Skip to Content

6º primaria

Radio Arrabal #25

Programa vixésimo quinto da Radio Arrabal. Parece que foi onte cando comezamos con esta tolemia e non hai nada que nos pare. Este ano non sabemos a onde imos chegar, pero algo é certo, imos chegar moi lonxeeeee. A voar e gozar cos contido desta semana!!!!

 

LOITA OLÍMPICA 2021

Parece que xa imos entrando na normalidade no que as actividades extraescolares se refire. Como fixéramos anos atrás, tivemos no ximnasio do colexio a actividade de LOITA OLÍMPICA, esta vez sen contacto. WRESTLING DUMMY.

Esta actividade pensada para o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria dirixiuna Rubén, monitor da Federación Galega e nela utilizamos os bonecos de adestramento para aprender as habilidades específicas de loita (derribos e proxeccións).

En cada curso fixemos grupos de 3 que entraron no tapiz de loita e practicaron de xeito alternativo as actividades propostas polo técnico: 1. Levantamento de boneco “WRESTLING DUMMY LIFT UP”; 2. Xiros de boneco “WRESTLING DUMMY TURNS”; 3. Derribo de boneco “WRESTLING DUMMY TACKLE”; 4. Proxección de boneco “WRESTLING DUMMY THROW”. Cada un foi contando as repeticións que facía durante 30" e o monitor tomaba nota para facer unha comparativa cos demáis cursos e colexios.

Foi moi interesante e divertido, seguro que repetiremos máis veces. Forza rapaces e rapazas!!!

PUBLICIDADE: O CAMIÑO DA COSTA (OIA)

TRABALLAMOS A PUBLICIDADE

 

     

 

 

 

 

Radio Arrabal #24

Un novo programa da Radio Arrabal e xa levamos vintecatro, e coa mesma ilusión e ganas do primeiro día. Achégase xa o final de curso e atentos: moi pronto celebrarase a Gala dos Premios da Radio con moitas sorpresas e premios para tod@s. Así que a participar e a voar nas ondas do Arrabal!!!!!

RINGOL EN 6º DE PRIMARIA

Estes son os equipo que fixeron os de sexto para xogar ao RINGOL. Con este novo deporte alternativo fomentamos a participación de todo o alumnado e axúdamos a que todos e todas disfrutemos máis da actividade física. Unha competición moi animada, bravo!!!

CONSTELACIÓNS LECTORAS

PICA NO DOCUMENTO ADXUNTO PARA VER O CONXUNTO DE CONSTELACIÓNS LECTORAS

PLANTACIÓN DO HORTO ESCOLAR

 Xa chegou a primavera e o tempo de plantar...si, rapaces e rapazas no colexio traballamos a agricultura durante todo o ano. Agora tocan as verduriñas de primavera /verán. Ainda que cada semente quere o seu mes para ser plantada, nós planteremos todo xunto con moito mimo para ter unha boa colleita. Empezaremos polas cabazas, tomates, pementos. Unha semana despois as leitugas, acelgas, espinacas.

Que ricas van estar esas ensaladas, cremas e menestras de verduras ou esas verduras pasadas pola grella!!! Por non falar dos sustos que meterán as cabazas no Samaín!!!

Haberá que falar cos periodistas da sección de Masterchefs da semana e que nos busquen unhas receitas riquísimas para os productos da nosa horta.

Rematamos cun refrán da cultura agrícola:

Cava hondo, echa basura y ríete de los libros de agricultura”

Boa colleitaaaa!!!

 

 
 
 

DIARIO ARRABAL: ESPECIAL CAMIÑO DE SANTIAGO

O alumnado de 6º EP elaborarou unha nova edición do Diario Arrabal onde analizaron o Camiño de Santiago dende unha ollada xeográfica e cultural.

Preme no arquivo adxunto se queres descargar o xornal.

OLLO DE PEIXE

OLLO DE PEIXE

Cidade vista dende unha perspectiva superior.

A PERSPECTIVA

TÚNEL DE LUME E DE AUGA

Cores cálidas e frías.

Traballo da perspectiva.

Distribuir contido


by Dr. Radut