Educación Primaria
INICIACIÓN AO PIRAGÜIMO
Preme encima para acceder ás imaxes
DEPORTE ESCOLAR. MAIO 2022
Deporte Escolar. Campo de fútbol municipal de Forcarei. (19/05/22)
Preme encima da imaxe para acceder á galería.
Despois de case dous anos sen competicións deportivas, o noso alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria desfrutou dunha xornada de deporte escolar cos compañeiros e compañeiras do CEIP de Soutelo. Empregouse o pavillón municipal para disputar os partidos mixtos de balonmán, fútbol sala e baloncesto. Despois trasladáronse ao campo municipal de fútbol de Forcarei, instalación que gustousamente cedeu o concello, na cal puideron compartir partidos amigables entre o alumnado de ambos centros educativos.
Unha boa mañá, na cal se fomentou o gusto polo deporte e se permitiu que o alumnado de 6º de primaria puidera coñecer aos seus futuros colegas do IES Chano piñeiro.