Tratar de construír vínculos máis estreitos entre todos os membros da Comunidade Educativa do CEIP Nosa Señora das dores e, tamén, con outras Comunidades Educativas, creando un novo recurso.

2º Premio na categoría infantil-Ouff Escola 2018 no marco do Festival Internacional de Cine de Ourense

Unha representación (mestres e alumnos/as) do CEIP Nosa Señora das Dores acudiu ao Auditorio Municipal de Ourense para a Gala de premios de Ouff Escola 2018 no marco do IX Certame de Cine de Ourense, que se celebra durante o mes de decembro en Ourense. Durante este acto puidemos coñecer os gañadores. A nosa curta, gañou  2º PREMIO NA CATEGORÍA INFANTIL E PRIMARIA.
O Colexio presentou ao certame a curta co nome O Conto da Muiñeira, adaptación do texto do mesmo conto de Paulo Nogueira e Magoia Bodega, realizado durante o curso escolar 2017-2018, e no cal se implicou toda a comunidade. Esta curta é o resumo dun fermoso PDI desenvolto no centro arredor da música e da figura de Avelino Cachafeiro, personaxe de gran sona en Terra de Montes. 
Este certamen de Cine OUFF Escola nace co obxectivo de impulsar o idioma galego entre a xuventude, coñecer a visión desta sobre o seu contorno sociocultural e fomentar a creatividade audiovisual e o traballo en equipo, nunha linguaxe atractiva para o alumnado, que contribúe a xerar un espírito crítico. Este certamen pretende, ademáis, potenciar o uso das tecnoloxías da información e da comunicación nos centros de educación e crear un espacio de referencia para a mostra do audiovisual feito nas aulas. Esta iniciativa enmárcase como ferramienta dentro da Directiva Europea de Alfabetización Mediática, que procura dar formación á xuventude sobre  o  coñecemento e avaliación do audiovisual.
Aquí vos deixamos unha instantánea desa mañá. 

Campaña contra a violencia

O CEIP Nosa Señora das Dores quere unirse á campaña contra a violencia cara ás mulleres promovida pola ONU xa que, entre as claves para erradir esta lacra social, está a educación tanto no ámbito escolar como familiar.
Da man da cantante Rozalén e do CFGS de Integración Social do IES Ben Gabirel, queremos abrir a nosa porta violeta para que os rapaces e rapazas de hoxe sexa, no futuro, homes e mulleres concienciados na igualdade e no respeto.

Xogos no Magosto

Este venres 16 de novembro celebramos o noso tradicional magosto. Este ano o Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares coordinou unha sesión de xogos despois do recreo.

Que ben o pasamos! So hai que ver as nosas caras.

Tempo de Magosto

Tempo de magosto..

O Magosto

Aquí témolo magosto
que viva a festa rachada
os meniños desta escola
farán o venres a castañada.

Distribuir contido

Pais/Nais

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Biblioteca Escolar

Pincha encima para acceder ao seu contido

Pincha encima para acceder ao seu contido

Búscanos no...

Premios e proxectos

" O conto da Muiñeira" (curtametraxe)

2º Premio na Categoría Infantil e Primaria (Categoría A)

Proxecto Documental Integrado

Curso 2018-2019. PDI Colaborativo co CEIP de Soutelo de Montes

Recomendacións lectoras Nadal 2023

Menú do comedor

Preme encima da imaxe para acceder aos menús mensuais

Horario Biblioteca Escolar

Aula Virtual

Recorda o teu usuario e contrasinal.

Acceso Eva- Edixgal (5º-6º EP)

Prema encima da imaxe para acceder.

Abalar

Accede ás funcionalidades de AbalarMóbil

Pertencemos ao....

 

EspazoAbalar

Prema encima para acceder aos contidos Abalar.

Participación en anos anteriores

ARCO 21_22

CENTROS GRADUADOS 2019-2022

 

Bibliotecas Escolares de Galicia

 

 

Unión Europea- Fondo Social Europeo (FSE)

eTwinning: Learning Chess Together

etwinning

Inicio de sesión de usuario