequenos horrores". 

 

MAGOSTO 2017

 

Aproveitando este outono cálido celebramos o Magosto antes de que fora San Martiño.

 

Como tódolos anos o sitio para celebralo foi o curro da Valga. Alí disfrutamos cos amigos e amigas do cole. Xogamos, comemos e fixemos as cabañas.

 

Xa pola tarde chegamos ao cole tiznados e felices como perdices.

 

Aquí tedes unhas cuantas fotos onde se ve o ben que o pasamos.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut