BENVIDA

 No CEIP Mosteiro-Bembrive ofertamos un modelo de ensinanza afectiva e acolledora, aberta á comunidade, inclusiva, motivadora e participativa, coa finalidade de que, día a día, o noso alumnado experimente multitude de vivencias que lles permitan medrar como persoas con valores.

BENVIDOS/AS Á NOSA ESCOLA!

PROCESO ADMISIÓN CURSO 2021-22

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2020/2021.

TEDES TODA A INFORMACIÓN NO SEGUINTE ENLACE.

 MATRÍCULA  2021-2022

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR NO CENTRO DO   1-20 DE MARZO:

-SOLICITUDE  ED550B BEN CUMPRIMENTADA E ASINADA.(No caso de separación os dous proxenitores)

-LIBRO DE FAMILIA.(Fotocopìas Compulsadas)

-CERTIFICADO DE PADRÓN (Unidadefamiliar)

-Certificado do lugar de traballo o Sentencia de separación si é necesario.(Puntuación Baremo)

-PUBLICACIÓN DE LISTAXES PROVISIONAIS: antes do 25 de abril.

-PUBLICACIÓN DE LISTAXES DEFINITIVAS: antes do 15 de maio.

-FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA: 20-30DE XUÑO.

 DOCUMENTACIÓN PARA MATRÍCULA (NO CASO DE SER ADMITIDO/A)

-IMPRESO DE MATRÍCULA CUBERTO E ASINADO.(No caso de separación ,polos dous proxenitores e aportación da documentación axeitada)

-IMPRESOS ENTREGADOS POLO COLEXIO CUMPRIMENTADOS E ASINADOS.

-CERTIFICADO MÉDICO DO PEDIATRA.

-FOTOCOPIA DA TARXETA SANITARIA.

-2 FOTOGRAFÍAS.

ALUMNADO DE 6º

O alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe ou a través da aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) o formulario normalizado (ED550A) que se publica como anexo I da presente orde. O prazo de presentación estará comprendido entre os días 11 de xaneiro e o 8 de febreiro de cada ano.

 

FELICITACIÓN DE NADAL DO NOSO ALUMNADO

O alumnado do CEIP Mosteiro quere dexesarvos a todos/as un BO NADAL! Que pasedes estes días en familia con ledicia e saúde. En nome de todo o claustro do centro, queremos agradecer a todas as familias o voso cariño, apoio e compresión ao longo deste primeiro trimestre tan complicado.

Deixamos un vídeo dos nosos nenos/as, un festival de Nadal algo distinto pero feito co mesmo cariño.

BO NADAL FAMILIAS!

Premede na imaxe para acceder ao vídeo:

FELICITACIÓN DE NADAL 6º RELIXIÓN

O alumnado de 6ºA e 6º B de Relixión, con moita ledicía e esperando que vos guste, presentan e felicitan o Nadal cun Belén Vivente que improvisamos na aula.

Un Belén especial, pois os personaxes máis importantes do Portal, levan máscara; esta situación que está a acontecer, non vai impedir que o Espírito do Nadal estea presente en todos nós.

Preme na imaxe para ver o vídeo.

 

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Aquí están as postais participantes no concurso de debuxo dixital deste curso. GRAZAS a todas as familias e nenos/as que participaron polo seu esforzo, traballo e creatividade. Parabéns ademais aos finalistas:
- 2º finalista: Leo (5 anos)
- 3º finalista.
- Postal gañadora: Lola (4 anos). PARABÉNS LOLA!Sorriso
No hay ninguna descripción de la foto disponible.La imagen puede contener: interior

II CONCURSO DE POSTAIS DIXITAIS DE NADAL

Este ano, máis que nunca, a ilusión pola chegada do Nadal debe estar presente no noso cole. Convocamos o "II CONCURSO DE POSTAIS DIXITAIS DE NADAL". Animádevos a participar, a vosa postal pode ser a felicitación de Nadal do cole! 

PLAZO MÁXIMO DE ENTREGA: LUNS 14 DE DECEMBRO

AXUDAS PARA DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

Foi publicada pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos a orde pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en E.Primaria,Secundaria e E.Especial (Orde do 6 de novembro 2020).O ALUMNADO BENEFICIARIO DA AXUDA DE MATERIAL ESCOLAR NO CURSO 2020-21 XA TEN CONCEDIDA  AXUDA NON NECESITA PRESENTAR SOLICITUDE.

-TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE  o alumnado que non foi benefciario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que cumpra algunha das seguintes condicións:

• Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

• Alumnado matriculado en educación especial.

• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%. 

• FORMA DE PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE:

Unicamente de forma presencial no centro educatio no que estea matriculado o/a alumno/a.

•PRAZO:  Para o alumnado matriculado no centro no día de publicación da orde no Diario Ofcila de Galicia:10 días hábiles a partr do seguinte á publicación no Diario Ofcial de Galica, é dicir, do 16 ao 27 de novembro de 2020

PARA MÁIS INFORMACIÓN E DESCARGA DOS IMPRESOS PREMA NESTE ENLACE :   DOGA 

7ª EDICIÓN DO CONCURSO "COÑECE + O TEU AEROPORTO"

NOVA VERSIÓN DA ENQUISA DE AUTOAVALIACIÓN

Adxuntamos a nova versión da enquisa de autoavaliación que corresponde ao Protocolo aprobado e un modelo de comunicación de casos ás familias seguindo o modelo establecido polo Ministerio de Sanidade nas súas instrucións para centros educativos do 10 de setembro. 

ACTUALIZACIÓN RELATIVA AO PLAN DE CONTINXENCIA PUBLICADA O 23 DE SETEMBRO

No ficheiro adxunto atoparedes a actualización relativa ao Plan de contixencia publicada o 23 de Setembro. Confiamos na responsabilidade das familias para facer o cumprimento das medidas de protección (enquisa de autoavaliación de síntomas diaria, non enviar ao voso fillo/a ao centro escolar en caso de sintomatoloxía compatible coa COVID-19).

Estamos á vosa disposición para calquera dúbida a través das canles habituais.

MOITAS GRAZAS FAMILIAS, E MOITO ÁNIMO!Sorriso

COÑECE A NOVA ORGANIZACIÓN DO NOSO CENTRO...

Aquí deixamos unha breve presentación visual da nova organización dos espazos do centro neste curso tan atípico.

Pinchade na imaxe para acceder.

Distribuir contido

IES ADSCRITO

IES RICARDO MELLA

Inicio

INICIATIVAS

    

Polos Creativos | Consellería de Cultura, Educación y Universidad

SOMOS EDIXGAL

Plan Dixital - Foto

COLABORAMOS CON...


Voz Natura | CEIP Plurilingüe Ría do Burgo

Iniciar sesión

PUNTO LARANXA

Punto Laranxa contra o acoso escolar

DOCUMENTACIÓN DE CENTRO

PROXECTOS

EQUIPOS DOCENTES

BLOGUES

 
 

REDES SOCIAIS

  

AULA STEAM

VOZ NATURA

Voz Natura | CEIP Plurilingüe Ría do Burgo