Biblioteca

CALENDARIO DE NADAL

O equipo de biblioteca e o EDLG xunto coa colaboración das nosas familias elaboraron este singular Calendario de Nadal. 

O funcionamento é sinxelo. Cada un dos días do mes de decembro irase presentando a lectura dun fábula. Polo tanto, o 31 de decembro, contaremos con 31 textos. 

Non volo podedes perder! 

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O pasado martes, 24 de outubro, celebrouse o Día das Bibliotecas Escolares. Nós agardamos ata onte, venres, para inaugurar "A Maxia dos venres" e contar coa presenza de Ana Meilán.

As nenas e os nenos de infantil e primeiro coñeceron ao lobo Rigoberto, un lobo curioso cun pequeno problemiña de gases. 

Os compañeiros e compañeiras de segundo, terceiro e cuarto mergulláronse nun universo moi especial: o das historias. 

O NOSO CALENDARIO DE DITOS E REFRÁNS

Pincha encima da imaxe para acceder.
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o de biblioteca preséntannos o seu tradicional Calendario de Nadal. Este ano, empregan o patrimonio inmaterial en galego a través de ditos e refráns relacionados con esta época do ano para ilustrar a conta atrás ata o 25 de decembro.
 
Non volo podedes perder!

CALENDARIO DE ADVENTO LITERARIO

Preme encima para acceder ao noso Calendario de Advento Literario

MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vaise impulsar a celebración anual do mes de novembro como MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. Iníciase esta actuación coa elección dunha imaxe e a difusión dun texto, a modo de MANIFESTO,  do científico Ángel Carracedo, profesor de Medicina Legal, Ética Médica e Bioloxía Molecular da Universidade de Santiago de Compostela. Conocido investigador e divulgador científico, Ángel Carracedo ten colaborado coas bibliotecas, tanto públicas como escolares, na difusión dos valores científicos e do acceso ao coñecemento. 

Dende o centro e os equipos de dinamización da lingua galega e da biblioteca non queremos ser menos e trala lectura deste manifesto témolo claro: divulgar e valorar a ciencia é fundamental! 

Para poder facelo achegaremos ao noso alumnado ao coñecemento científico tentando que comprendan un chisco mais o mundo que nos rodea,  empregando dous grandes recursos: a Biblioteca Escolar e a Lingua Galega. 

Distribuir contido

Pais/Nais

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Biblioteca Escolar

Pincha encima para acceder ao seu contido

Pincha encima para acceder ao seu contido

Búscanos no...

Premios e proxectos

" O conto da Muiñeira" (curtametraxe)

2º Premio na Categoría Infantil e Primaria (Categoría A)

Proxecto Documental Integrado

Curso 2018-2019. PDI Colaborativo co CEIP de Soutelo de Montes

Recomendacións lectoras Nadal 2023

Menú do comedor

Preme encima da imaxe para acceder aos menús mensuais

Horario Biblioteca Escolar

Aula Virtual

Recorda o teu usuario e contrasinal.

Acceso Eva- Edixgal (5º-6º EP)

Prema encima da imaxe para acceder.

Abalar

Accede ás funcionalidades de AbalarMóbil

Pertencemos ao....

 

EspazoAbalar

Prema encima para acceder aos contidos Abalar.

Participación en anos anteriores

ARCO 21_22

CENTROS GRADUADOS 2019-2022

 

Bibliotecas Escolares de Galicia

 

 

Unión Europea- Fondo Social Europeo (FSE)

eTwinning: Learning Chess Together

etwinning

Inicio de sesión de usuario