BENVIDA

 No CEIP Mosteiro-Bembrive ofertamos un modelo de ensinanza afectiva e acolledora, aberta á comunidade, inclusiva, motivadora e participativa, coa finalidade de que, día a día, o noso alumnado experimente multitude de vivencias que lles permitan medrar como persoas con valores.

BENVIDOS/AS Á NOSA ESCOLA!

MATRICULACIÓN DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2022-2023

As familias do alumnado admitido no centro para o vindeiro curso 2022/2023 deberá formalizar a matricula na Secretaría do centro entregando a seguinte documentación. O prazo abranguerá do 20 ao 30 de xuño.

  • IMPRESO DE MATRÍCULA. Pode recollerse na secretaría do centro ou descargalo premendo AQUÍ.
  • 2 FOTOGRAFÍAS TAMAÑO CARNÉ ACTUAIS.
  • FOTOCOPIA DA CARTILLA DE VACINAS.
  • FOTOCOPIA DA TARXETA DA SEGURIDADE SOCIAL, por ambas caras.
  • FOTOCOPIA DO DNI DO PAI E DA NAI.
  • FOTOCOPIA DO LIBRO DE FAMILIA, ou calquera outro documento que acredite a tutela do menor. 
  • DOCUMENTACIÓN ENTREGADA NO CENTRO para firmar. 

LISTADO DE LIBROS DE TEXTO. CURSO 2022-2023

Adxúntase o listado de libros de texto para o vindeiro curso. Premede na imaxe para acceder.

Libros de texto y materiales curso 2022-2023 - San José

INFORMACIÓN DA ANPA - ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

 

Facemos tamén chegar a propostas de actividades extraescolares para o vindeiro curso con enlace ao que podedes acceder para reservar. Todas as actividades dependen de que se chegue a un mínimo de nenos/as para poder facelas.

https://forms.gle/PtB8ZFcg2GM9CH9v6

INFORMACION DA ANPA - SERVIZOS

Queridas familias, 

Adxuntamos información da ANPA de cara á organización dos servizos de conciliación para o próximo curso. Aquelas familias interesadas no servizo de comedor, aula mediodía e/ou aula madruga, deberedes cubrir o seguinte formulario.

https://forms.gle/anmWTYdiWuHwuCk26

Deberase cubrir un por alumno/a que vai utilizar os servizos, tamén no caso de que comecen irmáns en 4º de infantil.

Grazas pola vosa colaboración.

CONVOCATORIA BECAS NEAE - CURSO 2022/2023

O pasado 18 de maio publiocuse no BOE a convocatoria das BECAS para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

O prazo remata o 30 de setembro.



Premede AQUÍ para acceder a toda a información

BECAS NEAE. INSTRUCCIONES PARA LA GESTIÓN DE LOS REINTEGROS | CEIP Emeterio  Gutiérrez Albelo

NOVA ADAPTACIÓN DO PROTOCOLO COVID

 

FONDO SOLIDARIO E AXUDAS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR.CURSO 2022/23

ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

 

Comunicamos a apertura do prazo para o FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2021/22.

 Preme AQUÍ para acceder á aplicación FondoLibros

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN: ata o 22 de xuño de 2022. 

PARTICIPANTES:

  • Alumnado que pasa a cursar 3º e 4º de Educación primaria
  • o alumnado que pase a cursar E-DIXGAL (5º e 6º de Educación primaria) está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, terá dereito á axuda para adquirir material escolar.
  • As axudas para adquirir libros e material están destinadas ao alumnado que o vindeiro curso esté en 1º e 2º de Educación primaria.

MODALIDADE DE PRESENTACIÓN: As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) dispoñible na aplicación fondolibros (https://www.edu.xunta.es/ fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

DOCUMENTACIÓN NECESARIA: Preme AQUÍ para acceder a toda a información. 

GÚIA DE DUELO PARA FAMILIAS

Ante o terrible suceso acontecido co falecemento da nosa pequena Noa, desde o Departamento de Orientación do centro achegamos esta guía de duelo para familias, para axudarvos no proceso de tratar unha situación tan delicada cos vosos fillos e fillas. Premede no enlace para acceder ao documento.

https://drive.google.com/file/d/1THPwHHFA5cvXuO_cdq_hDNZ0iI2NW8BP/view?usp=sharing

Sempre connosco, Noa.

No nome da comunidade educativa do CEIP Mosteiro-Bembrive queremos acompañar no sentimento e dar o noso máis sentido pésame á familia da pequena Noa. 

Moito ánimo e forza familia.

Descansa en paz, pequena.

ADMISIÓN DEFINITIVA PARA O CURSO 2022-2023

Queda admitido de xeito definitivo todo o alumnado que solicitou praza no centro para o vindeiro curso DENTRO DO PRAZO establecido. Podedes consultar as listaxes definitivas de admitidos na aplicación admisiónalumnado mediante a chave365 ou o certificado dixital.

 

O prazo de formalización de matrícula será do 20 ao 30 de xuño, e a DOCUMENTACIÓN requerida será a seguinte:

  • 2 fotografías de tamaño carné ACTUAIS.
  • Fotocopia da cartilla de vacinas.
  • Fotocopia do DNI da nai e do pai.
  • Fotocipia do libro de familia ou de calquera outro documento que acredite a tutela do menor.
  • Fotocopia da tarxeta da seguridade social.
  • Formulario de matrícula que se xunta.
Distribuir contido

IES ADSCRITO

IES RICARDO MELLA

Inicio

INICIATIVAS

    

Polos Creativos | Consellería de Cultura, Educación y Universidad

SOMOS EDIXGAL

Plan Dixital - Foto

COLABORAMOS CON...


Voz Natura | CEIP Plurilingüe Ría do Burgo

Iniciar sesión

PUNTO LARANXA

Punto Laranxa contra o acoso escolar

DOCUMENTACIÓN DE CENTRO

PROXECTOS

EQUIPOS DOCENTES

BLOGUES

 
 

REDES SOCIAIS

  

AULA STEAM

VOZ NATURA

Voz Natura | CEIP Plurilingüe Ría do Burgo