BENVIDA

 No CEIP Mosteiro-Bembrive ofertamos un modelo de ensinanza afectiva e acolledora, aberta á comunidade, inclusiva, motivadora e participativa, coa finalidade de que, día a día, o noso alumnado experimente multitude de vivencias que lles permitan medrar como persoas con valores.

BENVIDOS/AS Á NOSA ESCOLA!

INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE O DESENVOLVEMENTO DO TERCEIRO TRIMESTRE

Segundo as Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, informamos dos seguintes puntos:

1. No terceiro trimestre do curso 2019-2020 o traballo do alumnado centrarase especialmente no desenvolvemento das actividades de recuperación, repaso, reforzo, e afondarase nas aprendizaxes xa traballadas nos dous primeiros trimestres do curso.

2. As actividades propostas serán avaliables, flexibilizando os criterios de avaliación para adaptarse ás características deste terceiro trimestres.

3. Propoñeranse actividades de avaliación periódicas.

4. Proximamente publicaranse na nosa páxina web as programacións de cada unha das áreas adaptadas ás características deste 3º trimestre nas que poderán consultar:

  • As aprendizaxes de repaso ou reforzo a realizar e a metodoloxía empregada.
  • Os procedementos e instrumentos de avaliación empregados.
  • Os criterios de avaliación e cualificación.

NOVO PRAZO DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2020-21

Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.

 Novos prazos do procedemento:

● Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.

● Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.

● Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.

● Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.

● Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.

● Formalización da matrícula ordinaria en educación secundaria obrigatoria e bacharelato: do 1 ao 10 xullo.

Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro de 2020.

PREMA NO ENLACE PARA MÁIS INFORMACIÓN

DÍA DO LIBRO 2020. RECOMENDACIÓNS LECTORAS DO NOSO ALUMNADO

Un Día do Libro diferente, nas nosas casas, pero cheo de recomendacións lectoras dos nosos nenos e nenas. Premede no ENLACE para acceder a todos os contos que nos enviaron, e lembrade, TER UN LIBRÉ TER UN AMIGO

POLOS NOSOS NENOS E NENAS...

Porque non podemos sentirnos máis orgullosos de vos...

GRAZAS NENOS, GRAZAS NENAS.

Premede na imaxe para acceder ao vídeo.

GRAZAS DO PROFESORADO DO CEIP MOSTEIRO

O PROFESORADO DO CEIP MOSTEIRO QUERE DARVOS AS GRAZAS!

Esta mensaxe vai dirixida a todas as familias e tamén a cada alumno e alumna polo esforzo e o

tempo que estades adicando, dende os vosos fogares, a realizar as tarefas escolares propostas

polo profesorado.

O CLAUSTRO ENVÍAVOS UNHA FORTE APERTA E MOITO ÁNIMO!!!

MENSAXE DE ÁNIMO DO CLAUSTRO

O claustro do CEIP MOSTEIRO-BEMBRIVE quere mandarvos moita forza e ánimo nesta etapa tan díficil para todos.

Premede na imaxe para acceder ao video.

APERTAS FAMILIAS!

 

AMPLIACIÓN PRAZO SOLICITUDES DE MATRÍCULA

 PROCESO DE ADMISIÓN

Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.

Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes.

 

 

INFORMACIÓN DE MEDIDAS EN RELACIÓN CO COVID-19

Estimadas familias, seguindo as medidas publicadas pola Consellería de Educación para adoptar en todos os centros de ensino non universitario, suspéndese todo tipo de actividade lectiva, incluídos os servizos educativos complementarios, a partir do LUNS 16 DE MARZO. A suspensión da actividade lectiva vai prolongarse os vindeiros 14 días naturais.

www.edu.xunta.gal/portal/medidas-coronavirus

 

Manteremos informada a toda a comunidade educativa.

Grazas pola vosa colaboración.

 

ADMISIÓN 2020

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2020/2021.

TEDES TODA A INFORMACIÓN NO SEGUINTE ENLACE.

 MATRÍCULA  2020-2021

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR NO CENTRO DO   1-20 DE MARZO:

-SOLICITUDE  ED550B BEN CUMPRIMENTADA E ASINADA.(No caso de separación os dous proxenitores)

-LIBRO DE FAMILIA.(Fotocopìas Compulsadas)

-CERTIFICADO DE PADRÓN (Unidadefamiliar)

-Certificado do lugar de traballo o Sentencia de separación si é necesario.(Puntuación Baremo)

-PUBLICACIÓN DE LISTAXES PROVISIONAIS: antes do 25 de abril.

-PUBLICACIÓN DE LISTAXES DEFINITIVAS: antes do 15 de maio.

-FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA: 1-10 DE XULLO.

 DOCUMENTACIÓN PARA MATRÍCULA (NO CASO DE SER ADMITIDO/A)

-IMPRESO DE MATRÍCULA CUBERTO E ASINADO.(No caso de separación ,polos dous proxenitores e aportación da documentación axeitada)

-IMPRESOS ENTREGADOS POLO COLEXIO CUMPRIMENTADOS E ASINADOS.

-CERTIFICADO MÉDICO DO PEDIATRA.

-FOTOCOPIA DA TARXETA SANITARIA.

-2 FOTOGRAFÍAS.

 

PORTAS ABERTAS 2020

PORTAS ABERTAS 2020
Distribuir contido

IES ADSCRITO

IES RICARDO MELLA

Inicio

INICIATIVAS

    

Polos Creativos | Consellería de Cultura, Educación y Universidad

SOMOS EDIXGAL

Plan Dixital - Foto

COLABORAMOS CON...


Voz Natura | CEIP Plurilingüe Ría do Burgo

Iniciar sesión

PUNTO LARANXA

Punto Laranxa contra o acoso escolar

DOCUMENTACIÓN DE CENTRO

PROXECTOS

EQUIPOS DOCENTES

BLOGUES

 
 

REDES SOCIAIS

  

AULA STEAM

VOZ NATURA

Voz Natura | CEIP Plurilingüe Ría do Burgo