Skip to Content

6º primaria

FESTIVAL DE NADAL 2020

FESTIVAL DE NADAL 2020

 

EXPOSICIÓN TEMÁTICA: OS INVENTOS

O alumnado de 6º realizou unha exposición de inventos baseada na lectura da colección de clásicos da mítica serie de televisión "Érase una vez".

RETRATOS ASIMÉTRICOS (COLLAGE)

O alumnado de sexto realizou na materia de plástica unha exposición de retratos asimétricos utilizando a técnica do collage. Que opinades do resultado?

Radio ARRABAL 10

Décimo programa da Radio Arrabal, a radio do CEIP Mestre Manuel García. Programa especial con música en directo a cargo do músico guardés Bruce Grinn. E coma sempre contidos moi interesantes: novas de actualidade, deportes, receitas riquísimas, cancións dos peques de 5 anos, ciencia cas nenas de terceiro, información do tempo, da biblioteca e moita, moita diversión!!! Ahhh, non esquezades de participar no gran concurso da Radio Arrabal. A voar polas ondas do Arraballlllll!!!!

NEGRAS SOMBRAS NO CAMIÑO

Proxecto escolar do sexto curso de EP do CEIP Mestre Manuel García de Oia sobre o Camiño de Santiago. Neste ano Xacobeo 2021 o alumnado deste curso realizou un percorrido polos símbolos máis representativos do camiño a través dun filme que combina sombras en papel e movemento.

Escaladas no camiño

Comeza este ano un novo proxecto na área de Educación fisica: "Escalada, unha filisofía educativa"

Ao longo do curso iremos traballando distintas modalidades do deporte na natureza coa finalidade de descubrir todas as posibilidades da nosa contorna.

No primeiro trimestre comezaremos coa ESCALADA e o CAMIÑO DE SANTIAGO. Aquí tedes algunhas fotos do alumnado do colexio.

Radio Arrabal #9

Noveno programa da Radio Arrabal, a radio do CEIP M. Manuel García. Coma sempre contidos actuais e con moita marcha. A voar nas ondas do Arrabal!!!!

Radio ARRABAL #8

Novo programa da Radio Arrabal e cada con máis seccións e novos contidos. Esta semana estreamos "Personaxes da semana" e "Videoxogos", dúas seccións de total actualidade. E atentos tamén ao concurso, esa sección oculta que repartirá grandes premios!!!! A voar coas ondas da Radio Arrabal!!!

 

Radio Arrabal #7

Programa número sete da Radio Arrabal, a radio do CEIP M. Manuel García de Santa María de Oia (Pontevedra). Coma sempre un programa con moita alegría e contidos moi interesantes para todos os membros da familia. Noticias, recitas de cociña, información do tempo, chistes, historias, concursos, entrevistas, música e moito máis nas ondas do Arrabal!!! Ata o infinito e máis alá!!!! 

 

Actuación Samaín 6º

Benvidas e benvidos ao concerto virtual do alumnado de sexto.

Canción e percusión corporal ao ritmo do Samaín. Esperamos que vos guste!!! Sorriso

 

Distribuir contido


by Dr. Radut