Skip to main content

STEAM

OBRADOIRO TAUMATROPOS - MES DA CIENCIA EN GALEGO #MesdaCienciaenGalego #Ciencia #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O alumnado gozou dun obradoiro que os deixou abraiados.

Construiron un taumatropo! En breves máis novidades e

non esquezades que podedes facer as vosas propostas!

 

 

 

 

CALIGRAMAS - OBRADOIROS VOLUNTARIADO #VoluntariadonaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O voluntariado despertando a creatividade,

xogando coas palabras e a imaxe da nosa mascota Percebiño!

 

 

 

 

OBRADOIRO CALIGRAMAS #EscribiraBE #bescolaresgal #bibliotecacreativa #bescolaresgalabertas

Ven a escribir na biblioteca! Tódolos mércores do mes de novembro

podes adentrarte no mundo dos caligramas,

escribir, debuxar e deixar voar a túa imaxinación.

Percebiño será o noso guía!

Apúntate na cortiza da entrada de biblioteca!

 

 

 

 

COCIÑA DE SAMAÍN #Samaín #EscribiraBE #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O venres o alumnado de 1º de Educación Primaria realizou diversas receitas de Samaín.

 

 

Escribindo e lendo os pasos dun texto instructivo conseguiron realizar unhas creacións moi saborosas.


 

Aquí están en acción.

Hai un anexo en pdf por se queredes probar na casa!

A gozar dun Samaín de medo e sabor!

 

 

 

 

OBRADOIRO CON CASTAÑAS #bescolaresgal #bibliotecacreativa #bescolaresgalabertas

Un obradoiro cun produto natural do noso outono.

Un froito seco do máis versatil. Neste caso, será a

base dun telar que a modo de xogo desenvolverá

a motricidade fina e a concentración. Hai que ter moita

paciencia e ser delicado/a nos movementos, que senón

os palillos rompen!

Se queres probar só tes que pasar pola bilblio e pedirlle a un

voluntario ou voluntaria para participar.

Ten aforo, pero estará varios días para poder

probar todas e todos os que desexedes.

 

 

 

CLUBS CONVOCATORIA #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O ano pasado a pandemia deixou algo bo, foi que o alumnado se autorganizara,

sen darnos conta rapazada que non podía acudir a diario á biblioteca

(polas limitacións) se autoxestionou,

colocouse no espazo e montou clubs para argallar.

Este ano dun xeito moito máis formal, pero con moita autonomía,

fan as súas propostas para que o alumnado que o desexe forme parte do club.

En principio, teremos reciclaxe, baile, teatro e inventos.

 

 

ABRIMOS AS PORTAS!

Benvidas e benvidos, persoas, proxectos, críticas constructivas e milleiros de ideas!

O verán trae consigo novos proxectos e deixou medrar outros.

Aquí temos as sementes, que veñen bulir todo e dar unha boa colleita.

Namentres, o equipo de biblioteca está preparando e argallando o entramado.

Aprendede gozando, rapazada!

 

INSTRUCCIÓNS PARA A ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO DA BIBLIOTECA ESCOLAR. CURSO 2022/2023

 

 

 

A TENDA NA BIBLIO #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

Reciclado, coñecemento das moedas e billetes, sumas, restas,

problemas, cálculo mental, aproximacións...

Xogar e ao mesmo tempo aprender. 

A biblioteca convertida en tenda!


 

 

 

TEATRO SYLVANIAN - V XORNADAS DE TEATRO #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

O club Sylvanian Families sacou adiante a súa obra de teatro de sombras.

Un traballo feito pola rapazada, organizaron ata o último detalle, crearon cartaces,

 

entradas, votaron canta decisión tomaron. Alumnado organizado e crítico ao poder.


 

Un orgullo!! Moitos parabéns!!

 

 

 

 

ÁREAS E PLANO NA HORTA #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

Profesorado e alumnado priorizan espazos ao aire libre e sácanlles o maior partido.

Cálculo de áreas e planos en 5º de Educación Primaria.

 

 

 

 

DESEÑANDO EN CANVA #Axenda2030 #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

Cando o alumnado quere realizar un obradoiro ou faladoiro, sempre ten as portas abertas,

pero ten que seguir unha serie de recomendacións e sempre dispón da axuda e recomendación

do equipo de biblioteca. Unha de esas recomendacións é a creación de cartaces para

difundir a actividade que queren levar adiante. Este é un deses momentos, utlizan os

ordenadores táctiles para crear na aplicación Canva, dende cartaces ata invitacións.

 

 

 

SLIME - OBRADOIROS E FALADOIROS DO ALUMNADO #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

Aldara e Carmen sacaron adiante un novo obradoiro do alumnado.

Fixeron o cartaz, a lista da compra, reuniron os produtos, fixeron unha proba

e a semana pasada o alumnado apuntado dispúxose a facer un obradoiro de slime.

 

 

 

Saíu todo tan ben que encheron os botes de cristal para xogar co slime creado.

 

 

 

Estamos moi ledos/as de como salvaron os pequenos atrancos que puideron ter

duranto o desenvolvemento do obradoiro, correción de activación, pequenos

roces pois quería participar máis xente da apuntada,...

Ao final, a palabra todo o salva e con acordos e conversa xurdiú o consenso.

 

 

Parabéns rapazada!

 

 

 

 

V XORNADAS DE TEATRO ESCOLAR - CARTAZ #teatronaBE #aBEtenapalabra #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

O alumnado de 2º de Primaria ten o pracer de convidarvos

á representación da obra de teatro Mares de Cedeira.

Unha obra inédita de Carlos Labraña feita para a nosa biblioteca,

onde os protagonistas son Percebiño e os seus amigos/as.

Será o vindeiro 3 de xuño, con tres pases: 10:30 h, 12:30 h e ás 20:00 h.

 

 

 

Este será o resultado do traballo dun curso escolar con 47 persoas

miúdas en escea, pero grandes actrices e actores!

A rapazada será capaz de transmitirnos o mellor de si mesma,

trasladarnos a un gran problema medioambiental, coa axuda da linguaxe

corporal, as artes, a imaxinación e as palabras.

 

 

 

Veredes como solucionan problemas, traballan en equipo e ao

mesmo tempo poderedes comprobar como este curso

medraron en autoestima e confianza en si mesmos.

 


 

 

 

DESCUBRIMOS O 2º RETO #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

Despois de dar voltas por un lado, por outro, estimar pesos, caídas, estudar

tipos de sons e todo o que pode facer, cunha caixa pechada con algo dentro

que non podes ver. Desvelamos o contido do 2º reto da Biblioteca Inclusiva.

Era dífícil, ninguén acertou exactamente, pero si moitos se achegaron.

O alumnado de 1º foi o encargado de abrir a caixa e ver o que contiña.

A pesares da derrota, foron quen de repoñerse  e aproveitar

o achado para facer un obradoiro de pulseiras!

 

 

 

CREACIÓNS FICTICIAS #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O alumnado segue sorprendendo cos seus obradoiros, desta volta

Xabier de 4º de primaria, organizou unha actividade cos Legos.

Este é o cartaz que realizou e co que deu difusión á actividade.

 

Creatividade, organización, deseño e planificación todo mediante o xogo.

 

 

Arte e imaxinación ao poder!

 

 

 

 

OBRADOIROS DOS CLUBS #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #bibliotecacreativa

Os dous clubs I love Animals e Sylvanian Families continúan

amosando autonomía e bo facer. Organizan, preparan, difunden

e levan a cabo toda clase de obradoiros.

Esta é unha pequena mostra dos seus traballos.

OBRADOIRO CLUB I LOVE ANIMALS - DÍA DAS NAIS #STEAM #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O clube I love animals organizou un obradoiro con motivo do Día da Nai.

Realizaron esta fermosa creación.

Dende a biblioteca "Carlos Labraña" queremos desexarlle

hoxe e tódolos días, Feliz día!! a tódalas nais.

 

 

 

LECTURA E FAMILIA - PABLO OTERO #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Este ano a Asesoría de Bibliotecas convocou a primeira edición do programa

"Lectura e familias", que ten por obxectivo estimular o deseño e desenvolvemento

de iniciativas que favorezan a participación das familias en actividades da biblioteca escolar.

Na biblioteca sempre pensamos en comunidade, cada vez que deseñamos un proxecto

ou actividade. Este ano, estamos no proceso de crear unha Biblioteca Humana coa

participación das nosas xentes, un proxecto entre as bibliotecas escolares e o Concello de Cedeira.

Comezaremos cunha proposta de formación. Se aínda non estás apuntado podes facelo!

Este venres, imos ofertar un recurso de formación e disfrute en familia,

a actividade ten por nome "Libros de familia" e estará a cargo de Pablo Otero.

Pablo Otero, naceu en Ourense en 1970, é un escritor, ilustrador e pintor galego.

Estudou na Facultade de Belas Artes de Pontevedra.

De seguro será unha gran oportunidade para asistir coa familia á biblioteca!

 

 

 

Distribuir contido