BENVIDA

 No CEIP Mosteiro-Bembrive ofertamos un modelo de ensinanza afectiva e acolledora, aberta á comunidade, inclusiva, motivadora e participativa, coa finalidade de que, día a día, o noso alumnado experimente multitude de vivencias que lles permitan medrar como persoas con valores.

BENVIDOS/AS Á NOSA ESCOLA!

SOLICITUDE E DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

Orde do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería, así como en centros privados concertados, no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E).

 PRAZO DE PRESENTACIÓN:  15/11/21 - 26/11/21

 ALUMNADO DESTINATARIO:

O alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial:

1. -Fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar (ESTE ALUMNADO NON TERÁ QUE PRESENTAR SOLICITUDE, XA É BENEFICIARIO DA ENTREGA DE MÁSCARAS)

2. -Non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, perocumplan o requisito de renda per cápita igual ou inferior a 6000€ (ESTE ALUMNADO TEN QUE PRESENTAR A SOLICITUDE, QUE SE ENTREGA NO CENTRO OU DESCARGAR NA LIGAZÓN ANTERIOR)

(RE)creando o patio... - CUESTIONARIO PARA FAMILIAS

Deixamos a continuación o enlace ao cuestionario que realizamos para coñecer a vosa opinión sobre os nosos patios, porque a vosa colaboración é fundamental para nós. 

Premede na imaxe para acceder ao cuestionario

CUESTIONARIO SÓ PARA FAMILIAS DO CENTRO

Grazas pola vosa implicación.Risa

ELECCIÓNS REPRESENTANTES PARA O CONSELLO ESCOLAR

Adxúntanse as Convocatorias para os representantes do sector do profesorado e das familias para as eleccións do Consello Escolar.

CENSO PROFESORADO E FAMILIAS - ELECCIÓS PARA O CONSELLO ESCOLAR

Adxúntase o censo de profesorado e familias para as vindeiras eleccións para o Consello Escolar.

 

CALENDARIO ESCOLAR 2021/22

Iniciamos as clases o vindeiro xoves 9 de setembro.

Xa tedes dispoñible o calendario escolar do novo curso, consulta as datas.

PREME AQUÍ PARA ACCEDER

BECAS NEAE 2021/2022

Publicada no BOE a convocatoria de becas e axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para este curso.

Premede no enlace para acceder. 

https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050140/ficha.html

LISTA DE LIBROS CURSO 21/22

Adxúntase a LISTAXE DE LIBROS de texto para o vindeiro curso escolar 2021/2022.

 

4º EDUCACIÓN INFANTIL

·    JUNGLE FUN 1. STUDENT’S BOOK  PACK

978 84 668 1292 4   ED. RICHMOND

5º EDUCACIÓN INFANTIL

·    JUNGLE FUN 1. STUDENT’S BOOK  PACK

978 84 668 1302 0   ED. RICHMOND

6º EDUCACIÓN INFANTIL

·     JUNGLE FUN 1. STUDENT’S BOOK  PACK

978 84 668 1306 8  ED. RICHMOND

PRIMERO  PRIMARIA

·     MATEMÁTICAS  1.  EDITORIAL ANAYA,  Pieza a pieza

I.S.B.N  978 84 698 3801 3

·     LENGUA  1.  EDITORIAL SANTILLANA, Primeros pasos, pauta.

I.S.B.N 978 84 680 4741 6

·     GO! 1 STUDENT`S PACK.  EDITORIAL RICHMOND.

I.S.B.N. 978 84 668 2920 5

SEGUNDO  PRIMARIA

·     LENGUA +TAREAS Y DESTREZAS COMUNICATIVAS.

ED. SANTILLANA. I.S.B.N. 978 84 680 6749 0

·     LINGUA /C NATURAIS/C SOCIAIS. GLOB ESTRELAMAR

ED. SANTILLANA.

I.S.B.N:  978  84  9972 947 3

·     MATEMÁTICAS SH Contigo Mochila ligera

·     ED. SANTILLANA.

·     I.S.B.N:  978  84  680 4747 8

     GO! 2 STUDENT’S PACK

ED. RICHMOND   978 84 668 2624 2

TERCEIRO  PRIMARIA

·     MATEMÁTICAS 3º

ED. SM, MÁS SAVIA   I.S.B.N. 978 84 9107 713 8

·     LENGUA CASTELLANA 3º

ED. EDEBÉ   I.S.B.N. 978 84 683 3661 9

·     LINGUA GALEGA 3º

ED RODEIRA   I.S.B.N. 978 84 8349 619 0

·     CIENCIAS DA NATUREZA 3º

ED. SANTILLANA. OBRADOIRO Saber facer contigo.

I.S.B.N. 978 84 9185 232 2

·     CIENCIAS SOCIAIS 3º

ED. SANTILLANA. OBRADOIRO saber facer contigo.

I.S.B.N. 978 84 9185 229 2

·     INGLÉS. 3 GO STUDENT’S PACK

ED. RICHMOND   I.S.B.N. 978 84 668 2540 5

CUARTO  PRIMARIA

LENGUA CASTELLANA 4 ,  Proyecto global interactivo

ISBN: 978-84-683-20-60-1   EDITORIAL: Edebé

LINGUA GALEGA 4   Aprender a crecer en conexión

ISBN: 978-84-678-8013-7    EDITORIAL: Anaya

MATEMÁTICAS 4 , Savia 

ISBN: 978-84-675-7540-8   EDITORIAL: S.M

CIENCIAS SOCIAIS,     Proxecto Saber facer

ISBN: 978-84-9972-425-6    EDITORIAL: Santillana-Obradoiro

CIENCIAS DA NATUREZA,  Proxecto Saber facer

ISBN: 978-84-9972-638-0   EDITORIAL: Santillana- Obradoiro

INGLÉS QUEST 4,  Pupil’s book

Corbett and O’Farrell

ISBN :978 0 230 47774 2    EDITORIAL  Macmillan

RELIXIÓN CATÓLICA  4 Tobhi (alumnado desta opción)

ISBN: 978-84-683-0525-7   EDITORIAL: Edebé

 

QUINTO  PRIMARIA

E-DIXGAL . Sen libros.

SEXTO PRIMARIA

E-DIXGAL . Sen libros.

AXUDAS MUNICIPAIS PARA COMEDOR,LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

 

AXUDAS MUNICIPAIS PARA COMEDOR, LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

CURSO 2021-2022

 

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN

 

O prazo de presentación das solicitudes será do 10 DE XUÑO ó 07 DE XULLO, ambos incluídos.

 

As solicitudes presentaranse a través da Carpeta Cidadá do Concello de Vigo ou presencialmente con cita previa, que se poderá solicitar a partir do luns07de xuño, a través de:

 

    • Teléfonos: 010 ou 986 810 260

    • Páxina web: www.vigo.org

    • Máis información: Sede electrónica ( convocatorias e subvencións)

    • https://sede.vigo.org/expedientes/avisos/?lang=gal

 

FONDO E AXUDA LIBROS CURSO 21-22

A/A nais/pais:

Comunicamos a apertura do prazo para o FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2021/22.

O prazo de presentación de solicitudes  estará aberto ata o 22 de xuño.

O fondo é para o alumnado que estará o vindeiro curso en  3º e 4º.

O alumnado que o vindeiro curso esté en  5º e 6º non poderá solicitalo por ter e-dixgal.Si poden solicitar AXUDA DE MATERIAL(cando a renda per cápita sexa inferior a 6000 euros).

As axudas para adquirir libros e material están destinadas ao alumnado que o vindeiro curso esté en 1º e 2º ou EE (cando a renda per cápita sexa inferior a 10000 euros).

No seguinte enlace tedes información detallada e podedes descargar as solicitudes :

http://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros

DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA necesaria para tramitar o procedemento:
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).
b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.

En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
Excepcionalmente, poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:
1º- Certificado ou volante de convivencia.
2º- Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 desta orde, achegarase un certificado ou volante de convivencia onde deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.
c) Certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a ou de calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.
d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
e) Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI e NIE.
2. A documentación complementaria (que se xunte coa solicitude) presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente no centro docente ( entregarase xunto coa solicitude aos titores/as )
3. En todo caso, os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación, e reflectir a situación persoal, familiar e económica en 31 de decembro de 2019,agás no caso de violencia de xénero, en que se aplicará o disposto na lexislación específica.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

( ALUMNADO DE 3º, 4º, 5º E 6º )

PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS

30 DE XUÑO DE 2021

RECLAMACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS

DO 30 DE XUÑO AO 2 DE XULLO DE 2021

PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS

5 DE XULLO DE 2021

ENTREGA DOS LIBROS AO ALUMNADO

AO COMEZO DE CURSO

 

 

 

 

 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2021.

Este ano no cole celebramos un festival polo Día das Letras Galegas, este ano adicado a Xela Arias, un pouco diferente, pero coa mesma ilusión de festexar e conmemorar a importancia da nosa lingua.

Agardamos que gocedes coas nosas actuacións familias! Premede na imaxe para acceder aos vídeos

Distribuir contido

IES ADSCRITO

IES RICARDO MELLA

Inicio

INICIATIVAS

    

Polos Creativos | Consellería de Cultura, Educación y Universidad

SOMOS EDIXGAL

Plan Dixital - Foto

COLABORAMOS CON...


Voz Natura | CEIP Plurilingüe Ría do Burgo

Iniciar sesión

PUNTO LARANXA

Punto Laranxa contra o acoso escolar

DOCUMENTACIÓN DE CENTRO

PROXECTOS

EQUIPOS DOCENTES

BLOGUES

 
 

REDES SOCIAIS

  

AULA STEAM

VOZ NATURA

Voz Natura | CEIP Plurilingüe Ría do Burgo